Curso 2022/23

Terceiro e cuarto día en Roma

 

Na mañá do terceiro día  fixemos unha visita ó Vaticano e á  Basílica de San Pietro tarde-noite demos un paseo e ceamos no barrio de Trastevere. 

 

 

 

 

Na mañá do cuarto día fixemos unha visita guiada ó  Coliseo e os arredores (Arco do Titto, Palatino..) Pola tarde un guía falounos sobre mitos e lendas de Roma dende a Piazza di Poppolo ata Castel Sant'Angelo.

Ceamos nos arredores da Fontana di Trevi para poder disfrutala de noite.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Segunda xornada en Roma

No segundo día en Roma, fixeron unha visita panorámica da cidade. Visitaron a Piazza d'Spagna,  Fontana de Trevi, (lanzaron unha moeda, porque teñen pensado voltar), o Panteón, a Piazza St. Luigi (onde xantaron); pola tarde visitaron o Palazzo delle Esposizioni e o Quirinale. Remataron a xornada cunha estupenda cea na Piazza Navona e , de volta ó hotel, tivieron tempo a disfrutar das belezas dos distintos rincóns da cidade.

 

 

 

Podedes ver máis fotos na galería

Vacacións en Roma

 

O alumnado de 4º Eso do Río Cabe rematou o período escolar cunha merecida viaxe á cidade eterna. Como sempre sucede nestes casos, a diversión comeza xa saíndo de Monforte. Desexámosvos unha viaxe que lembredes para sempre.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Charla dos alumnos/as de 3º ESO sobre as alvarizas

 Os alumnos/as de 3º ESO que traballan no Plan Proxecta “Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra” estiveron moi atarefados as dúas últimas semanas explicando aos seus compañeiros/as

de 1º, 2º, 4º ESO e aos profesores, o que aprenderon durante este curso sobre as alvarizas. Divididos en grupos, foron explicando clase por clase distintos aspectos do seu traballo: comezaron

explicando desde cando a Ribeira Sacra é BIC e por que retirou a súa candidatura en xuño de 2021 para ser nomeada Patrimonio da Humanidade. Continuaron explicando distintos aspectos

das alvarizas: que son e por que se construíron, desde cando están documentadas, como son as alvarizas en Galicia, comparando as que hai na Ribeira Sacra (sobre todo nos concellos de

Sober e de Nogueira de Ramuín) coas da Serra do Courel e da Costa da Morte; tamén analizaron as alvarizas que hai no resto de España e fóra de España, así como os distintos tipos de

colmeas que había en Galicia (covos, cortizos, trobos e lacenas). Remataron as súas charlas explicando a importancia que teñen as abellas para o desenvolvemento da vida na terra e os

problemas aos que se enfrontan (cambio climático, vespa velutina, varroa, pesticidas, etc.), e recordando a excursión que fixeron á sala de envasado Melsacra donde puideron degustar

distintos tipos de mel (de xenxibre, de castiñeiro, con noces, con améndoas e con sabor a café).

 

 

Cada unha das charlas rematou cun aplauso, por suposto moi merecido, por parte dos oíntes.

 

Agradecemos, un ano máis, aos alumnos/as de 3ºESO o seu esforzo e traballo grazas o cal foi posible realizar esta actividade. E tamén, por suposto, agradecemos aos alumnos/as de 1º, 2º, 4º

de ESO e aos profesores a atención prestada. Moitas grazas a tod@s!

 

 

 

Graduación de 4º ESO - 2023

Na tarde de hoxe, 16 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de 4º de ESO no Río Cabe; foi una celebración para o recordo, porque os protagonistas foron un grupo de nenas e nenos dos que nos sentimos profundamente orgullosos. Este vídeo é o adianto do que foi a tarde de  despedida a 4º ESO. Grazas a Fe Tellado pola seu traballo na elaboración do mesmo.

 

3ª xornada en Roma

O noso terceiro día en Roma comezou, outra vez, baixo unha treboada. Iniciamos unha intensa xornada visitando o Museo Vaticano  cunha guía que nos ensinou os museos vaticanos, o famoso Laoconte, a Escola de Atenas de Raffael, a Capela Sixtina de Miguel Anxo entre outros, rematando a visita na Basílica de San Pedro onde contemplamos a Piedade e a cúpula, obras tamén de Miguel Anxo, e o Baldaquino de Bernini.

Pola tarde, unha vez máis, a treboada impediunos seguir os nosos plans iniciais e soamente puidemos ver o Castelo de San Angelo e rematar a xornada ceando no famoso barrio do Trastevere.

