Educación Física

Primeiro día na neve

Primeiro día de contacto coa neve en Andorra.  O  espertar presentouse duro polo cansazo acumulado na viaxe do día anterior, pero a ilusión por comezar a esquiar eliminou todo o negativo de erguerse ás 7h.

Almorzamos e subimos á estación de El Tarter e logo de probar a dureza de convivir coas botas de esquí, empezamos o curso cos monitores dende as 10h ata as 12h.

Transcorridas 2 horas de esquí,  a maior parte dos participantes puideron ter una experiencia positiva. Dende as 12h ata as 14h houbo esquí libre antes de xantar.

Cando aparecían os primeiros síntomas do cansazo, tocou  volver a esquiar ata as 16:45h.

A partir desa hora, todos volvimos ao autobús e a repoñer forzas para seguir mañá coa mesma ilusión.

Continuaremos informándovos.

Campionato de Brilé

O  pasado decembro  o Departamento de Educación Física e en especial  a xefa do departamento, Berta Seoane, puxo en marcha un Campionato de Brilé entre alumnos dos distintos cursos de Eso e Bacharelato e o profesorado.

Os primeiros partidos celebráronse o  día 20 de decembro,  como actividade de remate de trimestre, e resultaron gañadores  alumnos de ESO.  O campionato continuará durante o segundo trimestre, durante os recreos marcados polos profesores e irémosvos informando sobre os resultados.

Moitos ánimos e sorte a todos os participantes!!

Chegada a Andorra

O alumnado do IES Río Cabe  participante na Semana Branca e o profesorado acompañante xa se atopan perfectamente acomodados no hotel Cosmos de Andorra la Vella.

Saíron o sábado ás 23.45h de Monforte e logo de cruzar toda a península de Oeste a Leste chegaron ó mediodía ao seu destino.

Entraron no hotel entorno ás 14 horas  e logo de facerse cargo dos cuartos puideron xantar en Andorra e xa ás 17.30 tiveron que recoller o material no Tarter.

Para rematar a xornada cearon no hotel e descansarán ata o luns ás 7h da mañá ,que terán que erguerse...

 Mañá máis...

Semana Branca en Andorra

O alumnado de 3º de Eso e 1º de Bacharelato partiu na noite do sábado 19 de xaneiro cara a Andorra, acompañado do seu director  e organizador da viaxe Carlos Parada, así como da xefa de estudos de nocturno, Patricia Barrientos, e a profesora do departamento de Matemáticas Iria Trebolle.

Nesta viaxe  algúns aprenderán a esquiar, outros perfeccionarán a súa técnica, e todos compartirán unha semana de experiencias e emocións intensas. Con moitas ganas e tamén algúns nervos , saíron da estación de autobuses a onde as súas familias os foron despedir.

A todos eles lles desexamos unha moi feliz semana!!

Andaina ó Caurel do alumnado de 1ºESO

O pasado luns o alumnado de 1ºESO fixo durante toda a xornada unha ruta de senderismo polo Caurel. O percorrido foi pola ruta Uxío Novoneyra

A actividade foi organizada polo departamento de Educación física.

Ciclo Técnico deportivo en Fútbol na Mostra FP Lemos

 

Dentro da Mostra de FP, á que nos referimos noutra entrada, estaba o Ciclo de Técnico deportivo en Fútbol Nivel I, titulación  necesaria  para desenvolver a  función de adestrador dun dos deportes con maior  número de practicantes do país: O fútbol. 

Os alumnos do centro foron encargados de orientar, explicar e divulgar  en que consiste  este ciclo,  así como  as saídas profesionais desta formación, ademais de levar a cabo varias actividades demostrando as habilidades, destrezas e  coñecementos adquiridos durante o proceso formativo.  Neste sentido realizaron pequenos retos  de habilidades e destrezas co balón de fútbol, así como circuítos de condución  e situacións de 1x1.  En todas estas actividades os alumnos do ciclo ían dando pautas aos participantes da mostra de como mellorar a súa eficacia na realización das actividades.

 A nivel xeral a experiencia é  moi construtiva, xa  que permite  visualizar  un dos ciclos formativos menos coñecidos da contorna, ademais  de que só existen 3 centros públicos en Galicia que ofertan este tipo de formación.

 

Viaxe a Andorra do alumnado de 3ºESO e 1ºBAC

venres 25 de xaneiro:

Finaliza a estancia en Andorra! Ás 21:00 virán de volta. A hora prevista de chegada será sobre as 9:30 do sábado.

Neste último día de esquí, polo que vemos nas imaxes disfrutaron moitísimo da experiencia. Seguro que todos volven con ganas de repetir e terán moitas anécdotas que contarnos.

Boa viaxe!

 

Xoves 24 de xaneiro:

Outro día de neve! Xa é xoves e continúan emocionados. Esquiaron todos e según nos din comezaron o día con moita neve e remataron con sol.

Logo de cear irán ó Balneario de Caldea ás 21 horas.

Mércores 23 de xaneiro:

Hoxe foi un día moi variado, como podedes ver nas preciosas fotografias que acaban de enviarnos.

Tamén estiveron patinando sobre xeo no impresionante Palau de Geu de Canido:

 

Martes 22 de xaneiro:

No segundo día de clases, todos están disfrutando moito da experiencia e, como podedes ver nas imaxes, están perfectamente.

 

Luns 21 de xaneiro:

Despois dun intenso día de neve no que todos puideron esquiar e asistir ás clases cos monitores... Dinnos que están todos moi ben e moi contentos... con gañas de aprender máis mañá!

 

 

Domingo 20 de xaneiro:

44 alumnos de 3º ESo e 1º BAC emprenderon esta madrugada unha viaxe a Andorra acompañados por tres profesores. (Carlos, Miguel e Beatriz).

Nesta imaxe podedes velos nun momento da longa viaxe en autobús que os levou ata o seu destino.

Chegaron ben e acaban de dicirnos que cearán ás 20:45. Mañá ás 7:35 almorzarán antes de comezar a súa primeira xornada de esquí. Desde a web informaremos cada día das noticias que vaian compartindo.

 

 

Torneo de Brilé o último día do trimestre

Nas tres últimas horas do venres 21, alumnado e profesorado compartimos espazo e diversión no Torneo de brilé no que participaron todos os grupos de alumnado do centro e tamén varios profesores.

A actividade,organizada polo Departamento de EF, permitiunos disfrutar dunha xornada distinta para rematar a 1ª avaliación.

Viaxe coa alpinista Chus Lago na charla "Sobre huellas de gigantes"

 

O profesorado do centro e alumnado de 4º de ESO e 1ºBAC presenciou este venres, nun Salón de actos abarrotado, o relato apaixoante que nos regalou a alpinista Chus Lago. Cun silencio sobrecolledor cando se trata de adolescentes, escoitamos asombrados un relato de viaxes impresionantes que ía acompañado de música de fondo e imaxes moi ilustrativas das aventuras vividas por esta exploradora. Coas palabras engaiolantes de Chus viaxamos á Antartida, chegamos  á cima do Everest, paseamos por Laponia, imaxinamos desertos polares...pasamos verdadeiro frío, aprendemos o valor dos retos e tamén puidemos reflexionar sobre a posibilidade de cumplir soños imposibles e o significado da soidade e dos silencios en circunstancias extremas.

Todos quedamos impactados coa valentía desta muller pioneira, que nos anunciou con paixón o seu próximo reto, no que estárá acompañada por outras dúas mulleres coas que percorrerá Siberia.

En Bibliocabe podedes ler máis sobre o tema posto que co "lema Viaxeiras, intrépidas, exploradoras, aventureiras, ...: Mulleres!!", celebrarase o Día da Muller na Biblioteca durante todo o curso, motivo polo que tamén se colaborou coa presenza desta grande pioneira.. 

Agardamos escoitar  de novo a Chus Lago transmitindo tanto entusiasmo. 

Rota de Sendeirismo Uxío Novoneira 2018 - Alumnado de 1º ESO

O alumnado de 1º ESO realizou a rota de Sendeirismo do Poeta Galego Uxío Novoneira o luns 4 de xuño de 2018.
 
A rota parte da aula da Natureza de Moreda no Concello de Folgoso de Caurel e logo de pasar pola aldea de Moreda pasa por diante da casa do Poeta e remata no punto de partida. Son 8 km de ruta por sendeiros e algún tramo de asfalto ó longo do cal @s alumn@s foron lendo os poemas que están situados na rota e observando as distintas plantas presentes no percorrido.

A Actividade foi realizada en colaboración cos Departamentos de Educación física, Normalización Linguística e Bioloxía. Os profesores acompañantes foron Carmen Quiroga, Gonzalo Fernández e Carlos Parada.

Facendo click na imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade.

Álbum: Extraescolares -> Rota de senderismo 2018 - 1º ESO
Distribuir contido