Curso 2023/24

Resultado das Probas de Acceso ó Ciclo de Fútbol, celebradas o 18-7-24 na Universidade Laboral. Culleredo. Coruña.

O xoves 18-7-24 na Universidade Laboral de Culleredo, celebránronse as probas de acceso ó Ciclo de Fútbol do curso 2024-25.

 

Os resultados foron os seguintes:

 

Resultados provisionais:

 

Listado específico de Fútbol das probas feitas en Culleredo.

  

Aquí vos quedan algunhas fotos da mañá solleira de xoves.

Álbum: Escolares -> 2024_18_7_24_3ª_AVA_Probas_Ciclo_Fútbol

Paisaxe e sustentabilidade. Plan Proxecta. 2024

ACTIVIDADES PROXECTO PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

 

ACTIVIDADE: Descrición química e mineralóxica do ferro.

O ferro é un dos elementos mais abundantes da codia terrestre e no contexto da xeoloxía galega ten unha notable importancia, xa que se depositou en forma de xacementos sedimentarios durante o período ordovícico. Isto significa, que este metal rechea as montañas da provincia de Lugo desde algo máis de 400 millóns de anos.

Tendo en conta que este proxecto pretende valorizar as minas de ferro de Freixo desde a perspectiva patrimonial, resulta necesario que os alumnos comprendan o valor do ferro como recurso natural.

En consecuencia, o 15 de xaneiro, o profesor de física e química José Manuel Gil Sanmiguel explicou aos alumnos de 4º ESO A as principais propiedades químicas do metal, desde o punto de vista de formador de menas de ferro. Xunto coas oportunas explicacións teóricas, a sesión completouse cunha mostra das principais sustancias minerais que dan lugar ás menas de ferro presentes na explotación obxecto de estudo: magnetita, hematites, siderita, limonita e pirita entre outras.

 

ACTIVIDADE: Pescuda de informacións históricas, culturais e patrimoniais.

Esta tarefa constituíu a maior parte do traballo e foi realizada de maneira transversal tanto polo profesor coordinador do proxecto, coma da profesora de xeografía e historia Josefa Vázquez Fernández que colaborou cun grupo de alumnos de 3º ESO.

Sexa na aula de informática ou ben desde os propios ordenadores edixgal dos alumnos, as labores de procura de información foron a base a partir da cal se asenta o proceso de definición de que lugares son os axeitados para dar coa proposta final obxecto deste traballo.

O profesorado participante tivo a misión de guiar, corrixir e indicar que camiño tomar á hora de tomar algún tipo de decisión, sempre con vista a lograr o mellor dos resultados posible.

 

ACTIVIDADE:Edición de material audiovisual.

Esta actividade foi levada a cabo en solitario pola profesora Maria Fe Tellado Castro, pertencente ao departamento de tecnoloxía e especialista no uso das TIC.

Este traballo aínda que non ten unha visualización tan representativa coma as outras, supón horas de esforzo persoal diante das pantallas e para a consecución dos obxectivos deste proxecto é imprescindible. Sen o perfecto uso das tecnoloxías dixitais, non teríamos chegado ata a conclusión.

 

Vídeo 1:  Rio Cabe

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_21_6_24_3ª_AVA_Plan-Proxecta_Paisaxe_Sustentabilidade

Hipocaustos na Ribeira Sacra?. Plan Proxecta Educación Patrimonial. 2024

 

 

É un traballo realizado polo alumnado de 3º ESO do IES Río Cabe de Monforte de Lemos ( Lugo) , durante o curso 2023-24.

 

Enmárcase no plan proxecta Patrimonio etnográfico da Ribeira sacra e nel estúdanse as pegadas que deixaron os romanos na nosa contorna (Tégulas, mosaicos, cerámicas ,moedas, muros de pedra, etc...poñéndo especial atención no horreum e no hipocausto).

 

Para realizar este estudo centráronse no xacemento arqueolóxico de Proendso, recentemente escavado.

 

Vídeo 1:     Hipocaustos na Ribeira Sacra?

