Língua Inglesa
Listado de alumnado matriculado en CUALE B1 a 27/09/2024
No seguinte enlace atópase o listado de alumnado matriculado en CUALE B1 a data 27/09/2024
Relación de alumnado admitido Programa Cuale Inglés curso 24/25
Listado de alumnado admitido e en lista de espera do programa CUALE Inglés A1 e B1 no arquivo seguinte:
Listado de alumnado matriculado en CUALE A1 e B1 de inglés a 07/11/2023
Pincha nos enlaces seguintes para ver o listado actualizado de alumnado matriculado no CUALE A1 e B1 de inglés a 7 de novembro de 2023
Christ Church College, festa de "graduación " e volta a casa
O último día , mércores, no college, o alumnado celebrou a súa graduación, recibindo o diploma de asistencia e aproveitamento das clases. Tocou tamén despedirse de profesores e familias e voltar a casa, non sen un pouco de "morriña".
Nun martes un pouco máis fresquiño, os nosos alumnos visitaron, logo das clases matutinas e o xantar ó aire libre, o Christ Church College, un dos colleges máis grandes que constitúen a Universidade de Oxford, e que é ademais a iglesia catedral da diócese da cidade.
Punting on the river
O luns pola mañá amaneceu un pouco nubrado, o que non impediu que, despois das clases da mañá e do xantar, os alumnos do Cabe foran facer “punting”, é dicir, foran remar ó río Cherwell, onde máis de un rematou mollado, e non pola choiva. Coma sempre, a cea foi coaș familias.
Ashmolean Museum and Treasure Hunt
Na mañá do domingo, alumnos e profes visitaron o Ashmolean Museum of Art and Archeology, e pola tarde divertíronse resolvendo unha interesante “Treasure Hunt”.
Sábado en Londres
No segundo día de estancia no Reino Unido os alumnos e profesoras visitaron Londres, onde ademais de visitar os momumentos máis representativos, se toparon coas mostras de condolencia dos británicos polo falecemento da súa raíña.
Primeiro día en Oxford
Despois dunha curta noite coas respectivas familias, o alumnado chegou ó College onde tiveron as primeiras clases. O lunch foi ó aire libre e despois fixeron un orientation tour pola cidade e un Instagram challenge. A cea, de novo coas familias.
Viaxe a Oxford
O alumnado do Río Cabe que comenza 2º de Bac partiu esta mañá rumbo a Oxford, Inglaterra, para facer una semana de inmersión lingüística, acompañados de Iria e Xela, dúas das súas profesoras. Nesta semana terán clases, convivirán con familias inglesas e coñecerán un país e unha cultura distintos ós nosos.
Desexámosvos que o pasedes moi ben, que aprendades moito e que sexa unha viaxe inesquecible.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »