Relixión

1º BACH. Busca ovos de Pascua polo instituto

09.04.2024

 

O día 9 de abril o alumnado de 1º de BACH - A na clase de Relixión da profesora Ángeles Vázquez fixo unha busca de ovos de Pascua aproveitando a época de Pascua na que estamos.

Foron por todo o centro, dentro e fóra, e atoparon todos os ovos, seguindo unhas pequenas pistas, e, ao atopalos, degustáronos!. Foi un tempo ben entretido.

 

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_04_09_3ª AVA_1º BACH_Busca ovos de Pascua_Relixión

2º de ESO visita o mosteiro de Samos e a cidade de Lugo

O día 25 de maio o alumnado de relixión de 2º ESO disfrutou dunhna saída a Samos e a  Lugo, acompañados polas súas profesoras Ángeles Vázquez e Nuria Mariño.  A primeira parada foi en Samos, onde tiveron unha visita guiada polo Mosteiro para ver o monumento ao P. Feijoo, o claustro gótico ou das Nereidas, as pinturas murais e a igrexa monacal da Abadía. É o mosteiro habitado máis antigo de Galicia, situado no camino de Santiago. 

 

Tras esta visita foron ata Lugo, onde tras un pequeño refrixerio deron unha volta completa á muralla romana, subindo pola porta de San Pedro, lugar de entrada dos peregrinos á cidade ao vir polo camiño Primitivo. 

 

Para recuperar forzas trala camiñata visitaron un centro comercial onde xantaron e deron unha volta polas tendas. 

Pola tarde foron visitar a Catedral de Lugo, Patrimonio da Humanidade xunto coa  muralla, onde viron o claustro recén restaurado e unha exposición sobre Semana Santa; logo dentro foron vendo as distintas capelas, o altar Maior ,observando os distintos estilos que conforman a catedral, románico, barroco e neoclásico, e por último o museo catedralicio, que conserva pezas da Ribeira Sacra como o Crismón de Quiroga. Terminada a visita emprenderon viaxe de volta a  Monforte, tras pasar unha xornada cultural e lúdica.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Excursión de 1º e 2º de ESO a Lugo

 

O día 8 de Febreiro os alumnos de 1º e 2º da ESO de Relixión visitaron a cidade de Lugo, onde pasaron unha xornada cultural e lúdica.

En primeiro lugar fomos á Catedral,onde visitamos o claustro,o museo diocesano, subimos ás torres e por último pasamos pola nave da catedral,admirando as súas capelas e o altar maior. Despois nos trasladamos ao MIHL, onde puidemos contemplar exposicións e un video sobre a historia da cidade, como se foi construíndo. Tras esta visita tocaba ir a comer ás Termas. Á tarde fixemos un pequeno tramo do Camiño Primitivo dende a Porta de San Pedro ata a Catedral. Alí subimos á Muralla romana. Tralo recorrido volta para Monforte.

Alumnado da materia de relixión en Astorga

O día 26 de abril alumnado da materia de relixión, de terceiro e cuarto da ESO, foron a Astorga de excursión. Alí, en primeiro lugar visitaron a catedral e o seu museo. Despois acudiron ao Palacio episcopal de Gaudí. Antes de comer trasladáronse ao Museo Romano, onde escoitaron as explicacións da guía e viron un vídeo.

Despois do xantar un pouco de relax e visita turística a cidade. Ás 16:30 entraron ao museo do chocolate, onde unha vez rematada a visita probamos tres tipos de chocolate. Regresaron a Monforte tras un día didáctico e ameno.

Álbum: Extraescolares -> Astorga 2018: 3º e 4º ESO

Viaxe ao Belén de Begonte do alumnado de 1º e 2º de ESO

No día de hoxe, xoves 18 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Río Cabe realizou unha viaxe a Begonte e a Lugo. Á primeira hora visitaron o Belén de Begonte, declarado de interese turístico galego, con multitude de figuras móbiles e no que se representan varios fenómenos atmosféricos (neve, tormentas...).

A continuación desprazáronse á Catedral de Lugo para visitar o museo catedralicio e subir ás torres, desde as que se contemplan unhas magníficas vistas da catedral, da muralla e da cidade de Lugo. Despois de facer unha parada para comer, visitaron o Centro de Interpretación da Muralla, para volver a continuación a Monforte de Lemos.

Resultou unha visita moi entretida e interesante para todo o alumnado, que foron acompañados pola profesora de Relixión do centro e organizadora da actividade, Ángeles Vázquez, e a profesora de lingua galega Luz Díaz.

Álbum: Extraescolares -> Begonte 2018

Excursión a Begonte e Lugo

O alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Relixión  realizou unha excursión na que en primeiro lugar viron o Belén electrónico de Begonte. Tras esta visita estiveron en Lugo onde visitaron a catedral tras pasar pola Porta Santa; a Domus do Mitreo onde viron os restos dun templo  e unha casa romanos, o museo provincial con variedade de obras de arte desde mosaicos romanos, arte sacra, arte galega, arte moderna , e finalmente remataron a excursión cunha  volta a muralla romana.

Excursión a Astorga

O día 30 de Abril, alumnos de Relixión de 2º,3º e 4º de ESO e 1º de  BAC foron de excursión a Astorga. Alí visitaron a Catedral e o seu museo, o Palacio de Gaudí, o Museo Romano e o Museo do Chocolate. Nos diversos museos puideron ver mostras de arte, desde o romano, pasando polo gótico, barroco, románico, renacentista, arte sacro, arte popular….

Nos museos romano e do chocolate asimesmo puideron ver uns vídeos, no romano recreando a historia dunha moza da que conservan a lápida no museo e no do chocolate como se elabora dito produto. En resumo, foi unha xornada moi instrutiva á vez que lúdica.

Distribuir contido