Rota de Sendeirismo Uxío Novoneira 2018 - Alumnado de 1º ESO
O alumnado de 1º ESO realizou a rota de Sendeirismo do Poeta Galego Uxío Novoneira o luns 4 de xuño de 2018.
A rota parte da aula da Natureza de Moreda no Concello de Folgoso de Caurel e logo de pasar pola aldea de Moreda pasa por diante da casa do Poeta e remata no punto de partida. Son 8 km de ruta por sendeiros e algún tramo de asfalto ó longo do cal @s alumn@s foron lendo os poemas que están situados na rota e observando as distintas plantas presentes no percorrido.
A Actividade foi realizada en colaboración cos Departamentos de Educación física, Normalización Linguística e Bioloxía. Os profesores acompañantes foron Carmen Quiroga, Gonzalo Fernández e Carlos Parada.
Facendo click na imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade.