Educación Física

Piraguismo polo Río Cabe co club Quixós. 1º ESO.

 

 

O alumnado de 1 da ESO, acompañados polos profesores Alberto Rodríguez e Daniel Corderí, desfrutou está mañá (4-6-24 dende as 11.30h ata as 14.15h)) da actividade de piragüismo e dragon boat, en colaboración do club Quixós.

Ambas actividades foron practicadas polo alumnado nunha mañá de sol, traballando en equipo e cooperando para solventar os contratempos que foron xurdindo xunto co profesorado e os profesionais do club Quixós.

Álbum: Escolares -> 2024_6_4_3ª_AVA_Piraguismo_1º_ESO

Saída a Castrelo do Miño. 3·º ESO.

03/06/2024 18:54
Europe/Madrid

O luns 3 de xuño un grupo de 3° da ESO, acompañados polos profesores Francisco Pena e Sara Porrit, desprazouse ata o Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño para realizar varias actividades de auga no encoro.

 

 

Concretamente tiveron a oportunidade de remar todos xuntos nun "dragón", facer unha ruta en pedaleta e practicar paddle surf.

 

 

Ademais foron testemuño dos adestramentos de varios deportistas de elite pertencentes á selección española.


Toda unha experiencia!

 

Todos os cursos. Programa escolar de consumo de froita hortalizas e leite. FOGGA

13.05.2024

 

CONTINUAMOS COA DISTRIBUCIÓN DE FROITAS E LEITE AOS CENTROS ESCOLARES DURANTE 10 D'IAS. 

O pasado 10 de abril comezamos a distribúir froita e leite nos recreos dentro do programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite nos centros escolares. Hoxe, 13 de maio, continuamos durante 10 días e comezamos coa mazá.

O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas e leite entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos.

Este ano o noso centro participa neste proxecto, con leite nos recreos, bricks de 250 ml, de leite enteira e sen lactosa e froita fresca en diferentes periodos dos ano.

 Programa de froita e leite no recreo, subvencionado pola Consellería de Medio Rural e polo Fogga (Fondo galego de garantía agraria)

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_04_10_2024_05_13_3ª AVA_Todos os cursos_Programa escolar de consumo de froita hortalizas e leite

4º ESO. Rafting (Arbo)

06.05.2024

O luns 6 de maio o alumnado de 4º ESO, acompañado dos seus profesores Miguel Martínez e Francisco Pena, realizou unha actividade de Rafting no río Miño ao seu paso por Arbo.

 
Puideron navegar entre rápidos con grandes trens de ondas, rulos, contracorrentes e zonas máis suaves onde o grupo se deixou levar a nado pola corrente. Tamén tiveron pequenos momentos de calma para observar a incríble paisaxe e admirar as «As Pesqueiras», construcións medievais para a pesca das especies que remontan o río  para reproducirse, como o salmón, o sábalo e, principalmente, a lamprea.
 
Foi unha xornada ben entretida!
 
Fotos: Arrepións Arbo
 
 
Álbum: Escolares -> 2024_05_06_3ª AVA_4º ESO_Rafting_Arbo

Calendario exames finais módulos Nivel 2 Técnico Deportivo Fútbol

Os exames finais dos módulos do Nivel 2 Técnico Deportivo Fútbol celebraranse os días 22, 24  e  25 de abril seguindo o horario que aparece a continuación:

 

Día Módulos Hora
22 de abril Táctica e sistemas do xogo II 17:30
Dirección de Equipos II 19:00
Desenvolvemento profesional II 20:30
Regras de xogo II 21:15
24 de abril Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte II 18:40
Teoría e socioloxía do deporte 19:40
Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento deportivo II 20:15
Adestramento deportivo II 21:15
Organización e lexislación deportiva II 22:00
25 de abril Técnica individual e colectiva II 16:30
Preparación Física II 18:00
Metodoloxía do adestramento e do ensino II 19:30
Bloque complementario 20:30

ESO. Campionato Provincial Escolar de Orientación. Lugo

28.02.2024

Preto de 400 mozos e mozas participaron o 28 de febreiro na capital lucense no campionato provincial escolar de orientación do programa Xogade, que impulsa a Secretaría Xeral para o Deporte.
 
