Bibliocabe
Día Internacional da loita contra o Cancro
IES RÍO CABE CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO DE MAMA
Hoxe luns, día 21 de outubro, o alumnado do IES Río Cabe celebrou o Día Internacional contra o cancro de mama formando un gran lazo humano en colaboración coa Asociación Española contra o cancro.
Xunto co equipo de Biblioteca e Dinamización lingüística do centro, ao longo da mañá diferentes grupos de ESO procuraron información sobre o cancro de mama co obxectivo de realizar unha exposición sobre esta temática e a última hora da xornada matutina acudiron ao pavillón do IES para confeccionar o lazo humano.
Repartíronse folios de cor rosa, como símbolo da loita contra esta enfermidade que cómpre seguir inventigando.
FOTO DO LAZO
En palabras da propia Asociación Española contra o cancro:
“Es el cáncer más frecuente y el que mayor número de muertes causa en la población femenina en España. Pero hay que destacar que, gracias a los programas de cribado poblacionales, se está consiguiendo el diagnóstico en fase precoz de muchos de estos tumores, lo que permite tratamientos habitualmente más eficaces.”
É unha loita conxunta de toda a sociedade, polo que dende o IES Río Cabe queremos mandarlle unha aperta moi forte a todas as persoas, homes e mulleres, que a día de hoxe loitan incansablemente contra esta enfermidade.
Video
Día Mundial da Saúde Mental
Hoxe 10 de Outubro, celébrase o Día Mundial da Saúde Mental e por elo, dende a Biblioteca e dende distintas materias, decidimos sensibilizar ao noso alumnado sobre cuestións como a adicción ao uso de teléfonos móbiles, para despois ilustrar con debuxos dita dependencia.
Tamén ilustraron aquelas actividades que sí favorecen a saúde mental e as súas preferidas son o exercicio, ler, a música, o baile, a pintura, descansar, etc
Parabéns a alumnado e profesorado polo traballo feito!!!
8 de Marzo - Día da Muller
O Día da Muller, 8 de marzo, foi celebrado no Río Cabe con cancións e cunha manifestación por parte do alumnado e profesorado, coas que reivindicamos, unha vez máis, a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, así como a fin de calquera tipo de violencia contra as mulleres.
Os Furanchos do Río Cabe, Xurxo xunto con Ariadna, Ximena e Estefanía, puxeron a súa arte para a celebración e Flor, encargada da biblioteca, encabezou a manifestación, que se levou a cabo durante o recreo na entrada do centro.
Celebrando a Paz
Esta mañá celebramos no Cabe o 30 de xaneiro, Día Internacional da Paz.
Reunímonos na Biblioteca co alumnado de distintos cursos da ESO e BAC para recibir a unha familia de refuxiados ucranianos que reside actualmente en Ferreira de Pantón, que nos veu falar da súa experiencia como cidadáns dun país que se atopa inmerso nunha guerra, como todas as guerras, inhumana e inxusta.
Tivemos de tradutora a Olga, alumna de 4º, que nos deu tamén a súa opinión sobre o conflito e a quen agradecemos de corazón a súa colaboración, nun asunto no que ten, lóxicamente, implicacións emocionais.
Comezamos a celebración coa banda do instituto, encabezada por Xurxo Labrador e as alumnas Ariadna, Ximena e Estefanía, quenes cantaron cancións que son himnos de paz e de non á violencia. Tivemos de presentador a Miguel e de entrevistadores a Alicia, Anxo, Demetrio, Gabriela, Iara e Xurxo.
Moitas grazas a todos eles e tamén a Xaquín, traballador social de Ferreira de Pantón, por axudarmos a lembrar que a paz é tan necesaria como inútiles as guerras.
Conxurando en Samaín
Hoxe venres, 28 de outubro, celebramos no Cabe a festa do Samaín, con nenos e profesores disfrazados de vivos e non tan vivos; Flor e Xurxo ambientaron a biblioteca, organizaron un concurso de narracións e unha exposición de debuxos, (cos que decoraron o centro) así como o visionado de cortos de terror , que incluía un realizado polos nosos alumnos, e cos que disfrutamos nun fantasmagórico ambiente. Un grupo de profesoras tivo a idea de sacar os “medos afora” por medio de tarxetas nas que escribimos sobre as cousas que nos asustan.
Grazas a todos, alumnos e profesores pola vosa “terrorífica” colaboración.
Festival de Entroido
Este venres 25 de febreiro celebramos no Río Cabe un divertido e esperado entroido que fixo bailar e desfrutar a pequenos e maiores.