 

Vídeo 2:   Entrevista a  Francisco Alonso Toucido

 

Álbum: Escolares -> 2024_21_6_24_3ª_AVA_Plan-Proxecta_Educac_Patrimonial_24

METEOESCOLAS: Plan Proxecta-2024

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Actividade: Clima e Metereoloxía na Idade Moderna

 

No seo do proxecto MeteoEscolas, ao longo do mes de maio, alumnado de 2º ESO xunto coa súa profesora de Xeografía e Historia Ana Isabel Delgado Iglesias, dedicouse a procurar información tanto histórica como artística sobre o clima e a metereoloxía na Idade Moderna. Coa información obtida construíron dous carteis explicativos. Un deles acerca da climatoloxía imperante na época, as "técnicas" metereolóxicas empregadas e algúns exemplos das mesmas. O segundo, sobre a Pequena Idade de Xeo e como algúns pintores dese período o reflexaron nas súas obras.

 

 

DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Actividade: Weather forecast

Dende o departamento de inglés, a profesora Nerea Iglesias Maside levou a cabo dita actividade co alumnado de 2º ESO B durante o 3º trimestre. Como indica o nome, a actividade consistiu nunha presentación en inglés da predición meteorolóxica en varios puntos da xeografía galega, incluíndo Monforte de Lemos. Sendo as presentacións o 14 de xuño, durante as sesións previas traballouse o vocabulario relacionado cos fenómenos meteorolóxicos en lingua inglesa, así como as estruturas gramaticais necesarias para facer unha predición meteorolóxica. Unha vez adquirido este coñecemento, os alumnos divididos por grupos comezaron a elaborar as súas presentacións facendo uso das TIC. Sendo Canva a ferramenta empregada na súa maioría, pedíuselles ós alumnos que fixeran un comentario do tempo nos días anteriores, no día presente e nos días seguintes.

Os obxectivos da actividade eran en primeiro lugar, empregar a lingua inglesa en situacións formais como a presentación dun parte meteorolóxico, traballar a produción oral así como facer uso das TIC na súa elaboración. Outros obxectivos a acadar foron o traballo en equipo e a auto corrección e autorregulación no discurso oral, e pódense subliñar competencias como a competencia lingüística e aprender a aprender, sendo todos estes obxectivos e competencias acadados amplamente.

 

 

 

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS

Actividade: Atmosferas planetarias

 

A vida é posible no planeta Terra entre outros factores pola presenza de osíxeno na nosa atmosfera. A capacidade de respirar da que gozamos é un elemento diferenciador co resto dos planetas que conforman o sistema solar ao cal pertencemos. Ademais diso, a estrutura e a composición da atmosfera terrestre  acubilla fenómenos metereolóxicos de diversa índole que inflúen a cotío nas nosas vidas.

Baixo estas premisas, a profesora de Ciencias Naturais Raquel Seoane Cuquejo decidiu facer unha actividade de planetoloxía comparada con alumnos de 1º ESO. A idea principal foi estudar e analizar as atmosferas presentes en todos e cada un dos planetas do noso sistema solar para determinar de maneira sinxela que fenómenos atmosféricos se dan neses corpos celestes.

A efectos prácticos, o estudo desta pesquisa culminou coa elaboración de paneis informativos sobre cada planeta mais a reprodución a pequena escala dos devanditos planetas. Esta ultima parte foi feita en colaboración coa profesora de Educación Plástica de 1º ESO Iria Trebolle Díaz, á cal agradecemos enormemente a súa desinteresada colaboración.

 

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Actividade: Construción dunha estación metereolóxica

Entre xaneiro e maio deste ano os alumnos de 2º ESO B guiados polo seu profesor Javier Barros Pereira combinaron as súas clases de tecnoloxía coa construción da caseta de madeira que aloxará o termómetro e o pluviómetro doados por MeteoGalicia en novembro do ano pasado.

