Proxecto Comenius

Calendario Dixital

Como remate final do Proxecto Comenius, os organizadores do mesmo decidiron publicar na web tódolos traballos realizados durante 3 anos nos diferentes paises.

O enlace á páxina web correspondente é Proxecto Comenius.


Galería de fotos do Proxecto Comenius

Na sección de galerías están colgadas as fotos das viaxes realizadas por alumnos de 4º da ESO acompañados polas profesoras de inglés, Artemia Madarnas e de Galego, Mª Carmen Rodríguez Esperante, con motivo da realización do Proxecto Comenius.

Traballos dos alumnos para o Proxecto Comenius

Con motivo da participación do centro no Proxecto Comenius, os alumnos participantes elaboraron unha serie de traballos relacionados coas festas máis importantes que hai en Galicia ao longo do ano. Éstes traballos están en formato PDF, tanto en galego como en inglés.

Igualmente, podedes ver un resumo das festividades locais en formato power point, tanto en galego como en inglés. É recomendable, para o seu visionado, descargar os arquivos no ordenador e logo visualizalos, porque pesan bastante (en torno a 14 megas): Festividades (Galego - Inglés).

 

 Traballos en galego Traballos en inglés 
 Xaneiro  January
 Febreiro - San Brais  February
 Febreiro - San Valentín  February - St. Valentine
 Febreiro - Entroido  February - Carnival
 Febreiro - Pascua  February - Easter
 Abril - Feira Medieval  February - Medieval Fair
 Maio - Os maios  May - May Day
 Xuño - San Antón  June - St. Anthony
 Xuño - San Xoán  June - St. Jhon
 Xullo - Día de Santiago  July
 Agosto  August
 Setembro  September
 Outubro  October
 Novembro  November
 Decembro  December


Proxecto Comenius. Viaxe a Dinamarca

A viaxe a Dinamarca feita dende o 3 ao 7 de novembro foi unha boísima experiencia, tanto para os nosos alumnos, Sergio Pérez Carballo de 4º A, Daniel Rodríguez Sánchez, Javier Pombo Rodríguez e Roberto Rodríguez Regueiro, estes tres de 4º B, como para o resto de alumnado procedente dos distintos países e para o profesorado.

Os alumnos decidiron qué festividades, dos meses que van de xullo a decembro, van incluir no calendario impreso de festas europeas, tendo en conta o seu interese, orixinalidade, repercusión, orixe, etc.

Tamén se traballou no calendario dixital de festas europeas. Neste caso se incluirán todas as festividades de cada país. No que respecta a España, aparecerán as festividades galegas e as andaluzas, por estar traballando dous centros de estas dúas rexións no proxecto.

É de salientar a boa atitude dos nosos alumnos e o seu comportamento ideal durante toda a viaxe e estancia alí. As familias que os acolleron fixéronnos saber que foi moi grato telos como un membro máis da súa familia durante a semana, que se fixo moi curta, para uns e outros. Cando chegamos a Madrid, os rapaces dicían que se lles “ía a cabeza” ao inglés para pedir información no aeroporto, etc. Nos próximos meses iremos publicando nesta páxina información referida a festividades tanto propias como estranxeiras, en inglés e galego, como adianto ao que será o produto final que deberá estar impreso no mes de maio. Adxúntanse fotos correspondentes á viaxe.

 

 


O Proxecto Comenius

O Proxecto Comenius queda enmarcado no grupo de Proxectos Educativos Europeos. Ten por obxecto reforzar a interelación entre os centros educativos a nivel europeo.


O IES Río Cabe forma parte deste proxecto dende o curso 2005/06, e ten unha duración de 3 anos. Nel traballan ademais 7 centros educativos de diferentes lugares de Europa: Alemaña, Holanda, Reino Unido, Dinamarca, Grecia e un centro de Xerez de La Frontera (España).


O traballo realizado ao longo destes anos foi o seguinte:

  • Curso 2005/06: Neste curso decídese que os representantes dos alumnos do centro sexan de 2º da ESO, para garantir a continuidade do proxecto nos 3 anos de duración. Os participantes son un grupo de 16 alumnos de 2º coordinados polas profesoras Artemia Madarnas e Mª Carmen Rodríguez Esperante.
  • Curso 2006/07: No mes de Novembro, as profesoras coordinadoras do proxecto asisten a unha xuntanza en Dinamarca para deseñar o traballo a realizar durante o curso académico. O contacto entre os alumnos dos diferentes centros facíase mediante correo electrónico. Parte deste traballo facíase fora do horario lectivo, porque algúns alumnos non tiñan ordenador nas súas casas. No mes de Febreiro dúas alumnas do centro asistiron á primeira viaxe do alumnado do proxecto. O lugar de encontro foi a cidade de Jerez de La Frontera, en Cádiz. Igualmente, comezouse a traballar na elaboración dun calendario europeo. Finalmente, no mes de Xuño tivo lugar a segunda viaxe dos alumnos do centro á cidade de Kiel, en Alemaña.
  • Curso 2007/08: No mes de Outubro, o instituto recibiu a alumnos dos demais centros participantes do proxecto. No mes de Febreiro, realizouse a terceira viaxe, neste caso a Grecia, con catro alumnos do centro. No mes de Maio realizouse outra viaxe pero ésta vez a Reino Unido, con dúas alumnas do centro.
  • Curso 2008/09: Neste curso académico fixéronse dúas viaxes, unha a Dinamarca e outra a Holanda. A viaxe a Dinamarca realizouse no més de Novembro (do 3 ao 7) acompañados de catro alumnos do centro, e a viaxe a Holanda que se realizou no més de Marzo (do 16 ao 20), acompañados por tres alumnos. Nesta última viaxe concretouse o proxecto final: o calendario europeo de festividades seleccionadas polos propios alumnos  está previsto realizar outra viaxe a Dinamarca, con catro alumnos do centro no mes de Novembro. Finalmente, haberá unha xuntanza en marzo en Holanda, onde se atopa o centro coordinador do proxecto. Nesta viaxe farase a presentación do proxecto xa rematado: "O calendario europeo de festividades".

O último paso do proxecto é a impresión do calendario para que poida ser difundido entre os alumnos que participaron no proxecto, os respectivos centros de ensino e as correspondentes cidades nas que se atopan.
 
Traballo realizado polos alumnos: 
  • Curso 2006/07: Primeiros contactos entre o alumnado dos distintos paises, presentación, contorno, o seu centro educativo, hobbies, etc, vía correo electrónico. Tamén fixeron as primeiras investigacións acerca dos outros países impricados, información que quedou plasmada nuns paneis que foron expostos no centro.
  • Curso 2007/08: Comezan as viaxes para que o alumnado dos distintos países entren en contacto, comparen as súas festividades, entendan o que significan as festas dos outros e as propias. Os alumnos teñen que expor, en inglés, as súas festas aos alumnos dos outros centros. Todo este traballo recóllese en formato electrónico e tamén en paneis, expostos no centro.
  • Curso 2008/09: Continúan as viaxes e o traballo conxunto do alumnado, así como o perfeccionamento da súa competencia lingüística en inglés, que é o outro dos obxectivos deste proxecto. Publícanse na páxina web do centro os diferentes traballos das festividades autóctonas ed europeas, así como unha galería de fotos das diferentes viaxes realizadas.


Distribuir contido