250 aniversario de Beethoven
Música, Literatura e Arte reuníronse nunha exposición na que quixemos celebrar, o pasado 16 de decembro , o 250 aniversario do nacemento do compositor alemán Ludwig Van Beethoven. Todo o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato visitou a exposición acompañado dos seus profesores.
Empezouse cunha visita á biblioteca, onde puideron desfrutar dunha exhibición de libros biográficos, películas, instrumentos musicais, láminas e murais referentes á vida e obra deste músico, á vez que escoitaron unha selección de obras que mesmo puideron tararear por ser coñecidas por todos. Un vídeo curto sobre o autor serviu para recordar parte da súa traxectoria e pegada na historia da música.
Seguidamente durante o recreo, arredor de oitenta alumn@s realizaron no pavillón unha percusión corporal dunha das primeiras danzas alemanas compostas por Beethoven, ao tempo que se exponían uns murais retrato do compositor realizados polo alumnado e profesor de artes plásticas do instituto.
Agradecemos ós departamentos de música, debuxo e ó equipo da biblioteca a organización da actividade, así como ó alumnado que traballou nela. Tamén agradecemos ao Conservatorio de música de Monforte a súa colaboración no préstamo de violíns.
O alumnado da ensinanza de adultos tamén visitou a exposición en horario de tarde, acompañados dos seus titores.
Podes atopar máis información sobre a actividade no blog de Bibliocabe nos enlaces:
http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/exposicion-beethoven-250-anos-do.html?m=1
http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/beethoven-no-cine-e-nos-libros.html?m=1
http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/beethoven-celebrando-unha-vida-e-unha.html?m=1