A temática elixida para desfrazarnos todos foi o mundo hippy, e Flor, encargada da biblioteca e Anxo, xefe do departamento de debuxo, ocupáronse da decoración e ambientación.
Cada grupo preparou unha coreografía que bailou no xardín do centro nas horas de despois do recreo. Tamén os profesores e profesoras se animaron con outro baile. A todos eles, alumnos e profes, moitas grazas e felicitacións!!
Rematamos cun postre tradicional (orellas) e co prato forte do instituto: a actuación do grupo “Os caralludos do Río Cabe”, con Xurxo á cabeza, as alumnas Ariadna e Ximena e ex-alumnos Antón e Adrián, a quenes, una vez máis, agradecemos de corazón a súa participación e magnífica actuación.
Se queres ver máis, visita a nosa galería de fotos.
Amor en tempos de pandemia
Con motivo da celebración do día de San Valentín, e partindo da biblioteca do centro, quixemos instar ó alumnado a recuperar o costume de escribir cartas de amor, algo tan perdido nun mundo de prisas, instantaneidade e tecnoloxía.
Para elo, se elaborou un cartel e un maravilloso vídeo coas cartas de amor que distintas personaxes históricas escribiron ós seus namorados. En Bibliocabe podedes ver as reflexións dos alumnos e alumnas sobre “O amor nos tempos da Covid”.
A todos eles agradecemos a súa participación, e unha vez máis, a Flor e a Xurxo o seu precioso e inestimable traballo.
250 aniversario de Beethoven
Música, Literatura e Arte reuníronse nunha exposición na que quixemos celebrar, o pasado 16 de decembro , o 250 aniversario do nacemento do compositor alemán Ludwig Van Beethoven. Todo o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato visitou a exposición acompañado dos seus profesores.
Empezouse cunha visita á biblioteca, onde puideron desfrutar dunha exhibición de libros biográficos, películas, instrumentos musicais, láminas e murais referentes á vida e obra deste músico, á vez que escoitaron unha selección de obras que mesmo puideron tararear por ser coñecidas por todos. Un vídeo curto sobre o autor serviu para recordar parte da súa traxectoria e pegada na historia da música.
Seguidamente durante o recreo, arredor de oitenta alumn@s realizaron no pavillón unha percusión corporal dunha das primeiras danzas alemanas compostas por Beethoven, ao tempo que se exponían uns murais retrato do compositor realizados polo alumnado e profesor de artes plásticas do instituto.
Agradecemos ós departamentos de música, debuxo e ó equipo da biblioteca a organización da actividade, así como ó alumnado que traballou nela. Tamén agradecemos ao Conservatorio de música de Monforte a súa colaboración no préstamo de violíns.
O alumnado da ensinanza de adultos tamén visitou a exposición en horario de tarde, acompañados dos seus titores.
Podes atopar máis información sobre a actividade no blog de Bibliocabe nos enlaces:
http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/exposicion-beethoven-250-anos-do.html?m=1
http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/beethoven-no-cine-e-nos-libros.html?m=1
http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/beethoven-celebrando-unha-vida-e-unha.html?m=1
Entrega de premios- Colaboración na biblioteca curso 19-20
O luns 30 de novembro tivo lugar a entrega de premios aos colaboradores de Bibliocabe do ano pasado , acto que non se puido celebrar no pasado curso por mor da pandemia. O director do centro, Carlos Parada e a encargada da biblioteca, Flor Lemos, presidiron a entrega.
Os alumnos colaboradores da biblioteca do Colexio Novo do curso 19-20, hoxe alumnos nosos, recibiron tamén os seus respectivos premios de mans da súa antiga directora, María Núñez. A biblioteca do Cabe foi o escenario elixido para a entrega conxunta dos agasallos e diplomas.
Queremos agradecer a todos eles o seu traballo ,motivación e entusiasmo, e animalos a continuar no labor un ano máis.
Visita o blog de Bibliocabe para máis información sobre a actividade:
http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/entrega-de-premios-bibliocabe-curso.html?m=1
25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O alumnado de 3º e 4º da ESO do Río Cabe, conducido polo equipo da Biblioteca, quixo unirse á chamada unánime da sociedade en contra da triste realidade da violencia de xénero. Neste caso, e mediante unha exposicion coas súas fotografías que leva por título "As caras da Violencia de Xénero", chamaron a atención e invítannos a reflexionar sobre unha terrible situación que non podemos nin queremos ignorar.
Tedes toda a información sobre a actividade no seguinte enlace
Unha vez máis queremos agradecer ao equipo da biblioteca a súa implicación e o seu magnífico traballo, así como ao alumnado colaborador na actividade.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »