Innova_LAB_24_25
Competición internacional de Matemáticas e Física Náboj Junior 2024-25
Alumnado de 2 e 3 de ESO participaron esta mañá entre ás 10 e ás 12 nunha competición internacional chamada Náboj Junior.
Organizados por equipos traballaron con moitas ganas e ilusión nunha proba de resolución de problemas de matemáticas e física que fomenta o pensamento lóxico e innovador.
Estamos moi satisfeitos coa súa implicación e traballo.
Esta actividade está organizada polos Departamentos de Matemáticas e Física e Química (Patricia, Carmen, Marcos, Diego, Carmen, Roberto, Nerea, Xurxo, Emilio, Iria)
Agradecemos moito a súa participación!
Taller de brindos na Residencia da Fundación San Rosendo do Incio
O alumnado de 2° e 3° da ESO do Club de Brindos do Cabe fixo dúas saídas ao Incio, o xoves 21 ao CEIP Ricardo Gasset e o 25 á Residencia de Maiores. O obxectivo destas visitas era dar a coñecer os brindos e ensinar a maiores e pequenos como se desenvolve este xénero de improvisación.
Así o día 25 desplazámonos ao Incio un grupo de 14 brindeiros e brindeiras para facer unha mostra na que cantamos diferentes melodías e fixemos varias probas de improvisación. Mais, sen dúbida, o momento máis especial foi cando falamos coas persoas usuarias da residencia para improvisar coplas sobre o que nos ían contando.
Estamos moi agradecidas coas profes do cole do Incio e as traballadoras da residencia, pero especialmente con José, Eva, Visi, Luís, Jesús, Milagros, Felix, Concha, María... mais tamén con Naiara, Lara, Aroa, Dani, Lois, Iago, Rosalía, Ares, Joel... porque todos formaron parte deste encontro interxeracional no que aprendemos tanto.
Taller de brindos no CEIP Ricardo Gasset do incio
O alumnado de 2° e 3° da ESO do Club de Brindos do Cabe fixo dúas saídas ao Incio, o xoves 21 ao CEIP Ricardo Gasset e o 25 á Residencia de Maiores.
O obxectivo destas visitas era dar a coñecer os brindos e ensinar a maiores e pequenos como se desenvolve este xénero de improvisación.
O xoves 21de novembro no CEIP Ricardo Gasset...
Este día Lois, Pablo, Amaya, Uxía, Julia e Irene foron titores e titoras brindeiros dos 15 alumnos e alumnas do cole do Incio cos que practicaron como facer coplas e prepararon a actuación que o luns seguinte compartirían na residencia. Estamos moi agradecidas coas profes do cole do Incio e co alumnado polo ben que nos trataron.
ADESTRAMENTOS PARA O CONCURSO MATEMÁTICO NABOJ JUNIOR 2024.
O alumnado do Ies Río Cabe que participa no concurso matemático NABOJ JUNIOR, practicando días antes antes da cita.
Moito ánimo a alumnado e profesorado!!!
- APIs de Blogue
- Calendario