A pesar de seguir as indicacións dadas no tocante á escolla de materiais e á montaxe das diferentes pezas, o proceso construtivo non resultou doado. O feito de dispor de tan só unha hora para ir ao taller e tendo en conta que o deseño inclúe algunha dificultade técnica relevante, coma o corte dos barrotes en forma de dente de serra, supuxo que esta parte do proxecto demorase máis do previsto.

Con todo foi un reto que chegou a bo termo. A finais de maio a obra concluíu con éxito. Só faltou instalala nos xardíns do fermoso patio do noso centro, con vistas ao impresionante castelo de Monforte de Lemos, pero as choivas abundantes das últimas semanas do curso académico impedíronnos levas a cabo a dita operación.

Esperamos dar continuidade a este proxecto o próximo curso e poder enviar datos reais a MeteoGalicia para seguir aprendendo as peculiaridades do clima da cidade do Cabe.

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Actividade: Práctica de laboratorio para diferenciar os conceptos de calor e de temperatura

 

Calor e temperatura son termos que a maioría dos mortais utiliza indistintamente nas súas conversas, mais a realidade é ben diferente. Por este motivo e porque tamén ambos os dous conceptos son de importancia fulcral en metereoloxía, a profesora de física e química Maria del Carmen Pérez Rodríguez, animou ao seu alumnado de 2º ESO durante catro sesións do mes de marzo a pasar polo laboratorio para aprender a diferenciar esas nocións.

O experimento consistiu en demostrar o principio do equilibrio térmico, onde o calor sempre flúe dunha rexión de maior temperatura a unha de menor temperatura ata que se alcanza unha temperatura uniforme.

 

Así, esta sinxela operación ilustrou como se distribúe a enerxía térmica sendo unha base importante para entender conceptos máis avanzados en metereoloxía, coma cando se fala do movemento de masas de aire frío e quente na atmosfera.

 

Video 1:   Néboas

 

Video 2:   Predicción en Inglés

 

Vídeo 3:   Predicción en inglés 2

 

Video 4:   Planetas

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_21_6_24_3ª_AVA_Plan-Proxecta_METEOESCOLAS_24

MATRÍCULA CURSO 2024-25

24/06/2024
Europe/Madrid

O prazo de matrícula no IES Río Cabe abarca desde o 25 de xuño ao 10 de xullo.

O alumnado terá á súa disposición un sobre que contén a documentación necesaria para formalizar a matrícula. O alumnado do IES Río Cabe recibirá dito sobre xunto coas cualificacións. O alumnado procedente doutros centros poderá recollelo en secretaría, a partir do 25 de xuño.

Rogamos que, na medida do posible, para realizar a matrícula se respecte o seguinte calendario:

DATA

CURSO NO QUE SE MATRICULA

26 e 27 de xuño

2º BAC

28 de xuño e 1 de xullo

1º BAC

2 e 3 de xullo

1º ESO

4 de xullo

2º ESO

5 e 8 de xullo

3º ESO

9 de xullo

4º ESO

 

 

 

Agasallo do noso compañeiro George, profesor de Física no General Lyceum de Nigrita (Grecia)

Estes días finais de curso recibimos un agasallo do noso compañeiro George, profesor de Física do General Lyceum de Nigrita (Grecia). O agasallo foi o CD do grupo de folk que ten na súa terra, Grecia e como non podía ser menos agradecémosllo cunha foto.

Grazas polo agasallo, por vir ao noso centro no intecambio do Erasmus+ e facernos pasar uns momentos inesquecibeis.

 

FINAL DE CURSO: LECTURA DRAMATIZADA 1º ESO con BALONCESTO. 21_6_24

LECTURA DRAMATIZADA 1º ESO

Dormente. Raquel Castro

 

O venres 21 de xuño de 2024  para despedirmos o curso escolar, o alumnado de 1º ESO B levou a cabo no salón de actos unha lectura teatralizada do libro Dormente de Raquel Castro para o alumnado de 1º e 3º ESO.  A seguir foi o alumnado de 1º ESO A quen lle realizou a lectura dramatizada ao alumnado de 2º ESO. 

