Bibliocabe
Os alumnos de 4º ESO participaron na actividade do Concello "En negro contra a violencia" . No centro: "Nos teus zapatos nos seus zapatos" foi a proposta da Biblioteca
Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o Concello de Monforte convocou a actividade: “Monforte en negro”, na que se propón vestir de loito en todo o Concello en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia.
No marco desa proposta, hoxe, venres 23 de novembro, no Parque dos Condes ás 12:00 convocouse a alumnado de 6º de primaria e 4º de ESO de distintos centros para participar nun acto no que se leu un manifesto e, a continuación, propúxose a formación dunha cadea humana que bordeou o río Cabe de modo simbólico. Proporcionouse material para que todo o alumnado fose vestido de negro en sinal de loito.
Os nosos estudantes de 4º ESO participaron masivamente no acto, que non puido ser levado a cabo na súa totalidade por problemas climatolóxicos. Na seguinte imaxe recollemos algúns momentos da xornada:
E, no centro, co lema "Nos teus zapatos, nos seus zapatos" houbo unha orixinal e impactante chamada de atención preparada pola encargada da Biblioteca , Flor, e polo profesor do equipo da Biblioteca e de Plástica, Bernardino, cos que colaboraron os alumnos. Poden verse os detalles na páxina de Bibliocabe.
Cando se cruza a porta do IES Río Cabe, ninguén queda indiferente.
""VIAXE A MÉXICO" na Biblioteca. Guías: alumnos do Ciclo Superior de Turismo.
O pasado luns, os alumnos de 1BAC "viaxaron" a México na nosa Biblioteca.
No Ciclo Superior de Turismo do centro quixeron colaborar activamente coas actividades deseñadas dende a Biblioteca (poden verse en Bibliocabe) e convertíronse, cunha magnífica caracterización e presentación, en guías que fixeron rir e disfrutar da experiencia a uns alumnos que se implicaron na actividade e saíron encantados da viaxe...
Selene, Rocío, Xoán, Sandra, Iria, Ramón e a profesora Sol foron os que prepararon esta fantástica viaxe.
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA en novembro
Este curso na Biblioteca do Río Cabe adícanse os días 1 e 2 de novembro á celebración do día dos mortos en México (declarada pola Unesco Patrimonio da humanidade).
Entre as múltiples e espectaculares actividades realizadas, que poden verse explicadas en detalle no blog Bibliocabe, estiveron as seguintes: Ambientación e decoración da entrada, con diversos traballos do alumnado; concurso de catrinas (caveiras mexicanas) ou proxección da película "Coco" na Biblioteca para o alumnado de 1ºESO.
Podedes ver algunhas fotos das diferentes propostas coas que estes días nos sorprenden na Biblioteca.
Premio 2010 a Materiais Educativos: Bibliocabe
O día 17 de febreiro de 2011, ás 12:30 horas, dende o salón do Ateneo de Madrid, celebrouse a ceremonia de entrega dos premios ITE a "Materiales Educativos 2010".
Con motivo da concesión do 1º premio ao blog educativo "Bibliocabe" realizado polas profesoras do centro, Beatriz Gonzáles e Mª Luz Paramio. Ao acto asistiron, Suso Verao, en representación do centro, Beatriz González e Mª Luz Paramio.
D. Mario Bedera, Secretario de Estado de Educación e Formación Profesional e D. Miguel Soler, Director Xeral de Formación Profesional, que presidiron o acto, ootorgaron os galardóns correspondentes aos autores e aos centros que foron premiados.
Picando na imaxe, podes acceder ao video que o ministerio de educación ten colgado na súa web. O acto no que saen os nosos galardonados comenza a partires do minuto 24.
Premio á innovación educativa
A Consellería de Educación fixo público a resolución provisional dos premios á innovación educativa para profesorado de centros educativos de ensino non universitario.
Entre os agraciados está o proxecto do blog "Tictiza" coordinado pola profesora de Língua Castelán e Literatura do centro, Mª Luz Paramio Gutiérrez.
Bibliocabe
No mes de marzo botou a andar o blog da biblioteca, Bibliocabe, con motivo dun curso realizado por un grupo de profesores do centro. Dende entón, as súas administradoras, Mª Luz paramio e Beatriz González, non pararon de realizar diversas actividades na biblioteca que se ven reflectidas e actualizadas no blog.
Bibliocabe ten xa 10 anos de vida e a administradora e encargada da Biblioteca dende hai varios anos, Flor Rodríguez Lemos, continúa a dar conta en dito blog das numerosísimas actividades de dinamización que se realizan no noso centro.