Animación á lectura

2º ESO. Club de lectura

26.02.2024

 

O pasado 26 de febreiro o Club de lectura I de 2º da ESO tivo unha xuntanza para comentar O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, obra escollida como primeira lectura do curso. 

Houbo moitas opinións con respecto ao libro mais, en xeral, a sensación foi positiva e o alumnado quedou contento coa escolla aínda que ao final... se cadra é un pouco dramático de máis dixeron algúns. 

O emprego que facemos das redes sociais, o acoso escolar e a forma que temos de relacionarnos coas outras persoas, sexan familia, amigos ou parellas, foron algúns dos temas que suscitaron debate e que deron pé a ver como o noso día a día pode estar reflectido nunha obra literaria e que non todo é sempre o que aparenta.

Álbum: Escolares -> 2024_02_26_2ª AVA_2º ESO_Club de lectura

Montaxe

Blog, creado por Luz Paramio, adicado ao cine e á súa relación coa literatura. Bótalle unha ollada. Hai varios enlaces a escenas clásicas do cine. Pica aquí para acceder.

 

Balbordo

Neste primeiro blog creado para o club Balbordo (club de lectura Balbordo) figuran as diferentes lecturas e actividades, coordinadas pola profesora de Língua Castelán Beatriz González. Durante os anos 2008-2012 fixéronse múltiples propostas lectoras con diversos grupos de pais, profesores e alumnado do centro.

Neste enlace clubdelecturabalbordo podes consultar o blog actual do noso club, creado no 2012 por Loreto Albo e coordinado actualmente por Beatriz González.

 



 

 

Pistas de lectura

Noutro blog da nosa biblioteca, Pistas de lectura, creado en marzo de 2008 por Luz Paramio e Beatriz González, se incorporaron comentarios e reseñas sobre lecturas realizadas polos alumnos do centro. O blog chámase Pistas de lectura.



Distribuir contido