Línguas Clásicas

Teatro Grecolatino - Excursión a Lugo

O pasado sete de marzo o alumnado de Latín do IES Río Cabe asistiu á representación de dúas obras de teatro grecolatino. Pola mañá “Agamenón”, traxedia de Esquilo representada polo grupo “Ruiseñor”. Pola tarde, e polo mismo grupo, a comedia de Plauto “Persa”, que despertou máis dunha gargallada. Completaron a xornada cunha visita a primeira hora ó monumento de Santa Eulalia de Bóveda, un dos  máis curiosos e enigmáticos de Europa. Foron acompañados polo profesorado da asignatura Xan Rosende e Noelia Besteiro.

 

 

 

Un paseo polo Lugo Romano

O alumnado de Latín e Cultura Clásica do Río Cabe, acompañados de dous dos seus profesores, visitaron o pasado xoves 4 de maio a cidade de Lugo e parte do seu patrimonio cultural. Unha excursión do máis didáctica cuns alumnos dos que estar orgullosos.Ide ó seguinte enlace para un paseo por parte da cultura lucense.

 

Teatro Grecolatino en Lugo

Os alumnos de 4º ESO e 1º BAC asistiron o día dous de marzo en Lugo ao Festival de Teatro Xuvenil Grecolatino. Desfrutaron da representación da traxedia grega de Esquilo As Coéforas e a comedia latina de Plauto Gorgojo por parte do grupo de teatro andaluz In Albis, apreciando así a grandeza e a  orixe do teatro occidental.

 E, para poñer en valor a pervivencia das grandes obras públicas romanas da cidade de Lugo, también visitaron o Museo Arqueolóxico Provincial, a ponte Romana (importante punto estratéxico da vía XIX) e as Termas de Lugo con degustación das súas aquas calidas, seguindo deste xeito o  lema romano mens sana in corpore sano.

 E entre tantas augas, incluidas as pluviais con que nos recibiu a capital de Lucus Augusti, unha breve parada gastronómica.

 

Exposición "Personas Extraordinarias"

Os alumnos de 2º Eso e 1º de Bac asistiron o pasado 14 de febrero, na casa de cultura de Monforte, á exposición “Personas Extraordinarias: Diversidad y Discapacidad”, exposición creada polos usuarios do Centro de Discapacidade Física de Bóveda.

Pretendemos visibilizar con esta visita a diferencia entre discapacidade e  diversidade funcional das persoas anteriormente tachadas de "discapacitados, retrasados, minusválidos....", términos estigmatizados que na actualidade se sustitúen polo concepto de "diversidade funcional". A  linguaxe é  fundamental para evitar os estigmas e favorecer a comunicación inclusiva.
Trátase  de reflectir como a diversidade funcional  dos usuarios de Bóveda non supuxo unha limitación á  hora de alcanzar os seus logros.

 

Participación nas Olimpíadas de textos clásicos latinos e gregos

7 alumnas do IES Río Cabe asistiron á V Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos Latinos e Gregos celebrada este xoves 4 de abril na facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Traduciron textos de Xenofonte, Platón, Eutropio e Fedro, dun nivel e extensión propio dun nivel universitario. A do Río Cabe  foi unha asistencia das máis numerosas,de 1º e 2º de bacharelato, que fixeron bo aquelo de LABOR OMNIA VINCIT (O traballo vence todas as dificultades). Moita sorte a todas.

Asistencia do alumnado de ESO e BAC ó Teatro clásico grecolatino e visita ó Castro de Viladonga.

Os alumnos de Latín e Grego do IES RÍO CABE asistiron este luns á representación de dúas obras de TEATRO CLÄSICO GRECOLATINO: a traxedia de Eurípides Electra e a comedia de Plauto Xemelgos.

Tamén aproveitaron para visitar o castro de Viladonga.

 

Excursión ao teatro grego en Ourense

Os alumnos de ESO e Bacharelato da materia de Latín asistiron o xoves 16 de marzo á representación en Ourense, organizada pola Sociedade de Estudos Clásicos,  de dúas obras de teatro clásico: a traxedia grega de Eurípides  “Hécuba”  e a comedia latina de Plauto “Pseudolus”. Tamén visitaron o Centro de Interpretación das Burgas e realizaron un percorrido cultural polo centro histórico ourensán.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías da excursión:

Excursión do alumnado de 2º de Bacharelato a enclaves da minería romana

O alumnado de Latín e Xeografía de 2º de Bacharelato do IES Río Cabe, acompañados polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo e os profesores de ditas materias visitaron o luns 20 de febreiro enclaves significativos da minería romana na zona.

A visita comezou polo cauce do río Lor, na aldea de Margaride, para  ver logo os depósitos de áridos (medos) e covas  de explotación en Quiroga  e chegar ó túnel de Montefurado excavado en roca viva polos romanos e por onde hoxe discurre o río Sil. Xa de volta, tiveron tempo de disfrutar do fermoso enclave do castelo de Torre Novaes e subir ó mirador xeolóxico de Campodola, lugares todos eles que figuran no proxecto do xeoparque  “Caurel Mountains” nos concellos de Caurel, Quiroga e Ribas do Sil.

Conferencia de Iván Merayo

O  mércores 16 de febreiro o arqueólogo monfortino Iván Merayo ofreceu unha charla sobre a mineria romana nas zonas dos ríos Sil e Lor ao alumnado de Latín e Xeografía do IES Río Cabe, onde explicou os sistemas de explotacións mineiras romanos e o os procedementos e ferramentas da investigación arqueóloxica. A exposición teórica foi acompañada de material audiovisual e serviu de prólogo á excursión que farán proximamente a distintos xacementos de orixe romana en Margaride, Montefurado e Quiroga.

II Olimpíada de tradución de textos clásicos.

No día de onte, xoves 7 de abril de 2016, dúas alumnas do IES Río Cabe, Alba García Rodríguez e Iría Rodríguez Sánchez, presentáronse á II Olimpíada de Textos Clásicos en Santiago de Compostela. A Olimpíada está organizada pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos xunto cos Departamentos de Latín e Grego da Universidade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Acudiron a proba acompañadas polo seu profesor Xan Rosende López, que foi o encargado de preparalas e organizar o viaxe a Santiago para realizar os exames. As nosas alumnas tiveron un dobre mérito, pois fixeron as dúas probas, Grego e Latín. Na primeira tiveron que traducir un texto bastante extenso de Xenofonte, Ancíbasis e na materia de Latín outro texto de Eutropio, historiador latino.

Felicidades ás dúas pola súa valentía e afán de superación.

 

 

 

Distribuir contido