Língua Francesa
Intercambio con Francia - París e Disney
O mércores 29 de marzo, o noso alumnado visitou París.
A Torre Eiffel
O Museo Louvre
Deron un paseo en barco polo Sena
E visitaron o Quartier Latin
Fontaine de Saint Michel
No día de hoxe, xoves, visitaron Disney, un bo xeito de rematar a viaxe. Boa viaxe de volta!!
Intercambio en Francia - Tours e París
Os nosos estudantes pasaron o día en Tours, visitando o casco antigo.
O pazo de Xustiza
No día de onte, martes, visitaron París.
Montmartre
Intercambio con Francia
O mércores 22 de marzo á noite, alumnos e alumnas de 4º ESO do Río Cabe partiron cara Francia para participar nun intercambio escolar que durará unha semana.
Fixérono acompañados da súa profesora da Asignatura, Pilar Rodríguez.
A primeira parada foi Burdeos.
No segundo día istaláronse coas familias; podémolos ver cos seus "correspondants" no Instituto Édouard Branly de Chatellerault.
Ó día seguinte, visitaron o Parc de Futuroscope.
San Brais
Seguimos de celebración, neste caso o San Brais. Aproveitamos o día e as súas típicas roscas para obter
algún diñeiro para a excursión dos rapaces de 4º ESO a Roma, a fin de curso . Un éxito total!! Parabéns @s
reposteir@s!!
La Chandeleur
O pasado xoves, 2 de febreiro, celebramos no Cabe a festividade de “La Chandeleur”. En Francia é costume celebrar esta data comendo “crêpes” en familia e entre amigos; eso mesmo quixo facer o alumnado de 4º ESO da asignatura de Francés, acompañado da súa profesora Pilar, polo que convidaron a compañeiros e profesorado con esta doce delicia.
Proxecto final do módulo de Francés do CS Guía, información e asistencia turísticas
Queres descubrir os segredos da capital da Ribeira Sacra?
Convidámosvos a coñecer Monforte de Lemos da man do alumnado do Ciclo Superior de Turismo, que realizou un vídeo promocional na nosa cidade como proxecto final do módulo de Francés.
Parabéns a todo o alumnado implicado e a súa profesora Noelia Besteiro!! Moi bo traballo!!
On y va!
Por que escoller o Francés como segunda lingua?
1. Porque ten continuidade ó longo da ESO e o Bacharelato, o que permite acadar o nivel A2, B1 ou mesmo B2 do MCERL.
2. Porque poderás conseguir a certificación dos niveis A2, B1 e/ou B2 grazas ás probas do DELF, proba recoñecida a nivel internacional e ponderable en múltiples oposicións. Ademáis, grazas a ese B1 cumprirás co requisitos dalgúns graos para poder titular e para optar ás bolsas Erasmus ós países francófonos.
3. Porque che ofrece a posibilidade de subir a nota na parte voluntaria da ABAU ponderando 0,2 no acceso a diferentes graos.
4. Porque é unha das 5 linguas máis solicitadas a nivel laboral xunto co inglés, o chino, o alemán e o portugués.
5. Porque é unha lingua falada por 270 millóns de persoas entre os cinco continentes e che abrirá moitos portas á hora de viaxar e coñecer xente nova.
Ultimos días e retorno da viaxe a Francia
Hoxe domingo, alumnado e profesorado visitaron o Museo do Louvre durante aproximadamente dúas horas e media.
Logo visitaron a marabillosa catedral de Notre Dame
Para repoñer forzas, xantaron no Barrio Latino e logo descansaron un pouco nos Xardíns de Luxemburgo.
Para rematar un día intenso pero inesquecible, visitaron o Panteón dos Homes Ilustres.
E como despedida, que mellor que pasar o último día en Disney!!
Alumnado do Río Cabe en viaxe a Francia
O pasado xoves, 12 de maio, alumnado de 4º Eso e 1º de Bac do Río Cabe partiu, acompañado da súa profesora de Francés, Pilar Rodríguez, a Francia, nunha viaxe conxunta co instituto de A Pinguela.
En ruta cara París, a súa primeira parada foi na preciosa capital do río Garona, Burdeos.
Xa en París,na segunda xornada da viaxe, a obrigada visita á Torre Eiffel, o Arco de Triunfo e máis tarde Montmartre.
Les Sablés de Noël
As alumnas do segundo ano de Bacharelato, acompañadas de Pilar, a súa profesora de Francés, invitáronnos a degustar unhas deliciosas Sablés de Noël que elas mesmas elaboraron. A degustación tivo lugar no recreo do pasado xoves,19 de decembro.
Ademais as alumnas fixeron uns posters que colocaron á entrada do centro coa receita das pastas explicadas paso a paso, así que non queda xa excusa para non repetir. Félicitations à tous!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »