Ola , ola dende a nosa radio Radiola !!
Como ben sabedes estamos a facer as nosas pequenas emisións radiofónicas , cada curso sobre o tema que quere e baixo a modalidade que prefira : faladoiros , entrevistas , debates , recitais ...
Alumnos de 5º de Primaria e un alumno de 6º prepararon unha curta emisión radiofónica ( en inglés "podcast" ) baixo a modalidade de entrevista .
Os rapaces e rapazas elaboraron unha serie de preguntas sobre a pintora Mª Antonia Dans para facerllas a unha persoa , pertencente á asociación de mulleres A Carballeira , Mª Dolores , moi vinculada coa cultura do pobo de Curtis .
E por que Mª Antonia Dans ?
Pois porque foi unha pintora moi importante que residiu en Curtis e polo tanto para o seu patrimonio cultural e artístico .
E xa que este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Antón Fraguas , un historiador e etnógrado importante para o patrimonio cultural e artístico , nós eliximos a esta pintora para exemplicar un cachiño do noso patrimonio cultural en Curtis.
50.19 MB