Skip to Content

SUSPENSIÓN DE CLASES

Recordamos que coa ampliación de Estado de Alarma ata o 11 de ABRIL, as suspensión do período das clases sería ata o mesma data; pero, tendo en conta que estaríamos en Semana Santa, as clases reanudaríanse o martes, 14 de ABRIL.

UNHA MENSAXE DE ÁNIMO DA DIRECTORA

AO SON DE LAURA

NO DÍA DE HOXE DECRETÁRONSE OUTROS 15 DÍAS DE ALARMA, SEGUINDO COA SUSPENSIÓN DAS CLASES. NESTE MOMENTO DIFÍCIL, LAURA VARELA, A MESTRA DE MÚSICA, TEN UNHA FERMOSA MENSAXE PARA O ALUMNADO DO CEIP CURTIS.

GRACIÑAS LAURA.

AMPLIACIÓN PERÍODO ADMISIÓN ALUMNADO

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

NOTA INFORMATIVA SUSPENSIÓN CLASES

Estimadas familias:

Tendo en conta as medidas  adoptadas pola Consellería de Educación en relación co coronavirus COVID- 19, no CEIP Curtis adóptanse as seguintes actuacións:

O centro permanecerá aberto os días 16, 17, 18, 23, 24, 25, 26, 27 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 únicamente para trámites administrativos. As clases reanudaranse o 30 de marzo, salvo que as autoridades sanitarias e educativas aconsellen continuar coa suspensión das clases.

Quedan canceladas as excursións que estaban previstas.

As titoras poderán colgar no enlace “NAS AULAS” da páxina web do centro actividades para realizar na casa durante estes días.  Tales actividades non serán avaliables. O enderezo é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurtisestacion/

A direción do CEIP Curtis.

Día Internacional da Muller

O 9 de marzo conmemoramos no colexio o Día Internacional da Muller (sinalado en todo o mundo o 8 de marzo). Xuntámonos todos e cantamos as cancións “Ella” de Bebe e “Son muller” do grupo Máis boas que as patacas. Ademais, para traballar a importancia deste día, cada aula estivera días antes recompilando información sobre a figura e importancia de mulleres dos distintos países e culturas estudiados no noso Proxecto. E así, dende as mariscadoras galegas ata madame Curie, creamos unha exposición no corredor da entrada do colexio.

 

 

Emisión 4ºEP

O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego “nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá” despedímonos ata a próxima emisión.  Dádelle ao play para escoitarnos.
 

Emisión radiofónica 5ºEP

O 28 de febreiro, as nenas e nenos de 5º de Educación Primaria, acudimos a facer a nosa emisión radiofónica. Nela contamos historias sobre Exipto. Dádelle ao play e poderedes escoitar o ben que o fixemos. 

ADMISIÓN ALUMNADO 2020- 2021

Xa está aberto o prazo de Admisión de Alumnado para o vindeiro curso escolar: 2020- 2021. Rematará o 20 de marzo. 

Ademais da instancia que poden solicitar no centro educativo ou descargar no documento adxunto,  deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia. 

No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que presentará coa solicitude no centro educativo.

Entroido

O 21 de febreiro, os nenos e nenas do CEIP de Curtis levamos o ENTROIDO polas rúas do pobo. Mirade que ben o pasamos!

  

Distribuir contido


by Dr. Radut