Dormente é unha entretida peza teatral na que a súa autora, Raquel Castro, actualiza o conto tradicional da Bella durmiente dende unha prespectica feminista, onde a Bela non quere que a bique ningún príncipe, senón a persoa da que está namorada. Animámosvos a que leades este fermoso libro para coñecer o seu final. O alumnado divertiuse moito.

Ao finalizar foi a quenda do alumnado do club de Brindos, coa profesora Sara Porrit, quen nos agasallou con varias coplas.

 

 

Paralelamente o profesorado de Educacion Física, Alberto Rodríguez e Daniel Corderí organizou un torneo de tiro a canastra para o alumnado que ía rematando no salón de actos.

 

Álbum: Escolares -> 2024_21_6_24_3ª_AVA_Final_Curso_Teatro_Baloncesto

Entrega de Diplomas do Clube de Brindos

 

 

Hoxe (20-6-24) puxemos o broche final ao Club de Brindos do Río Cabe 23-24 cunha graduación do alumnado participante. Entre coplas, risas e unha actuación especial do Trío Brindeiro Canesa, as 32 alumnas e alumnos que formaron parte desta experiencia recibiron un diploma acreditativo e unha bolsa de gominolas como recompensa a todo o traballo realizado durante estes meses.

Excursións, recreos, maios, festas... foron moitos os momentos de practicar, cantar e, sobre todo, pasalo ben e desfrutar dunha tradición que, grazas a esta rapazada, está hoxe máis viva que hai nove meses. 

Grazas (alumnado e profesorado) pola vosa implicación e traballo.

 

Agardamos que desfrutárades coa experiencia e... que viva o brindo do Cabe por moitos anos máis!

Álbum: Escolares -> 2024_20_6_24_3ª_AVA_Clube_Brindos_Entrega_Diplomas_

Brindos e Contos nos coles. Xuño 2024

O alumnado de 1 e 2º ESO que participou no Plan proxecta dos contos e máis no club de Brindos do IES Río Cabe, acompañados polas súas profesoras Pilar López e Sara Porrit

visitaron o martes 18 de xuño de 2024 o colexio das Gándaras e o mércores 19-6-24 visitarán o Colexio Novo para realizar un taller de Brindos co alumnado de 5º e 6º e falarlles do proxecto de contos.

 

Estamos rematando o curso pero aínda quedan forzas  para as últimas saídas!

 

Hoxe fomos visitar ós nosos futuros compañeiros e compañeiras do cole da Gándara para falarlles do proxecto Cóntame un Conto e, xa de paso, ensinarlles como funciona iso dos brindos. 

 

Entre o alumnado de 1° e 2° contamos algúns contos e despois demos un pequeno obradoiro para que o alumnado de sexto da Gándara acabara compoñendo as súas propias coplas.

 

Foi toda unha experiencia para nós e agardamos que eles quedaran con ganas para cando sexan oficialmente alumnas e alumnos do Río Cabe!

 

Álbum: Escolares -> 2024_18_6_24_3ª_AVA_Brindos_Contos_Coles

Viaxe fin de Curso Roma. 4º ESO. Xuño 2024.

Ó alumnado de 4º ESO acompañados polas profesoras Noelia Besteiro, Nuria Mariño e María Padrón iniciaron na madrugada do día 18 de Xuño de 2024 á súa viaxe de fin de etapa a Roma e Florencia, voltarán ó 22

de Xuño.

 

Saíron da estación de autobuses de Monforte con dirección ó aeroporto de Asturias, donde collerán un bo con dirección a Capital Italiana.

 

 

Pódese apreciar nas súas caras a emoción con que encaran esta viaxe.

 

Atópanse aloxados no Hotel Noto.

 

1º Día (18-6-24):

 

Despois dunha intensa noite no aeorporto de Avilés, collemos o avión con destino a Roma.

