Educación Física

FÚTBOL SALA

19/01/2024 17:14
Europe/Madrid

Cuarto partido do Equipo de Fútbol Sala Infantil do IES Río Cabe da Tempada 2023-24. Celebrouse o venres 19-1-24 ás 16.15h no Pavillón do IES Río Cabe, os rivais foron o equipo do Saviñao.

O noso equipo segue a mellorar.

Parabéns e a seguir adestrando, xogando e disfrutando!

 

 

 

 

 

Torneo de Nadal 2023

21.12.2023

 

Aquí poderedes ver as fotos das diferentes actividades que se desenvolveron no Torneo de Nadal 2023 que organizou o Departamento de Educación de Educación Física para todos os cursos da ESO e onde tamén participou o alumnado de 1º Bacharelato. Foi unha mañá ben entretida antes do merecido descanso de Nadal.

Dende o IES Río Cabe desexámosvos un moi Bo Nadal e un próspero Aninovo!

 

Álbum: Escolares -> 2023_12_21_1ª AVA_Todos os cursos_Torneo de Nadal_NADAL

FÚTBOL SALA

20/11/2023 11:06
Europe/Madrid

 

Primeiro partido do Equipo de Fútbol Sala Infantil do IES Río Cabe da Tempada 2023-24. Celebrouse o venres 17-11-23 ás 16.45h no Pavillón do IES Río Cabe, os rivais foron o equipo de Oural. Boa asistencia de público presenciando o partido.

Parabéns e a seguir adestrando, xogando e disfrutando!

 

1º Bacharelato. Reunión sobre a Semana Branca (Andorra)

10.11.2023

 

Xa estamos inmersos coa preparación da Semana Branca en Andorra! Este venres 10 de novembro tivemos unha reunión co alumnado de 1º Bacharelato para comezar a organizar a viaxe. Agardamos que poidan ir xa que se trata dunha experiencia que non esquecerán nunca. Adiante Semana Branca!

 

NORMATIVA ACTUALIZADA ENSINANZAS DEPORTIVAS DE RÉXIME ESPECIAL

No seguinte arquivo atópase a normativa das Ensinanzas Deportivas de Réxime Especial actualizada a outubro de 2023 

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA NO EE TÉCNICO DEPORTIVO DE NIVEL II

Aberto o prazo de matrícula no EE Técnico Deportivo de Nivel II. A matrícula poderá realizarse na secretaría do IES Río Cabe entre os días 13 ao 21 de xullo de 9:30 a 13:30.

É necesario preencher o impreso de matrícula, o impreso de protección de datos e aboar as tasas correspondentes (no caso de ter algunha exención é necesario presentar documento acreditativo xunto coa matrícula), e aportar a documentación necesaria segundo cada caso particular. 

 

 

 

Intercambio de alumnado entre o IES Río Cabe e o IES Monte Castelo de Burela

 O alumnado de 1º de ESO do IES Monte Castelo de Burela visitou., o pasado 9 de maio, o noso instituto, participando nun intercambio escolar entre os dous centros, no

que tomaron parte 70 alumnos e alumnas.  O obxectivo era confraternizar e coñecer a cidade do Cabe e a Ribeira Sacra.

 

 Sobre as 11 da mañá foron recibidos no instituto e logo partiron a visitar a Torre da Homenaxe, facer un roteiro literario sobre os autores Lois Pereiro e Manuel María así

como visitar a Ponte Romana e os exteriores do convento das Clarisas. Despois do almorzo no centro escolar, desprazáronse ata o Mirador do Duque, onde rematou a

xornada.

   

A actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física, Orientación, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia e lingua Galega.

 A Dirección do Río Cabe agradece a todo o profesorado participante a súa implicación na actividade e en especial, a boa predisposición do IES Monte Castelo para a

realización deste intercambio, que se completará coa visita a Burela do noso alumnado o próximo 30 de maio.

  

 

 

 

 

Segunda xornada de esquí

Hoxe foi a nosa segunda xornada de esquí, que transcurriu con todo o alumnado practicando e desfrutando da neve.

Outra vez tivemos toda a mañá soleada se ben polo tarde estivo algo nubrado. De volta ó hotel, descansaremos para recuperar enerxía para o mércores.

 

Se queres ver máis fotos, visita a galería

Primeiro día na neve - Andorra

Hoxe, como vai ser toda a semana, comezamos o día cediño, de mañá.

Por sorte, foi un precioso día de sol e esquí. Todos esquiaron dacordo ó seu nivel. Agora cómpre descansar e repor forzas para mañá. 

Distribuir contido