Educación Física

Campionato de brilé

 

Durante o último mes de clase levouse a cabo no Río Cabe un campionato de brilé no que participaron alumnado e profesorado. Enmárcase dentro do Dafis, proxecto do departamento de Educación Física, dentro dos Plans Proxecta. 

 

Resultou gañadora a clase de 3º - A de ESO. Parabéns ós gañadores!!!!

 

 

“Educación para a saúde: prevención de condutas adictivas”

 

 O  IES Río Cabe ten o  pracer de convidalos á charla “Educación para a saúde: prevención de condutas adictivas”  que terá luga o próximo mércores, 8 de xuño, ás 20:00h no salón de actos do centro. A charla será impartida por Luísa Astray, educadora social  da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

 

Deporte no Cabe: xornadas de piragüismo

O pasado martes, 10 de maio, o club da nosa vila, Quixós, organizou unha agradable xornada de piragüismo para o noso alumnado de 4°ESO polo río Cabe.O día anterior, membros do club deron ó alumnado unha charla a e 2º ESO, (quen repetiu a xornada deportiva os días 18 e 20 de maio) para mostrarlles as nocións básicas sobre a práctica deste deporte.

Esta actividade está enmarcada dentro da campaña escolar "Deporte Educación", a través da colaboración da Deputación de Lugo, a Federación galega de piragüismo e o propio club, co fin de promocionar e difundir dita disciplina. A todos eles queremos agradecer a oportunidade que nos deron de probar un deporte tan completo e sobre todo, o esforzo e atención exquisita que nos dedicaron.

Podemos afirmar, vendo as caras do alumnado, que o obxectivo se cumpriu: todos gozaron da experiencia!!






 

 

 

Xornada de despedida en Valencia

Última xornada en Valencia para o noso alumnado do ciclo deportivo en fútbol, na que tamén estivo presente o director do instituto e profesor no ciclo, Carlos Parada.

 Comezaron o día con dúas  charlas de alto nivel.

 A primeira sobre nutrición deportivo, co especialista Jesús Sanchís: "10 claves sobre alimentación para mejorar la formación del jugador".

 A segunda co corpo técnico do Valencia CF feminino encabezado por Andrea Esteban que afondaron sobre diversos aspectos do xogo dende as ABP ate xestión do grupo.

 Pola tarde, poideron interactuar coa adestradora do feminino B , Natalia García, e o seu corpo técnico antes de empaparse da identidade do club con Urko Cherta.

 

 

 

 

Segunda xornada en Valencia

O alumnado do ciclo de técnico deportivo en fútbol vivenciaron hoxe outra intensa xornada de fútbol na cidade deportiva de Paterna.

Comezou a xornada matinal co visionado do adestramento do Xuvenil A do Valencia, acompañados do noso anfitrión, Miguel Alonso (xefe do departamento de preparación física).

Como xa é habitual, ao finalizar o adestramento puideron charlar co corpo técnico do equipo.

Comezaron a xornada de tarde presenciando unha reunión dos técnicos da base e finalizaron co visionado de diferentes adestramentos.

O alumnado do ciclo de fútbol visita o CF Valencia

O alumnado do ciclo de fútbol chegou, este luns 25 de abril, a Valencia, acompañado dun dos seus profesores, Gabriel, para visitar á cidade deportiva de Paterna. A viaxe organizouse co alumnado e profesorado do IES Universidade Laboral de Culleredo.

Na xornada da mañá de hoxe, martes 26, comezaron cunha visita ás instalacións e o  visionado dos adestramentos  do Valencia feminino, do xuvenil A e do Valencia Mestalla. 

Un momento destacado foi a charla a pé de campo co corpo técnico deste último:  Ángulo (adestrador), Raúl Pérez (2° adestrador) e Sergi Benet (PF).

Na xornada de tarde, comezaron coa ponencia por parte do departamento de Análise sobre o seu funcionamento. Finalizaron co visionado dos equipos de formación: dende os máis pequenos ate o xuvenil B.

 

Calendario exames finais módulos Nivel 2 Técnico Deportivo Fútbol

Os exames finais dos módulos do Nivel 2 Técnico Deportivo Fútbol celebraranse os días 20 e  21 de abril seguindo o horario que aparece a continuación:

 

Día

Módulos

Hora

20 de abril

Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte II

16:50

Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento deportivo II

17:30

Adestramento deportivo II

18:10

Organización e lexislación deportiva II

18:50

Teoría e socioloxía do deporte

19:30

21 de abril

Bloque complementario

15:00

Técnica individual e colectiva II

16:00

Táctica e sistemas de xogo II

17:00

Preparación física II

18:00

Dirección de equipos II

19:00

Desenvolvemento profesional II

20:00

Metodoloxía do adestramento e do ensino do fútbol II

21:00

Andorra, día de despedida

O último día da semana transcurriu sen novidades, aínda que o tempo non nos acompañou e aproveitamos poucas horas  de esquí por mor dunha importante tormenta. De tódolos xeitos, desfrutamos de estar todos xuntos e botamos unhas risas. Por suposto, o balance da semana, moi positivo. 

 

Andorra, cuarto día disfrutando da neve

Cuarta xornada de esquí nun día que nos sorprendeu cun sol inesperado. Permitiunos desfrutar dunhas intensas horas   onde xurdiron  algunhas molestias derivadas de caídas fortuitas  mentres esquiaban, por sorte nada grave. A media tarde o alumnado asistiu a unha sesión  de balneario en Caldea, onde tamén puideron participar as alumnas que sufriron as caídas durante a mañá.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Andorra, terceiro día, no ecuador da viaxe.

Terceira xornada de esquí en Andorra de alumnado do IES RÍO CABE na que, a pesar de amencer  nubrada e caíndo pequenas folerpas de neve, finalmente o tempo nos quixo acompañar un día máis e nos permitiu seguir desfrutando dun deporte moi esixente a nivel físico, pero moi divertido e desestresante, o que convirte esta nunha moi especial semana branca.

 

 

Distribuir contido