Taller de brindos na Residencia da Fundación San Rosendo do Incio
O alumnado de 2° e 3° da ESO do Club de Brindos do Cabe fixo dúas saídas ao Incio, o xoves 21 ao CEIP Ricardo Gasset e o 25 á Residencia de Maiores. O obxectivo destas visitas era dar a coñecer os brindos e ensinar a maiores e pequenos como se desenvolve este xénero de improvisación.
Así o día 25 desplazámonos ao Incio un grupo de 14 brindeiros e brindeiras para facer unha mostra na que cantamos diferentes melodías e fixemos varias probas de improvisación. Mais, sen dúbida, o momento máis especial foi cando falamos coas persoas usuarias da residencia para improvisar coplas sobre o que nos ían contando.
Estamos moi agradecidas coas profes do cole do Incio e as traballadoras da residencia, pero especialmente con José, Eva, Visi, Luís, Jesús, Milagros, Felix, Concha, María... mais tamén con Naiara, Lara, Aroa, Dani, Lois, Iago, Rosalía, Ares, Joel... porque todos formaron parte deste encontro interxeracional no que aprendemos tanto.