Viaxe de 2º BAC a Roma

O sábado 10 de xuño de 2023 o alumnado de 2º Bacharelato acompañado das profesoras saímos da estación de autobuses de Monforte de Lemos ás 23:00 horas cheos de ilusión para chegar ao destino: Roma.

 

Este día foi de moitas emocións, non todas positivas porque as circunstancias meteorolóxicas fixéronnos mudar os nosos plans iniciais.

Antes dunha forte treboada puidemos ver o Quirinale: Palazzo, Piazza e a Igrexa de San Andrea (obra de Bernini), aínda que, esta última se atopa en restauración. Tamén desfrutamos da beleza de San Carlino das Catro Fontes, obra de Borromini. A continuación, e logo de comer un rico “gelatto”, dirixímonos ao Foro de Traxano coa súa famosa columna e dende alí admiramos a grandiosidade do Monumento Nacional a Vítor Manuel II, tamén coñecido como o Altare della Patria. A partir de aquí a forte treboada truncou os nosos plans de visitar a Piazza do Campidoglio e cear na Piazza de Spagna xa que a molladura que tivemos fíxonnos regresar “con emergenza” ao hotel mais, con todo, puidemos ver baixo a incesante choiva Santa María Maggiore.