Curso 2008/09

Revista "Nós mesmos" 2008/09

Con motivo da impresión e difusión da revista cultural "Nós mesmos" publicada polo departamento de Normalización Lingüística e o centro, coa colaboración do equipo directivo e do alumnado, temos colgado na rede o nº 14 para que o podades descargar en formato pdf:

 

 


Viaxe fin de curso 4º ESO a Italia

Xa están na sección de galerias as fotos dos rapaces de 4º da ESO que foron de excursión de fin de curso a Italia.
 

Calendario Dixital

Como remate final do Proxecto Comenius, os organizadores do mesmo decidiron publicar na web tódolos traballos realizados durante 3 anos nos diferentes paises.

O enlace á páxina web correspondente é Proxecto Comenius.


Concurso literario de relato e poesía Curso 2009

O Departamento de Lingua e Literatura Galegas do centro decidiu premiar os relatos e poesías seguintes entre os presentados ó Concurso Literario de relato e poesía convocado co gallo do Día das Letras Galegas. Cada un dos relatos seleccionados estan dispoñibeis para descargar en formato PDF.

As nosas felicitacións a tódolos premiados.


Correlíngua 2009

O 8 de maio celebrouse en Monforte por segunda vez o correlingua. O correlingua é unha carreira feita como xeito de reivindicar de forma lúdica o noso idioma. Esta idea remóntase á etapa da Transición, cando centos de persoas percorrían camiños e estradas reclamando que o idioma propio de Galicia ocupase o lugar  social que lle correspondía.
Estas carreiras pola lingua recuperounas nos anos 90 a Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración con diferentes entidades culturais. Dende o ano 2001 ata hoxe, conxuntamente coa CIG-Ensino e a AS-PG, estas carreiras pasan a ter unha nova entidade, con dimensión para toda Galicia e procurando implicar todos os centros de ensino. Preténdese ofrecer aos centros educativos unha actividade escolar que provoque a atención da rúa, nun ambiente festivo, que debe ser preparado ao longo do curso para culminar na celebración da carreira.
Na actualidade, grazas ao apoio da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e da Dirección Xeral de reación e Difusión Cultural da Consellaría de Innovación, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da TVG, permiten ofrecer unha programación máis atractiva e uns premios máis rechamantes para os participantes nos diferentes concursos.

O IES "Río Cabe" participou cos alumnos do primeiro ciclo da ESO.

 

O programa seguido foi o seguinte:

  • 11.00 h. Chegada do alumnado e recepción. O punto de partida e chegada estivo na Praza de Góngora (San Vicente). Como nos queda moi cerca, subimos andando.
  • 11.15 h. Saída da carreira.
  • 11.15-11.30 h. Percorrido.
  • 12.00 h. Festa final. Lectura do manifesto. Actuación De CHÉVERE. Actuación musical.
  • 13.00h. Remate.

ITINERARIO

Saída de San Vicente. Baixada pola Régoa e pola Praza de España. Segue pola Rúa Cardeal deica á Compañía.

Cremos que os nosos alumnos disfrutaron desta carreira, que puideron compartir con alumnos doutros centros, non só de Monforte, tanto de primaria como de secundaria, senón tamén con rapaces de Quiroga, O Barco, Sarria, Chantada, O Saviñao, etc.

Concerto fin de curso 2009

O día 19 de Xuño tivo lugar unha pequena actuación musical no patio interior do centro, con motivo do  remate do curso académico 2008/09. Os participantes na actuación foron os alumnos do centro Fernando López (guitarra), Javier Manuel González (batería), Mar López (Piano), Brais (baixo e voz, sendo éste alumno do IES Daviña) e o profesor de química Xurxo Labrador (guitarra).Picando na foto, podes accerder á galería de imaxes do concerto. 



Viaxe a Roma 2009

Dende os días 21 a 27 de Xuño, alumnos de 4º da ESO do centro, acompañados polos profesores de matemáticas, Juan Soto, e de música, Paloma Cao, realizarán unha excursión de fín de curso a Roma e ao Vaticano.


Viaxe a Londres Xuño 2009

En relación coa viaxe a Londres, os profesores acompañantes, Maite Carreira e Casto Casanova, puxéronse en contacto co centro para notificar que a excursión marcha segundo o previsto e que non hai problemas de nengún tipo. Envian un saúdo a toda a comunidade educativa. Próximamente colgaremos na pax. web unha selección de fotos da excursión.   


Acto académico de despedida do curso de 2º BAC 2009

Con motivo do remate do curso 2008/09 para os alumnos de 2º de Bacharelato, o centro educativo, acompañado polo alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, realizaou un acto académico para os alumnos e as súas familias, que consistiu na entrega duns diplomas académicos.

 

 

Na sección de galerías podes ver unha selección de fotos do acto.

Ese mesmo día, e a partires das 22 horas, realizouse unha cea de alumnos e profesores. Podes ver as fotos na sección de galerías.


Distribuir contido