Educación Física

Gañadores torneo de Nadal

Os cursos gañadores do torneo deportivo  de Nadal, que incluía  baloncesto, sogatira e brilé foron os seguintes:

     1º clasificado: 2º ESO A

     2º clasificado: 3º ESO A 

     3º clasificado: 1º BAC A

Os gañadores do torneo de bádminton foron Ximena e Íker.

Dende o Río Cabe felicitamos ós gañadores polo éxito e a todos os participantes polo seu compañeirismo e magnífico espíritu deportivo.

       Noraboa!!!

 

 

Deporte no fin do trimestre

Un intenso primeiro trimestre rematou o pasado 21 de decembro con diversas actividades deportivas no Río Cabe. 

O Departamento de Educación Física organizou campionatos de fútbol sala, baloncesto e sogatira , así como a final do campeonato de bádminton que se veu celebrando durante o trimestre. Neste último, os campións resultaron ser Ximena e Íker, de 3º de Eso.

 Parabéns a ambos!!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nas outras modalidades, os gañadores daranse a coñecer á volta das vacacións. Moi felices festas !!!

 

Excursión ó Courel . Ruta Uxío Novoneyra

 O luns 7 de xuño do 2021 ó alumnado de 1º ESO do IES Río Cabe de Monforte de Lemos fixo a ruta de sendeirismo de Uxío Novoneira na serra do Caurel. Foron acompañados polas profesoras Nuria Mariño, Carmen Morais, María Padrón e Carlos Parada. A actividade estivo organizada polo Departamento de Normalización lingüística, Bioloxía e Educación Física.

 A ruta empezou ás 11h saíndo do pobo de Parada e continuou por Moreda, para adentrarse nas devesas que conforman os 8 km de ruta. O alumnado foi lendo as distintas poesías que aparecen no recorrido e  desfrutando das espectaculares vistas que presenta a serra do Caurel.

 Unha vez na aldea de Parada fixemos unha visita rápida á casa de Uxío Novoneira, guiados pola traballadora da Fundación Uxío Novoneira, Marta

Ó rematar a visita á casa aproveitamos para xantar ó lado da fonte e lavadoiro e baixo a sombra dos carballos.

 Xa de volta paramos a coñecer o pregamento de Campodola, no Concello de Quiroga.

O IES Río Cabe quere agradecer ó Concello de Folgoso de Caurel o mantemento da rota en boas condicións e a Fundación Uxio Novoneyra a súa colaboración dun xeito totalmente desinteresado.

 

Camiñata a Camporrío

 

O alumnado de 1º BAC realizou unha camiñata organizada polos departamentos de Xeoloxía e Educación Física para coñecer o Pregamento Xeolóxico de Camporrío, na parroquia monfortina de A Parte. O alumnado foi acompañado de catro dos seus profesores.

 

Unha clase ó aire libre que resultou moi positiva a todos os niveis.

IES Río Cabe: Espazo Cardioprotexido

Dende hoxe, 23 de decembro, o  Río Cabe é un Espazo Cardioprotexido.

Na nosa procura  de ser un centro o máis seguro posible, quixemos invertir na adquisición dun Desfibrilador Externo Semi-Automático (DESA) e aprender sobre o seu funcionamento, para o que contamos, na primeira xornada de “vacacións” cun experto que nos veu falar do seu correcto uso asícomo  de primeiros auxilios. 

 

 

Charla sobre Nutrición

O pasado 14 de xaneiro tivo lugar, no salón de actos do Río Cabe, unha charla sobre Nutrición impartida pola experta no tema, a nutricionista Olga Yanes Marqués .O alumnado a quen  ía dirixida era o de 4º ESO, 1º de BAC de diúrno, BAC de adultos e Ciclos Formativos de Turismo e Fútbol, Nivel II.

Os obxectivos da actividade consistían en aportar coñecementos en materia de nutrición de cara a mellorar as nosas eleccións  alimentarias  diarias, causando así un impacto positivo na nosa saúde e na da nosa familia, desmitificar falsas crenzas arraigadas durante anos en relación co mundo da alimentación e entender a relación entre actividade física e nutrición.

A sesión incluiu aspectos moi interesantes, como a relación entre alimentación e sobrepeso e obesidade na población adulta, comida ultraprocesada, lectura de etiquetas dos alimentos, dietas para deportistas ou a auga que debemos tomar diariamente.

Unha charla moi instrutiva que esperamos repetir en anos vindeiros.

Andorra: Venres, 24 de Xaneiro

O venres, o noso último día en Andorra, amaneceu soleado e puidemos desfrutar dunha magnífica xornada de esquí. As tres primeiras horas pasámolas cos monitores e recuperamos alguhna das horas perdidas polo temporal do mércores. Tras unha curta parada para xantar esgotamos o tempo nas pistas antes de rematar por este ano, non sen un pouco de magoa por ter que marchar.

Despois de devolver o material e pasar polo hotel a recoller as nosas cousas, emprendimos viaxe de volta a Monforte, moi cansos pero á vez moi satisfeitos duhna semana de deporte e convivencia  que perdurará na nosa memoria.

Álbum: Extraescolares -> Semana Branca 2020

Andorra: xoves 23 de Xaneiro

Despois da intensa nevarada do día de onte, hoxe puidemos gozar dun completo día de esquí a pesar de que ás primeiras horas tivemos escasa visibilidade e moito frío.

 Recuperamos  unha hora de clase que perdemos o día anterior.

 Ao redor do mediodía saíu o sol e acompañounos durante o resto da xornada.

Logo de baixar de pistas aproveitamos para facer as últimas compras e despois de cear preparámonos para ir a Caldea onde o alumnado compartiu os distintos espazos de relaxación con rapaces doutros centros.

 Xa só queda preparar as maletas e repoñer forzas para o último día no Tarter.

 Todo segue dentro da normalidade!

 Mañá máis...

 

Andorra: Mércores 22 de Xaneiro

Este mércores sorprendeunos cunha intensa nevarada á saída do hotel que fixo colapsar o tráfico en Escaldes e impediunos chegar a tempo á zona de esquí no Tarter. É sorprendente que un país que vive das actividades de neve poida quedar bloqueado por situacións climatolóxicas deste nivel.

Logo de chegar á estación fomos xantar e a continuación dedicámonos a esquiar. Foi unha experiencia distinta a que nos permitiu gozar do esquí nunhas condicións ás que non estabamos acostumados.

Completamos outra xornada en Andorra e xa pasamos o meridiano da actividade.

Todo segue dentro da normalidade!

Mañá máis ...

Andorra: Martes 21 de xaneiro

O día de hoxe amenceu nubrado e con precipitacións de neve a partir da media mañá que se prolongaron ó longo de toda a xornada.

O alumnado segue aumentando o seu dominio do esquí e a súa capacidade para superar novos retos.

O cansazo segue manifestándose pero a ilusión por seguir mellorando nesta habilidade deportiva fai que todo sexa máis levadeiro. Todo se mantén dentro da normalidade!

Mañá máis..

Distribuir contido