Os nosos 52 representantes de todos os cursos de ESO, acompañados dos seus profesores de Educación Física: Pablo Álvarez, Miguel Martínez e Alberto Rodríguez, tiveron que facer uso dos planos de localización para atopar entre oito e dez balizas distribuídas por todo o trazado e nun percorrido aproximado de 2.000 metros. Unha moi boa experiencia na que nos divertimos e practicamos deporte ao aire libre.
Álbum: Escolares -> 2024_02_28_2ª AVA_ESO_Campionato Provincial Escolar de Orientación. Lugo

3º ESO e 1º Bacharelato. Andorra. Viaxe á neve

02-08 / 03 / 2024

 

DÍA 1: 2-3 de marzo de 2024

O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato do IES Río Cabe, acompañados do seu profesorado: Carlos Parada, Raquel Seoane e Iria Trebolle, iniciaron a viaxe a Andorra para desfrutar dunha semana de esquí.

Viaxe tranquilo sen presenza do temporal que previamente ameazaba. Saímos de Monforte de Lemos ás 00:15 horas.

Entramos no hotel en Andorra sobre as 13.30h e xa temos recollido o material. 

Tarde libre por Andorra La Vella ata a hora da cea. Preparándonos para a semana de esquí!

 

DÍA 2: 4 de marzo de 2024

 

Primeiro día de esquí, onde desfrutamos dunha mañá soleada e coas pistas cheas de neve, é dicir, nas condicións ideais para esta práctica deportiva.

 

Todo o mundo esquiando e gozando da actividade con normalidade.

 

DÍA 3: 5 de marzo de 2024

 

Segundo día de esquí por terras andorranas, esquiando todo o mundo e gozando destes días solleiros e con montañas nevadas.

Completaremos a xornada con Caldea.

 

DÍA 4: 6 de marzo de 2024

 

Terceiro día de esquí por Andorra, todas e todos esquiando e vivindo con emoción a experiencia. O cansanzo xa comezou a aparecer mais o bo tempo axuda a vencelo!

 

DÍA 5: 7 de marzo de 2024

 

Último día de esquí nesta Semana Branca 2024 do IES Rìo Cabe. 

Todo o alumnado e profesorado puido esquiar nesta xornada que comezou nubrada e rematou soleada para despedirnos da paisaxe idílica de Andorra.

Cómpre subliñar a afección aos brindos desenvolta nesta derradeira xornada de esquí.

 

O venres, despois de almorzar, toca iniciar a viaxe de volta a Monforte de Lemos.

 

DÍA 6: 8 de marzo de 2024

 

Logo de almorzar, sobre as 9:30 horas da mañá, o alumando e o profesorado do IES Río Cabe puxo rumbo a Monforte de Lemos, cuxa chegada foi sobre ás 23:30 horas. Foi unha semana chea de novas experiencias, anécdotas e bos momentos que recordaremos sempre. Unha semana na que se practicou esquí e se desfrutou da paisaxe andorrana. Ata o ano que vén Andorra!

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_02-08_2ª AVA_3º ESO_1º Bach_Andorra_Viaxe neve

ESO. Carreiras de orientación

21.02.2024

 

O alumnado de secundaria está participando nestes días nunha actividade de iniciación á orientación deportiva dentro das instalacións do IES Río Cabe. 

Esta actividade prepara ó alumnado para o campionato provincial escolar de orientación que terá lugar en Lugo o 28 de febreiro, ó que acudiremos con 4 equipos de 5 alumnos/as.

 Parabéns a todas/os pola participación e a implicación!

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_21_2ª AVA_ESO_Carreiras de Orientación
Distribuir contido