Física e Química
1º de Bac visita a Fábrica da luz, o Museo da Enerxía e as Médulas
Bioloxía-Xeoloxía e Física e Química.
O martes 16 de maio os alumnos/as de 1º Bacharelato realizaron unha saída organizada polos departamentos de FísQuim e BioXeo conxuntamente, acompañados dos seus profesores José Manuel Gil e María Padrón.
Pola mañá realizaron unha visita Á Fábrica da Luz, Museo da Enerxía de Ponferrada, espazo onde o carbón é o actor principal durante todo o seu percorrido.
O museo está ubicado na antiga central térmica da Minero Siderurxia de Ponferrada (MSP), que estivo en funcionamento entre 1920 e 1971.
Durante o percorrido puideron descubrir como se producía a electricidade a partir do carbón a principios do século pasado e coñecer as particularidades da sociedade daquela época.
Pola tarde e despois dun bo xantar, visitaron as Médulas, considerada a maior mina a ceo aberto da época romana e declarada Patrimonio da Humanidade e unha das maiores obras de enxeñería da Antigüidade.
A visita guiada consistiu nun percorrido circular de 3 km para desfrutar dun dos últimos frentes da explotación onde os romanos abandonaron o xacemento.
O percorrido é un paso polo interior da mina, entre un labirinto de “piecuezos” vermellos e castiñeiros centenarios. Este percorrido axuda a recoñecer o que está pola zona arqueolóxica e a función que tivo cada punto de interese (lagos, asentamentos, miradores,…)
Foi unha xornada de convivencia memorable…
Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia
O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Coas actividades levadas a cabo nesta conmemoración, o que se pretende é visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando referentes femininos para a infancia, así como fomentar prácticas que conduzan a alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico.
No Río Cabe, este obxectivo levounos á participación nunha charla- debate online con mulleres científicas da universidade de Vigo, que nos explicaron as súas traxectorias profesionais e ás que o noso alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de preguntar dúbidas respecto ás carreiras que poden escoller relacionadas coa ciencia. A actividade estivo organizada por José Manuel Gil, colaborando na parte técnica Xurxo Labrador, profesores do departamento de Física e Química do noso centro, a quenes agradecemos a súa implicación e traballo.
Olimpíada Internacional de Física - Lituania 2021
Os pasados 19 e 21 de xullo tivo lugar a Olimpíada Internacional de Física (IPhO 21) , que tería que ser celebrada de xeito presencial en Lituania e se fixo online por mor da Covid 19. Nela participaron 76 países e arredor de 370 concursantes. Os cinco rerpresentantes españois participaron dende Madrid , onde se reuniron durante cinco días.
Brais Rodríguez Rodríguez, alumno do IES Río Cabe, conseguiu estar nesa final e ser o único representante español en obter unha mención de honor., co que demostrou novamente ser un alumno excepcional.
No Río Cabe sentímonos profundamente orgullosos de Brais e de ter participado na súa formación e queremos unha vez máis felicitalo, ademais de por ser unha magnífica persoa, polos merecidos éxitos obtidos que, estamos seguros, seguirán aumentando.
Parabéns, Brais!!!
Olimpíada de Física. Pase á final nacional
Proceso das Olimpíadas de Física durante a fase local
A nivel da Comunidade Galega, as Olimpíadas de Física trascorreron o día 5 de marzo, venres, e foron realizadas de xeito telemático. Cada alumno e alumna que se presentou tiña un tempo para resolver dende o seu propio domicilio unha serie de cuestións relacionadas coa Física, relacionadas coa termodinámica, a cuántica, a relatividade, a mecánica, o electromagnetismo... Unha vez resoltas tiñan que ser enviadas nun curto espazo de tempo, ben escaneadas, ben fotografiadas para seren avaliadas. Días antes, debían facer un pequeno simulacro para ter claros todos estes procesos.
Brais Rodríguez, do IES Río Cabe, superou esta esixente primeira proba. A confianza nel era total, xa que ten unha sobrada capacidade para relacionar conceptos, supoñer relacións causa-efecto e modelizar problemas de acordo ós contidos que ó longo do súa etapa educativa foi adquirindo.
O próximo paso serán as probas nacionais, onde concorrirán outros excelentes estudantes. Máis aló, a Olimpíada Iberoamericana de Física e a International Physics Olympiad.
De ter máis interese no proceso e, en xeral na Física pódese atopar información na web https://rsef.es/.
É palpábel para todos e todas que a sociedade actual está infoxicada de datos, opinións, terxiversacións, explicacións simplistas e mentiras. En contraposición, o carácter formal das ciencias duras e en particular da física -xunto con outras materias- aporta ós alumnos e alumnas unha capacidade de análise e recoñecemento da realidade moi potente.
Son estes estudantes, que chegarán a ser adultos máis difícilmente manipulabeis, quenes terán na súa man a conservación e mellora das condicións de existencia da humanidade e do planeta. Presumiblemente no só chegarán a ser cidadáns (enténdase como colexisladores que guían o seu propio destino), serán capaces tanto técnica como políticamente de enfrentar en sociedade problemas que nos afectan a todos e todas.
En particular, os máis brillantes deles, os que reciban o apoio social necesario para o seu desenvolvemento máximo poderán ser -sempre que así o desexaran- os catalizadores dun futuro mellor, quizáis inimaxinable hoxe, pero que redundará tanto neles como nos demáis membros da sociedade. Nunca máis deberiamos permitir que un país expulse o seu maior talento porque non se apoie a investigación, tanto na empresa coma na universidade pública.
Pero, á vez, tamén debe terse en conta que non ha de ser responsabilidade exclusiva deles acadar mellores cotas de calidade de vida, desenvolvemento e progreso. É tarefa de toda a sociedade, informada, libre e organizada avanzar no bo camiño.
O ensino público ten e terá coma obxectivo contribuir a isto.
Juan Redondo Ameijeiras. Profesor do Depto de Física e Química no IES Río Cabe
A clave do éxito
Onte luns, na conferencia que Álvaro Goyanes impartiu no Río Cabe, o alumnado de 2º Bac aprendeu algunas nocións do que é imprescindible para acadar o éxito, neste caso do mundo empresarial. Álvaro contounos cómo foron os principios da súa empresa, FabRx , compañía adicada á impresión 3D de medicamentos personalizados e punteira a nivel mundial.
Falou do tesón, perseverancia, sacrificio, dedicación e do moito traballo que se necesita para saír adiante. Tamén de que o éxito non se acada ó momento, non é instantáneo, inclúe reveses, caídas e voltas a empezar. Animounos a vencer o que cremos (ou nos din), imposible. Todo é imposible ata que se fai. Todo é parte da aprendizaxe. E do factor sorte, que é importante, pero a pesar de selo, non hai sorte sen traballo duro.
Recalcou o importancia de viaxar, coñecer xente, respectar o diferente e aprender de todo o que nos rodea.
Lembramos con el o seu paso polo noso instituto e as experiencias inolvidables que viviu con amigos e compañeiros.
Unha charla moi enriquecedora e pola que queremos dar as grazas a Álvaro, esperando velo de novo en futuras ocasións.
Mes da Ciencia en Galego; "Entre libros, probetas, pipetas e matraces"
Con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego, o equipo da biblioteca, Flor Lemos e Xurxo Labrador, en colaboración cos departamentos de Física e Química e Bioloxía, organizaron na biblioteca do Cabe unha exposición de distintos aparellos e material dos laboratorios, que leva por nome “Entre libros, probetas, pipetas e matraces”.
Os distintos grupos de alumn@s están acudindo a ver a exposición e atendendo ás explicacións dos profesores do departamento, que lles fan de guías. Queremos agradecer a Xurxo R. Labrador, José Vicente Duarte e Juan Redondo a súa colaboración e o entusiasmo que mostran nas súas valiosas explicacións .
Ademais da exposición, dende a biblioteca se nos fai unha serie de recomendacións de lecturas relacionadas coa ciencia. Podemos seguilas nos seguinte enlace: http://bibliocabe.blogspot.com/
Conferencia sobre o ozono ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC
O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC participou no día de hoxe, mércores 29 de novembro, no salón de actos do centro nunha actividade proposta por Ignacio Ramírez, estudante de doutorado no EPhysLab da Universidade de Vigo (Departamento de Física Aplicada da Universidade) e que actualmente traballa na recuperación e validación de medidas de ozono troposférico.
Esta actividade desenvólvese coa axuda do Consello Social da Universidade de Vigo e coa colaboración da Real Academia Galega de Ciencias, xa que este ano adícase a BALTASAR MERINO o día da Ciencia en Galicia 2017.
De feito, o primeiro que poidemos ver na conferencia foi o seguinte vídeo sobre Baltasar Merino Román e na segunda parte Ignacio Ramírez explicounos o método Schönbein para medir o nivel de ozono presente no ambiente.