Para conmemorar o día do medioambiente, o alumnado de primaria organizamos unha andaina polo pobo de Curtis, seguindo a ruta de senderismo de María Antonia Dans. Debido as condicións meteorolóxicas, tivemos que pospoñer dita saída, quedando finalmente para luns 10.
Unha vez finalizado o recorrido, reunímonos cos nosos compañeiros e compañeiras de educación infantil na Carballeira, onde merendamos e xogamos todos xuntos!