 

Á medianoite chegamos ó hotel, situado moi preto da estación de Termini e pola tarde fomos facer unha visita guiada pola roma Barroca. Puidemos disfrutar da fermosura

dalgúns dos lugares máis visitados da cidade eterna: a Praza de España, coa fermosa escalinata e a Barcaza de Bernini; a Fontana de Trevi, ateigada de xente coma sempre, o

Panteón, a Praza Navona, que estaba en obras e a igrexa de Santa Inés, e a fermosa construcción de francesco Borromini.

 

Despois dun pequeno descanso para recuperármonos do cansanzo e da intensa calor, paseamos polos arredores do Panteón e fomos cear ó Hard Rock, para rematar un "longo" día.

 

2º Día (19-6-24):

 

 Seguimos coñecendo Roma con moita intensidade.  Pola  mañá visitamos o Vaticano.

 

Comezamos percorrendo as salas do Múseo Vaticano, ata chegar á marabillosa Capela Sixtina de Miguel Anxo. Despois entramos na Basílica de San Pedro e paseamos "un

pouquiño" debaxio da columna de Bernini na praza de San pedro.

 

Despois de xantar nos arredores do Vaticano, dirixímonos a ver o Castelo de San Angelo.

 

Dende alí, bebendo e refrescándonos en toda canta fonte hai polo camiño-e hai moitas- dirixímonos ó Trastévere, onde unha guía nos amosou os encontros desta parte menos

señorial, pero con moito encanto, da cidade.

 

Despois da visita, aproveitamos para cear polo fermoso e animado barrio e mesmo puidemos disfrutar dun concerto de rúa que había na animada praza de Trilusa.

 

3º Día (20-6-24):

Terceiro día

 

Pola mañá, moi cedo, fomos visitar o Coliseo e o Foro Romano.

 

Comezamos a visita polo Coliseo, un emblemático edificio inaugurado polo emperador Tito no cal se realizaban espectáculos sanguentos.

 

Despois desfrutamos do conxunto do Foro Romano, ruínas de numerosos monumentos como o Arco de Tito, o Templo de Vesta, a Basílica de Constantino, o Arco de Séptimo

Severo, o Templo de Saturno e o impoñente Palatino.

 

A visita que estaba prevista ás Catacumbas de San Calixto tivo que ser cancelada debido á alerta laranxa por altas temperaturas e ás obras na cidade.

 

Logo dun merecido descanso no hotel, preparámonos para relaxarnos na fermosa Piazza Spagna, alí ceamos e os máis futboleros aproveitaron para ver o partido España-Italia

 

nos restaurantes.

 

 De volta, puidemos contemplar a inmensidade da Fontana di Trevi de noite!

 

4º Día (21-6-24):


Florencia!


Madrugamos moito e collemos o tren rumbo a Florencia, onde nos agardaba a guía para facermos unha visita panorámica da cidade.


A primeira parada fixémola na igrexa Santa Maria Novella, única fachada renacentista da cidade, continuamos cara ao Palacio Antinori, máximo produtor de viño da Toscana.

Seguindo unha ruela estreita chegamos ao Mercado do Porcellino, con produtos tradicionais de coiro.


 Alí, tocámoslle o fociño ao xabaril para atraer a sorte! Camiñando un pouquiño, chegamos á Piazza du Duomo, onde se atopa a Catedral Santa Maria dei Fiori coa impoñente

Cúpula de Brunelleschi, o Campanario di Gioto e o Baptisterio de San Giovanni.


Atravesamos a famosa Galeria Uffizi para achegarnos ao río Arno e cruzalo polo Ponte Veccio, o símbolo por excelencia da cidade. A visita rematou na Piazza della Signoria,

un auténtico museo ao aire libre!


Xantamos todos xuntos nun restaurante tradicional, no centro de Florencia.


Xa pola tarde, visitamos a Galeria dell'Academia de Firenze, quedando absolutamente abraiados coa súa obra magna, o David de Michelangelo.


Aproveitamos o resto da tarde para empaparnos do encanto da cidade e mercar algún agasallo.

 

5º Día (22-6-24):

a

Álbum: Escolares -> 2024_18_6_24_Excursion_Roma_4º_ESO
Distribuir contido