Orientación
Obra de teatro "Desexos" no multiusos para 4º ESO.
Hoxe, 7 de novembro do 2024, o alumnado de 4º da ESO acudiu ao Multiusos de Monforte para asistir a representación da obra teatral “Desexo” dirixida por Diego Rey da compañía Talía Teatro e interpretada por Marta Ríos e Dani Trillo.
Trátase dunha obra que aborda temas como a falta de educación afectivo-sexual, o manexo dos desexos, o uso da pornografía, as primeiras veces ou a falta de comunicación, todo elo dende a comedia.
Logo da representación teatral, o alumnado participou nun coloquio sobre cuestións relacionadas coa obra teatral coa sexóloga Bárbara Penas.
O alumnado acudiu acompañado pol@s profesoras/es María, Beatriz, Elba e Oscar.
Parabéns ó alumnado polo seu comportamento, ó profesorado por acompañalos e o Concello por organizar esta actividade.
Educación Emocional con cabalos. 3º e 4º PDC. Finca El Carmen. Fiolleda.
O luns, 20 de maio de 2024, saímos co alumnado de 3º e 4º de PDC a realizar distintas actividades con cabalos a Fiolleda. Foron acompañados pola Orientadora do centro, Marta Paredes.
Foi unha xornada diferente, ó aire libre en contacto coa natureza, xestionando e recoñecendo as emocións e superando medos cuns compañeiros de catro patas formibables; Vincios, Sara, Kitty, África, Terra e Jackey, coa axuda de Candy, Iria, Mar e Suso. Unha experiencia brutal e formidable que, con gusto, repetiremos.
ESO: Luísa Astray. Xornadas prevención conduta aditiva
Curso 2023-2024
Durante este curso 2023/2024 estamos a levar a cabo nos cursos da ESO xornadas de prevención de conduta aditiva da man de Luísa Astray.
4º ESO. Relatorio Forzas Armadas
21.03.2024
Na mañá do 21 de marzo o alumnado de 4º ESO acudiu a un relatorio das Forzas Armadas. Dende a Subdelegación de Defensa de Lugo acompañáronnos no IES Río Cabe a Subtenente do Exército do Aire e do Espazo dona Marta Méndez Rodríguez, e a Soldado dona Miren Maite Novo Aramburu. Elas explicáronlle ao alumnado os pasos que se deben seguir para formar parte das Forzas Armadas, os diferentes rangos que existen e as probas que se deben realizar. así como as súas experiencias dentro das Forzas Armadas. Moitas grazas por acudir ao IES Río Cabe!
2º Bacharelato: Visita o Campus de Ourense (UVigo)
19.03.2024
O alumando de 2º Bacharelato, acompañado da profesora Fe Tellado, visitou o Campus de Ourense (UVigo) onde puideron coñecer de primeira man as facultades e ter información sobre os diferentes graos que neste campus se ofertan. Foi unha mañá moi produtiva. Esta actividade enmárcase dentro do ciclo que as universidades de Galicia ofrecen aos centros educativos para que poidan visitar os seus campus.
3° ESO. Obradoiro do CIM: Hackeando ao machismo
12.03.2024
O alumnado de 3º ESO participou nun obradoiro donCentro de Información á muller denominado: Hackeando ao machismo. Foi moi interesante e cunha chea de coñecementos que lles axudan a reflexionar sobre esta situación que vive a nosa sociedade co machismo e, con este tipo de actividades, temos ferramentas para combatelo e eliminalo.
Visita do alumando de 6º EP do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos de Monforte de Lemos e do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos
01.02.2024
06.02.2024
O alumnado de 6º EP dos colexios de Monforte de Lemos CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos e do CEIP A Gándara visitaron o noso centro. Agardamos que fose do seu agrado e esperamos velos o próximo curso.
3º ESO_4º ESO_EduReferentes
15.01.2024
O 15 de xaneiro tivemos o pracer de contar no noso centro co Proxecto EduReferentes que ten como finalidade achegar ao noso alumnado, información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento sobre o mundo laboral, dende unha perspectiva de xénero.
Con tal motivo tivemos a visita da Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa; Judith Fernández Novoa e a Xefa Territorial de Lugo Sagrario Sánchez Ramil, acompañando a Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia e a Susana Pérez Crespo coordinadora do programa.
Nesta ocasión tivemos o pracer contar cos testemuños de grandes referentes nos seus respectivos ámbitos laborais, mil grazas e unha forte aperta para Isabel Aguirre e Marivi Iglesias.
O alumnado que acudiu aos relatorios foi o de 3º ESO e 4º ESO, o cal gozou moito da experiencia. Unha vez rematados os relatorios, o alumnado de 3º ESO participou nun taller do proxecto.
O 1 de marzo tiveron lugar as sesións de mentoría individualizada co alumnado seleccionado de 3ºESO da man de Mariví.
Pica AQUÍ para ler a notica na web do Portal Educativo - Xunta de Galicia.
4º ESO. CIM. Obradoiro de Educación Secundaria CON(SENTIDO) Prevención da violencia sexual
22.11.2023
O 22 de novemebro o alumnado de 4º ESO recibiu un obradoiro impartido por Paula do Centro de Información á Muller (CIM) cuxo título é CON (SENTIDO) Prevención da violencia sexual. Nel puideron explicar e debater sobre as relacións afectivas e tratar o tema da prevención da violencia sexual. Foi un obradorio que contou con grande acollida por parte do alumnado e do profesorado.
3º ESO PDC - 4º ESO PDC - Paintball de Sober
11.10.2023
O 11 de outubro o alumnado de 3º ESO PDC e o alumnado de 4º ESO PDC acompañados das súas profesoras Carmen Quiroga e Rocío López participaron nunha actividade organizada polo equipo de Benestar Emocional do IES Río Cabe.
Tratouse dunha xornada de convivencia que se desenvolveu nas instalacións de AVENTURA SACRA en Sober, durante a cal o alumnado practicou o Paintball poñendo de manifesto a importancia que ten a colaboración e traballo en equipo no deseño e posta en práctica das estratexias de cada un dos equipos.
Resultou ser unha xornada ben proveitosa na que desfrutaron ao máximo desta experiencia.
E... xa esperando pola seguinte!
Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »