Dinamización Lingüística
Dia de Samain no IES Río Cabe. 30_10_24
O 30 de outubro, 3º ESO PDC conmemorou o Samaín coordinado pola súa titora Fe Cortiñas Rodríguez poñendo en escea un recitado do comenzo de " El Estudiante de Salamanca" de José de Espronceda, que da moiiiiiito medo!!!
Deixámosvos o Video:
Obra de teatro "Desexos" no multiusos para 4º ESO.
Hoxe, 7 de novembro do 2024, o alumnado de 4º da ESO acudiu ao Multiusos de Monforte para asistir a representación da obra teatral “Desexo” dirixida por Diego Rey da compañía Talía Teatro e interpretada por Marta Ríos e Dani Trillo.
Trátase dunha obra que aborda temas como a falta de educación afectivo-sexual, o manexo dos desexos, o uso da pornografía, as primeiras veces ou a falta de comunicación, todo elo dende a comedia.
Logo da representación teatral, o alumnado participou nun coloquio sobre cuestións relacionadas coa obra teatral coa sexóloga Bárbara Penas.
O alumnado acudiu acompañado pol@s profesoras/es María, Beatriz, Elba e Oscar.
Parabéns ó alumnado polo seu comportamento, ó profesorado por acompañalos e o Concello por organizar esta actividade.
Charla de Regras de Xogo no fútbol a cargo dos árbitros David Pérez Pallas e Saúl López Parga
O árbitro vigués, do VAR, David Pérez Pallas e o monfortino Saúl López Parga deron unha charla sobre as modificacións das regras de Fútbol no IES Río Cabe.
Falouse das regras de xogo e asemade abordouse o trato que reciben os árbitros por parte dos xogadores, adestradores e público en xeral, o cal xerou debate e conqueriuse empatizar coa dificil labor que teñen que levar a cabo os colexiados.
A actividade foi organizada polo Ciclo de Técnico Deportivo en Fútbol e deu inicio, por este curso, as actividades que complementarán o traballo na aula do alumnado.
Parabéns os organizadores, os colexiados e os participantes.
Charla sobre as Regras de Xogo no Fútbol. 24-25
O próximo mércores 30-10-24 a partir das 18.30h terá lugar no IES río Cabe unha charla formativa sobre as Regras de Xogo do Fútbol e as modificacións da tempada 2024-25. Estará aberto a todo o mundo interesado. Esará impartida por David Pérez Pallas e un representante do comité técnico de árbitros da provincia de Lugo.
- APIs de Blogue
- Calendario
Día Internacional da loita contra o Cancro
IES RÍO CABE CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO DE MAMA
Hoxe luns, día 21 de outubro, o alumnado do IES Río Cabe celebrou o Día Internacional contra o cancro de mama formando un gran lazo humano en colaboración coa Asociación Española contra o cancro.
Xunto co equipo de Biblioteca e Dinamización lingüística do centro, ao longo da mañá diferentes grupos de ESO procuraron información sobre o cancro de mama co obxectivo de realizar unha exposición sobre esta temática e a última hora da xornada matutina acudiron ao pavillón do IES para confeccionar o lazo humano.
Repartíronse folios de cor rosa, como símbolo da loita contra esta enfermidade que cómpre seguir inventigando.
FOTO DO LAZO
En palabras da propia Asociación Española contra o cancro:
“Es el cáncer más frecuente y el que mayor número de muertes causa en la población femenina en España. Pero hay que destacar que, gracias a los programas de cribado poblacionales, se está consiguiendo el diagnóstico en fase precoz de muchos de estos tumores, lo que permite tratamientos habitualmente más eficaces.”
É unha loita conxunta de toda a sociedade, polo que dende o IES Río Cabe queremos mandarlle unha aperta moi forte a todas as persoas, homes e mulleres, que a día de hoxe loitan incansablemente contra esta enfermidade.
Video
Club de Brindos do Cabe
A última semana de outubro volvemos por en marcha o Club de Brindo do Cabe e, como non podía ser doutro xeito, abrimos a tempada cunha sesión de brindos de medo... que criaturas misteriosas e pesadelos ocultarán as nosas coplas? Non faltes se queres descubrilo!
E a partir de novembro vémonos todos os mércores no salón de actos para cantar e botar unhas coplas porque... no Río Cabe temos moito que dicir!
- APIs de Blogue
- Calendario
TALLER ESCRITA CREATIVA CON NOA MOREIRA
O alumnado de 3° da ESO vén de participar nun obradoiro de escrita creativa titulado "Recunchos de letras".
Na primeira fase, a través de catro estacións (Palabras e ideas, Frases e titulares, Imaxes de onte e hoxe e Poetas de aquí e acolá), o alumnado elaborou textos literarios inspirándose nos diversos elementos.
A continuación, levouse a cabo a segunda fase do proxecto que contou coa colaboración da poeta Noa Moreira (Salcedo, A Pobra do Brollón, 1985) que realizou unha asesoría creativa e literaria para axudar á rapazada a poñer á punto as súas creacións e resolveu todas as súas dúbidas ao redor da construción da literatura.
Para finalizar o proxecto, cara finais desta avaliación, o alumnado elaborará unha pequena antoloxía literaria en forma de fanzine cos seus textos.
Grazas Noa por colaborar con nós de xeito tan xeneroso e grazas á rapazada de 3° pola implicación no proxecto... no Río Cabe hai boa canteira para a escrita creativa!
Mobilización do alumnado do IES Río Cabe en favor dos nenos e nenas Palestinas/os.
O 27 de setembro, o alumnado do IES Río Cabe decidiu secundar a mobilización convocada por varias organizacións para protestar polos asasinatos indiscriminados de civís por parte do estado de Israel en Líbano e na franxa de Gaza.
De xeito autónomo o alumnado de 3º ESO, organizou unha xornada reivindicativa na que, divididos varios grupos, informaron os compañeiros e compañeiras de todos os niveis do que está acontecendo no territorio Palestino para, durante o tempo de recreo, concentrarse na porta do instituto e berrar ben alto que "O Río Cabe está cos nenos e nenas palestinas".
A rapazada de 1º ESO tamén quixo colaborar realizando cartaces reivindicativos.
LUISA VILLALTA PERCORRENDO MONFORTE
O 16 de maio de 2024, co gallo do Día das Letras Galegas, decidimos homenaxear a Luisa Villalta compartindo con todos os monfortinos e monfortinas os seus versos.
Esta actividade, organizada polo EDLG en colaboración coa Biblioteca, o Dpto de Lingua Galega, e o Dpto. de Plástica pretende dar continuidade á iniciativa comezada o Día de Rosalía cos poemas desta autora.
Nos distintos carteis combínanse os poemas de Luisa Villalta cos códigos QR que dan acceso á música dalgunhas das súas cancións.
Cómpre darlle ás grazas, polo seu traballo, ás profesoras Pilar López e Sara Porrit; así coma á alumna Nerea S. (1º BAC) polos retratos da autora.
- APIs de Blogue
- Calendario
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »