Skip to Content

MENÚ COMEDOR OUTUBRO

Chegou o outono!

Dende que o 23 de setembro comezou o outono, no Cole tamén nos poñemos a vivir o ambiente que nos deixa: caída de follas, paisaxe chea de  cores douradas, ocres e castañas de toda variedade .... Vaia colorido, sabor  e arume! 

E ademais, este outono vivímolo a través dos países do noso Proxecto.

 

BECAS PARA ALUMNADO NEAE

Dende o Ministerio de Educación e Formación Profesional, convocáronse axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o curso 2019-2020.

O prazo remata o 29 de setembro.

Para máis información pinchade aquí.

Comezamos en 3, 2, 1...xa!

Ola a todas e todos!

Comezamos o novo curso 2019-2020.

Vimos con moitas ganas de emprender unha nova andaina; por iso, este ano viaxaremos polo mundo a través do noso Proxecto de Centro “Un conto, unha maleta”.

Comezamos!


Festival fin de curso 2018-2019

O 21 de xuño tivemos o noso festival de fin de curso. Esperamos que vos guste.

Dende o CEIP de Curtis desexámosvos unhas boas vacacións e vémonos en setembro.

 

 

  

Revista: SEITURA curso 2018-2019

Xa tedes a vosa disposición o último número da nosa revista escolar: SEITURA

(para visualizar o revista, pinchade na imaxe ou descargade o arquivo adxunto)

Emisión de 6ºEP

Ao longo deste curso, todas as nenas e nenos do colexio fomos participando na nosa radio. Agora poñemos fin ás emisións, tarefa que nos tocou a nós, os alumnos e alumnas do sexto curso de Educación Primaria, coincidindo ca nosa despedida do colexio. 

 


9:58 minutes (9.12 MB)

Emisión radiofónica de 1º de Educación Primaria

O 24 de maio, as nenas e nenos de primeiro de Educación Primaria, acudimos a facer a nosa primeira emisión radiofónica. Nela contamos a historia da voda do piollo e a pulga. Dádelle ao play e poderedes escoitar o ben que o fixemos. 


2:52 minutes (2.62 MB)

Excursión Portugal

O pasado 12 de xuño, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria viaxamos ata Portugal para pasar alí 3 inolvidables días. O mércores visitamos a fermosa cidade de Oporto e pola tarde disfrutamos dun tranquilo paseo polo Douro. Ao día seguinte fomos ata Diverlanhoso, onde montamos en kayak, xogamos na piscina e participamos na búsqueda dun teouro. finalmente, o vernes, visitamos a cidade de Braga.

 

Queredes ver que ben o pasamos?

Andaina

Para conmemorar o día do medioambiente, o alumnado de primaria organizamos unha andaina polo pobo de Curtis, seguindo a ruta de senderismo de María Antonia Dans. Debido as condicións meteorolóxicas, tivemos que pospoñer dita saída, quedando finalmente para luns 10.

Unha vez finalizado o recorrido, reunímonos cos nosos compañeiros e compañeiras de educación infantil na Carballeira, onde merendamos e xogamos todos xuntos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut