Todo o mundo a cavilar

Anímaste a cavilar connosco un anaco? Ponte a proba. Todos os días unha frase para reflexionar en torno á educación, e un quebracabezas para resolver do que ao día seguinte terás a solución. Acepta o reto. A desentumecer os miolos.

 

Logo de máis de dous meses contigo despedímonos. Agardamos que desde este espazo puideses reflexionar coa frase de cada día, e cavilases na procura da solución dos nosos retos. Seguro que os teus miolos están en bo estado. Un saúdo de Sefi e Eva.

 

Venres, 19 de xuño

A educación existe para mellorar a vida dos demais e deixar a túa comunidade e ao mundo mellor de como os atopaches. (Marian Wright Edelman)

 

                         SOLUCIÓN

Xoves, 18 de xuño

Cando deixo de ser o que son, convértome no que podería ser. (Lao Tse) 

 

                        SOLUCIÓN

 

Mércores, 17 de xuño

O máis revolucionario que unha persoa pode facer é dicir sempre en voz alta o que realmente está ocorrendo. (Rosa Luxemburgo)

 

                        SOLUCIÓN

 

Martes, 16 de xuño

Sempre se admira aquilo que en realidade non se entende. (Blaise Pascal)

 

                                     SOLUCIÓN

 

Luns, 15 de xuño

Dar amor é unha educación en si mesma. (Eleanor Roosevelt)

 

                                     SOLUCIÓN

Domingo, 14 de xuño

A educación non é encher un caldeiro, senón acender un lume. (William Buttler Yeats)

 

                                    SOLUCIÓN

 

Sábado, 13 de xuño

Desenvolve unha paixón por aprender. Se o fas, nunca deixarás de crecer. (Anthony J. D'Angelo)

 

                                    SOLUCIÓN

 

Venres, 12 de xuño

Unha mente ben educada sempre terá máis preguntas que respostas. (Hellen Keller)

 

                                   SOLUCIÓN

 

Xoves, 11 de xuño

O propósito xeral da educación é converter espellos en fiestras. (Sydney J. Harris) 

 

                                   SOLUCIÓN 

 

Mércores, 10 de xuño

Unha persoa educada debería saber todo sobre algo e algo sobre todo. (Cicely Veronica Wedgwood)  

 

                                   SOLUCIÓN

Martes, 9 de xuño

A educación é aprender o que nin sequera sabías que non coñecías. (Daniel J. Boorstin)

 

                                  SOLUCIÓN

 

Luns, 8 de xuño

O coñecemento darache a oportunidade de marcar unha diferenza. (Claire Fagin)

 

                                 SOLUCIÓN

 

Domingo, 7 de xuño

É moi importante entender que  a intelixencia emocional non é o oposto á intelixencia, non é o triunfo sobre a cabeza, é a intersección de ambas as dúas. (David Caruso)

 

                                SOLUCIÓN

 

Sábado, 6 de xuño

A educación é a liberación do que xa existe na alma do alumno. (Muriel Spark) 

 

                                SOLUCIÓN

 

Venres, 5 de xuño

Intelixencia máis carácter, esa é a meta da verdadeira educación. (Martin Luther King Jr.) 

 

                               SOLUCIÓN

Xoves, 4 de xuño

A aprendizaxe non se consegue por casualidade, débese procurar con ardor e dilixencia. (Abigail Adams) 

 

                              SOLUCIÓN 

 

Mércores, 3 de xuño

Vive como se foses morrer mañá. Aprende como se foses vivir para sempre. (Mahatma Gandhi)

 

                             SOLUCIÓN 

 

Martes, 2 de xuño

A nosa habilidade para adaptarnos é incrible. A nosa capacidade de cambiar é espectacular. (Lisa Lutz) 

 

                             SOLUCIÓN

 

Luns, 1 de xuño

Educar a mente sen educar o corazón, non é educar en absoluto. (Aristóteles)

 

                            SOLUCIÓN

 

Domingo, 31 de maio

Isto é o que acontece coas leccións, sempre se aprende delas, aínda cando non se quere. (Cecelia Ahern)

 

                           SOLUCIÓN

 

Sábado, 30 de maio

A ensinanza que deixa pegada non é a que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón. (Howard G. Hendricks) 

 

                          SOLUCIÓN

 

Venres, 29 de maio

Non se nace muller: chégase a selo. (Simone de Beauvoir)

 

                         SOLUCIÓN 

 

Xoves, 28 de maio

Darche conta de que non entendes algo é unha virtude, non che dar conta de que non entendes algo é un defecto. (Lao Tse)

 

                        SOLUCIÓN 

 

Mércores, 27 de maio

O futuro pertence a quen cre na beleza dos seus soños. (Amelia Earhart)

 

                        SOLUCIÓN

 

Martes, 26 de maio

O grande obxectivo da educación non é o coñecemento, senon a acción. (Herbert Spencer) 

 

                        SOLUCIÓN 

 

Luns, 25 de maio

Son a miña propia musa. Son a persoa que quero mellorar. (Frida Kahlo)

 

                        SOLUCIÓN

 

Domingo, 24 de maio

A educación non é preparación para a vida, é a vida en si mesma. (John Dewey)

 

                       SOLUCIÓN

 

Sábado, 23 de maio

O máis extraordinario dun mestre realmente bo, é que vai máis aló dos métodos educativos aceptados. (Margaret Mead)

 

                      SOLUCIÓN

 

Venres, 22 de maio

A educación é o que sobrevive cando o aprendido foi esquecido. (B. F. Skinner)

 

                   SOLUCIÓN 

 

Xoves, 21 de maio

O maior perigo que nos depara o futuro é a apatía. (Jane Goodall)

 

                  SOLUCIÓN 

 

Mércores, 20 de maio

A educación é o noso pasaporte para o futuro, porque o mañá pertence á xente que se prepara para hoxe. (Malcolm X)  

 

                  SOLUCIÓN

 

Martes, 19 de maio

Son as nosas decisións as que amosan quen somos realmente, máis que as nosas habilidades. (J. K. Rowling) 

 

                  SOLUCIÓN 

 

Luns, 18 de maio

Largo é o camiño da ensinanza por medio de teorías; breve e eficaz por medio de exemplos. (Séneca) 

 

                  SOLUCIÓN

 

Domingo, 17 de maio

Ao lado do pozo da vida procuras nela a verdade / Pero a verdade e a vida son unha, e están sobre a terra. / Taladran, sedentos, os ollos só augas e arxilas estériles. (Ricardo Carvalho Calero)

 

Ten lombo e non anda, follas ten e non é planta, sabe moito e nada fala.           SOLUCIÓN  

 

Sábado, 16 de maio

Ensinareiche sen berros / O poeta é un mestre sen ira / Levareite ao meu reino / onde te agarda / a bandeira da esperanza. (Luis Pimentel) 

 

A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante os pés para atrás.           SOLUCIÓN 

 

Venres, 15 de maio

É feliz o que soñando morre, degraciado o que morre sen soñar. (Rosalía de Castro) 

 

Unha vella cun só dente, chama a toda a súa xente.           SOLUCIÓN

 

Xoves, 14 de maio

Ás veces fáltannos palabras / e ás veces sóbrannos. / Ás veces fáltanos o tempo de dicilas / e ás veces pásanos o tempo de calalas. (Baldo Ramos)

 

Detrás daquel coto, hai un boi xoto (que non é manso), e non hai home nado, nin por nacer, que na súa corte o poida meter.           SOLUCIÓN 

 

Mércores, 13 de maio

Todas as cousas son imposibles, mentres o parecen. (Concepción Arenal)

 

Unha velliña engorrumillada, cun tranco no cu e sen unha puntada.           SOLUCIÓN

 

Martes, 12 de maio

O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos. (Castelao)

 

Capullo sobre capullo, capullo do mesmo pano, se non que cho diga eu, non o acertas neste ano.           SOLUCIÓN

 

Luns, 11 de maio

As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos. (Mª Victoria Moreno)

 

Co gallo do Día das Letras Galegas esta semana dedicaremos o reto a recuperar unha fermosa tradición popular galega: as adiviñas. Que cativa ou cativo non tivo unha avoa que lle facía adiviñas? Estas son as que me levan á miña nenez. 

 

Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.           SOLUCIÓN

 

Domingo, 10 de maio

As nenas e os nenos teñen que ser ensinados sobre como pensar, non que pensar. (Margaret Mead)

 

                  SOLUCIÓN

 

Sábado, 9 de maio

A aprendizaxe nunca cansa a mente. (Leonardo Da Vinci)

 

                 SOLUCIÓN

 

Venres, 8 de maio

Ás veces sentimos que o que facemos é tan só unha pinga no mar, pero o mar sería menos se lle faltase unha pinga. (Teresa de Calcuta)

 

                SOLUCIÓN

 

Xoves, 7 de maio

Aprender sen pensar é esforzo perdido; pensar sen aprender, perigoso. (Confucio)

 

               SOLUCIÓN 

 

Mércores, 6 de maio

Cando unha porta da felicidade pecha, outra se abre. Pero acostumamos a quedar mirando a porta pechada por tanto tempo, que non vemos a outra que se abriu para nós. (Hellen Keller) 

 

               SOLUCIÓN 

 

Martes, 5 de maio

En educación máis importante que gañar tempo é, precisamente perdelo. (Jean Jacques Rousseau)

 

               SOLUCIÓN 

 

Luns, 4 de maio

Podes pagar para que a xente ensine, pero non podes pagar para que se preocupen. (Marva Collins)

 

              SOLUCIÓN 

 

Domingo, 3 de maio

A educación é un acto de amor, por tanto un acto de valor. (Paulo Freire)

 

              SOLUCIÓN

  

 

Sábado, 2 de maio

Culto non é aquel que le máis libros. Culto é aquel que é capaz de escoitar o outro. (Eduardo Galeano)

 

Busca as 7 diferenzas 

              SOLUCIÓN 

 

Venres, 1 de maio

Vostede non pode esperar construír un mundo sen mellorar as persoas. Cada un de nós debe traballar para a súa propia mellora. (Marie Curie) 

 

              SOLUCIÓN

 

Xoves, 30 de abril

A vida está chea de sorpresas. Tento capturar estes preciosos momentos cos ollos ben abertos. (Sofonisba Anguissola) 

 

             SOLUCIÓN 

 

Mércores, 29 de abril

Non esquezamos que as pequenas emocións son as grandes capitás das nosas vidas e as obedecemos sen darnos conta. (Vincent Van Gogh)

 

             SOLUCIÓN 

 

Martes, 28 de abril

A maior parte da xente na cidade corre tanto, que non ten tempo de mirar flores. Quero que as miren, queiran ou non. (Georgia O'Keeffe)

 

             SOLUCIÓN 

 

Luns, 27 de abril

Non nacín aprendido, pero aprendín desde que nacín. (Pablo Picasso)

 

             SOLUCIÓN  

 

Domingo, 26 de abril

A educación axuda á persoa a aprender a ser o que é capaz de ser. (Hesíodo)

 

ES QUEN DE ATOPAR O PANDA? 

             SOLUCIÓN

 

 

Sábado, 25 de abril

Un paxaro non canta porque ten unha resposta, canta porque ten unha canción. (Maya Angelou)

 

             SOLUCIÓN 

 

Venres, 24 de abril

O coñecemento fala, pero a sabedoría escoita. (Jimi Hendrix)

 

             SOLUCIÓN

 

Xoves, 23 de abril

Ser intelectual crea moitas preguntas e ningunha resposta. Podes encher a túa vida con ideas pero aínda así irte só a casa. Todo o que realmente necesitas son sentimentos. (Janis Joplin)

 

            SOLUCIÓN

  

Mércores, 22 de abril

É a mesma choiva a que na terra inculta fai crecer silvas e espiños, e nos xardíns, flores. (Ludwig van Beethoven)

 

            SOLUCIÓN

 

Martes, 21 de abril

Parte da natureza humana é que non aprende a importancia de nada ata que se nos arrebata algo das nosas propias mans. (Malala Yousafzai) 

 

Títulos de filmes

            SOLUCIÓN

 

Se che gustou o taboleiro do día 20, na páxina https://www.epasatiempos.es/ poderás atopar miles de pasatempos de diferentes tipos.

 

Luns, 20 de abril

Hai un libro aberto sempre para todos os ollos: a natureza. (Jean-Jacques Rousseau)

 

                             SOLUCIÓN
 
INSTRUCIÓNS: Enche os recadros baleiros con números comprendidos entre o 1 e ó 9 (calquera deles pode ser usado repetidas veces), de tal forma que se cumpran as operacións aritméticas horizontais, de esquerda a dereita, e verticais, de arriba abaixo. A orde das operacións debe de ser o indicado anteriormente, por tanto se aparece unha suma ou resta antes que unha multiplicación ou división, aínda que na táboa non aparezan, é coma se levase paréntese na expresión aritmética: (n1+ n2)  *n3= r. A primeira operación pode dar como resultado números negativos ou maiores que 9, pero non decimais. É posible que nalgún taboleiro exista máis dunha soluciónEnche os recadros baleiros con números comprendidos entre o 1 e ó 9 (calquera deles pode ser usado repetidas veces), de tal forma que se cumpran as operacións aritméticas horizontais, de esquerda a dereita, e verticais, de arriba abaixo. A orde das operacións debe de ser o indicado anteriormente, por tanto se aparece unha suma ou resta antes que unha multiplicación ou división, aínda que na táboa non aparezan, é coma se levase paréntese na expresión aritmética: (n1+ n2)  *n3= r. A primeira operación pode dar como resultado números negativos ou maiores que 9, pero non decimais. É posible que nalgún taboleiro exista máis dunha solución.

 

Domingo, 19 de abril

Ignoramos a nosa verdadeira estatura ata que nos poñemos de pé. (Emily Dickinson)

 

Vídeo con preguntas trampa. Pica na imaxe. Pode que tarde un pouco en cargar!

 

Sábado, 18 de abril

Non podo ensinar a ninguén. Soamente podo facerlles pensar. (Sócrates)

 

            SOLUCIÓN

 

 

Venres, 17 de abril

Ignoramos a nosa verdadeira estatura ata que nos poñemos de pé. (Emily Dickinson)

 

            SOLUCIÓN

 

 

Xoves, 16 de abril

As que conducen e arrastran o mundo non son as máquinas, senón as ideas.  (Victor Hugo)

 

            SOLUCIÓN

 

 

Mércores, 15 de abril

Non hai barreira, fechadura, nin ferrollo que poidas impoñer á liberdade da miña mente. (Virginia Woolf)

 

            SOLUCIÓN

  

 

Martes, 14 de abril

Se non cambias de dirección, podes rematar onde comezaches. (Lao Tse)

 

            SOLUCIÓN

 

 

Luns, 13 de abril

 O poder de cuestionar é a base de todo progreso. (Indira Ghandi)

 

          SOLUCIÓN

 

 

Domingo, 12 de abril

Non é o que che acontece, senón como reaccionas, o que importa. (Epíteto)

 

          SOLUCIÓN

 

 

Sábado, 11 de abril

Dádelle aos nenos a liberdade de escoller o seu traballo, de decidir o momento e o ritmo deste traballo, e todo cambiará. (Célestine Freinet)

 

          SOLUCIÓN 

 

 

Venres, 10 de abril

As persoas que pensan que non son capaces de facer algo, non o farán nunca, aínda que teñan as aptitudes. (Indira Ghandi)

 

          SOLUCIÓN

 

 

Xoves, 9 de abril

Calquera axuda innecesaria é un obstáculo para o desenvolvemento. (María Montessori)

 

        SOLUCIÓN 

 

 

Mércores, 8 de abril

No medio da dificultade escóndese a oportunidade. (Albert Einstein)

 

         SOLUCIÓN

 

 

Martes, 7 de abril

O único que tes e que ninguén posúe es ti mesmo. A túa voz, a túa mente, a túa historia, a túa visión. De modo que escribe e debuxa e xoga e baila e vive coma soamente ti podes facelo. (Neil Gaiman)

 

Lugares de Galicia 2       SOLUCIÓN

 

 

Luns, 6 de abril

A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo. (Nelson Mandela)

 

Lugares de Galicia          SOLUCIÓN