Podes ver máis fotos na galería

2º día en Roma

O noso segundo día na cidade eterna comezou con sol e cunha panorámica a pé que resultou do máis interesante. Reunímonos coa guía na Praza de España e alí puidemos contemplar a barcazza de Bernini, a grande escaleira que leva á Igrexa da Trinitá dei Monti, a praza da Inmaculada Concepción e a Embaixada Española, considerada a primeira sede diplomática da cidade. Tamén vimos o Edificio da Propaganda da Fe no cal a familia Barberini deixou a súa marca: as abellas. Entramos na Basílica parroquial Sant’ Andrea delle Fratte, obra de Borromini, e, xusto en fronte da basílica está a casa de Bernini onde aparece representado na fachada o seu retrato tallado polo propio artista.

Continuando a nosa visita chegamos á Fontana di Trevi e, tras dúas horas de camiñada, rematamos no Panteón.

Pola tarde sorprendeunos de novo unha treboada polo que o plan previsto tivo que verse modificado e reducirse á visita da igrexa de Sant Prieto in Vincoli e o Foro Romano.

Rematamos a xornada ceando na praza Navonna onde se atopa a Fonte dos Catro ríos de Bernini e, a continuación, desfrutamos dunha visión nocturna do Panteón e da Fontana di Trevi.

E así rematamos a nosa “giornata”.

Viaxe de 2º BAC a Roma

O sábado 10 de xuño de 2023 o alumnado de 2º Bacharelato acompañado das profesoras saímos da estación de autobuses de Monforte de Lemos ás 23:00 horas cheos de ilusión para chegar ao destino: Roma.

 

Este día foi de moitas emocións, non todas positivas porque as circunstancias meteorolóxicas fixéronnos mudar os nosos plans iniciais.

Antes dunha forte treboada puidemos ver o Quirinale: Palazzo, Piazza e a Igrexa de San Andrea (obra de Bernini), aínda que, esta última se atopa en restauración. Tamén desfrutamos da beleza de San Carlino das Catro Fontes, obra de Borromini. A continuación, e logo de comer un rico “gelatto”, dirixímonos ao Foro de Traxano coa súa famosa columna e dende alí admiramos a grandiosidade do Monumento Nacional a Vítor Manuel II, tamén coñecido como o Altare della Patria. A partir de aquí a forte treboada truncou os nosos plans de visitar a Piazza do Campidoglio e cear na Piazza de Spagna xa que a molladura que tivemos fíxonnos regresar “con emergenza” ao hotel mais, con todo, puidemos ver baixo a incesante choiva Santa María Maggiore.

 

 

 

Graduación de 2º BAC diúrno e ensinanzas de adultos

O venres 9 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 2º Bac de diúrno e das ensinanzas de adultos: ESA, BAC e ciclo de Turismo . 

 

Foron un total de 81 alumnos e alumnas quenes, acompañados de profesorado , familias e compañeiros, se graduaron, lembraron vivencias dos anos compartidos no Cabe e desfrutaron das palabras dedicadas a eles nos distintos discursos e da música interpretada por compañeiros e o seu profesor, Xurxo R. Labrador. 

Tivemos a honra de ter como padriño e convidado na despedida, a Edgar Cloos, xuíz retirado, presidente da Audiencia Provincial de Lugo, a quen agradecemos a súa presenza e as súas verbas. Grazas tamén a todos os asistentes ó evento por participar nunca xornada para non olvidar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podedes ver máis fotos de 2º BAC na galería 1 e de Ensinanzas de Adultos na  galería 2

 

 

 

 

Fase final do concurso de coñecementos financeiros do BDE

Durante o presente curso escolar 2022/2023 alumnado de Bacharelato estivo practicando no simulador RetoFxM para participar no concurso de coñecementos financeiros organizado polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores. Chegado o mes de maio cinco alumnos (Saleta Losada, Sara Rodríguez, Sara Traveso, Miguel Vega e Alexandre Maceda) coseguiron clasificarse na décima posición entre os arredor de 500 centros de toda España que participaron nesta competeción na súa primeira fase, para seguidamente lograr meterse entre os oito finalistas que acceden as eliminatorias presenciais deste concurso e que se celebrarán no mes de setembro do próximo curso, co obxectivo de chegar á final que terá lugar o día 2 de outubro, día este da educación financeira (primeiro luns do mes de outubro).

 

Distribuir contido