Skip to Content

PROGRAMA FESTIVAL FIN DE CURSO

EXPOSICIÓN PROXECTO 3º E.P.

Os alumnos de 3º recollemos no remate de curso todo o que traballamos sobre os Medios de comunicación e a convivencia este curso  e podedes ver cómo llo presentamos ó resto do cole ....

 

EXPOSICIÓN PROXECTO 4º E.P.

 Os alumnos de 4º formamos un grupo de reporteiros que dá conta do seu traballo ó longo do curso ante o resto do colexio. Así o expuxemos na biblioteca ... (podedes pinchar aquí)  

 

Proxecto 2º EP

Xa estamos de volta con máis novidades!

Recordades que esta semana estamos facendo un recopilatorio dos nosos traballos sobre o proxecto do centro? Agora tócalle aos compañeiros e compañeiras de segundo, coa emisión do seu programa, Reporteiros Viaxeiros; líder en audiencias!

Proxecto 1º EP

Bos días!

Continuamos coas exposicións dos nosos traballos. O pasado martes, os compañeiros e compañeiras de primeiro convertéronse en reporteiros. O seu programa foi todo un éxito! Tédelo que ver!

Proxecto Infantil

Bos días! 

O curso está a piques de rematar, e como ben sabedes, este ano o noso proxecto de centro son os medios de comunicación e a convivencia. Con motivo de facer un recopilatorio do aprendido, esta semana expoñemos na biblioteca do centro os nosos traballOs. Os primeiros en impresionarnos co seu propio telexornal foron os compañeiros e compañeiras de infantil. Pedazo periodistas temos en Curtis!

Menú Comedor Xuño

(Para visualizar o menú, pinchade na imaxe ou descargade o ficheiro adxunto)

EMISIÓN DE RADIO 2º

Os nenos e nenas de segundo realizamos a nosa primeira emisión radiofónica. O pasado día 10 de maio recitamos unha poesía recollida polo homenaxeado no día das Letras Galegas, Antonio Fraguas.

Deixámosvos o audio para que poidades disfrutalo, amenizado pola música do grupo "Tiruleque" coa súa canción "A laranxa"


3:51 minutes (5.28 MB)

Os nenos e nenas de 3º visitamos Radiola

Os nenos e nenas de terceiro, como non ía ser menos, tamén participamos na nosa radio escolar Radiola.

Ata ela levamos o poema de Manuel María A Fala.

Se non nos escoitache ou, se queres volver a facelo, non dubidedes en dárlle ao PLAY


3:44 minutes (3.43 MB)

AXUDAS MATERIAL E LIBROS

 

Queremos informar de que está aberto o prazo para solicitar axudas para material (todos os niveis de primaria),  adquisición de libros (1º e 2ª) e para participar no fondo solidario de libros (3º, 4º, 5º e 6º). Pódense obter os impresos no colexio do 22 de maio ao 1 de xuño. Estes  deberán ser devoltos antes do 20 de xuño.

Segundo a Orde 3 de maio, de 2019, as condicións son as seguintes:

Participación no fondo solidario de libros:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

 A contía das axudas para adquirir libros de texto será:   Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.

Renda per cápita da unidade familiar:

1. Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 entre o número de membros computables, tendo en conta que, computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

2. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

3. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

Membros computables da unidade familiar

1. Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

3. Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

4. En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2017, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

 

PRAZOS PARA FONDO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL.

-         DENDE O 23 DE MAIO AO 1 DE XUÑO: RECOLLER IMPRESOS EN XEFATURA.

-         ATA O 20 DE XUÑO: ENTREGAR SOLICITUDES EN XEFATURA.

-          27 XUÑO: PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS: FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL.

-         DO 28 AO 1 DE XULLO: RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL.

-          2 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA.

-         ENTREGA DE VALES:  3 E 4 DE XULLO.

-         ENTREGA DO FONDO DE LIBROS: 12 DE SETEMBRO.

(O centro resérvase o dereito a cambiar as datas por posibles problemas derivados do uso da aplicación informática, do cal as familias serán oportunamente informadas).

Distribuir contido


by Dr. Radut