Entrado o mes de novembro, deixamos atrás o Samaín e a súa celebración. Este ano propuxémoslle ao alumnado que decorase cabazas unindo a temática do Samaín co proxecto do centro "Namor-ARTE".
O noso alumnado e as súas familias traballaron duro e conseguiron facer verdadeiras obras de arte, tal e como se pode comprobar no seguinte vídeo.
Despois de velas expostas, mesmo lle poderiamos chamar "Cabaz-ARTE" para ir en consonancia co noso proxecto. Verdade que é un nome ben artístico? Ocórreseche algún outro máis acaído?
Agardamos que vos gusten as creacións do noso alumnado!
Para os e as que queirades saber máis sobre a celebración do Samaín en Galicia podedes picar aquí ou aquí.