Filosofía
Visita á exposición "Galicia en Fíos"
O pasado luns 27 de xaneiro os alumnos de 3º e 4º ESO das materias de Valores Éticos e Cultura Clásica asistiron á Exposición “Galicia en Fíos” na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Contamos coa presencia da autora da mostra Lorena Quintás, quen realizou algúns talleres cos discentes contribuíndo así a visibilizar o proxecto.
Ademais, a autora instou aos alumnos a non ver as dificultades e discapacidades como hándicaps ou impedimentos, senón como medio para poñer en valor o afán de colaboración, superación, traballo en equipo, esforzo e motivación persoal, valores moi en boga e de plena actualidade na sociedade actual.
Dende o centro queremos amosar o noso enorme agradecemento a Lorena polo seu esforzo e colaboración totalmente desinteresada.
A Ponte entre o Ensino Medio e a USC
Os alumnos de 1º de Bacharelato disfrutaron dunha charla temática do Programa "A Ponte USC", impartida porlo profesor da área de lingüística xeral Miguel González Pereira, que forma parte do grupo "koine". O título é explicativo de todo o que aprenderon os asistentes a mesma: "Somos o que somos: animais que falan; pero por que e como aprendemos a falar?".