Entrega de Diplomas do Clube de Brindos

 

 

Hoxe (20-6-24) puxemos o broche final ao Club de Brindos do Río Cabe 23-24 cunha graduación do alumnado participante. Entre coplas, risas e unha actuación especial do Trío Brindeiro Canesa, as 32 alumnas e alumnos que formaron parte desta experiencia recibiron un diploma acreditativo e unha bolsa de gominolas como recompensa a todo o traballo realizado durante estes meses.

Excursións, recreos, maios, festas... foron moitos os momentos de practicar, cantar e, sobre todo, pasalo ben e desfrutar dunha tradición que, grazas a esta rapazada, está hoxe máis viva que hai nove meses. 

Grazas (alumnado e profesorado) pola vosa implicación e traballo.

 

Agardamos que desfrutárades coa experiencia e... que viva o brindo do Cabe por moitos anos máis!

Álbum: Escolares -> 2024_20_6_24_3ª_AVA_Clube_Brindos_Entrega_Diplomas_