O pasado xoves, 16 de decembro, o alumnado e as mestras de quinto recibimos a visita dos usuarios do Centro de Día de Curtis, cos cales mantiveramos unha conversa telemática un mes antes.
Intercambiamos conversas, cancións, bailes, panxoliñas...e tamén agasallos. Os nenos realizaron unhas postais personalizadas para cada usuario e eles elaboraron uns xabóns para os neno.
Foi un encontro agradable, emotivo e especial. Agardamos vernos de novo!