Intercambio de alumnado entre o IES Río Cabe e o IES Monte Castelo de Burela

 O alumnado de 1º de ESO do IES Monte Castelo de Burela visitou., o pasado 9 de maio, o noso instituto, participando nun intercambio escolar entre os dous centros, no

que tomaron parte 70 alumnos e alumnas.  O obxectivo era confraternizar e coñecer a cidade do Cabe e a Ribeira Sacra.

 

 Sobre as 11 da mañá foron recibidos no instituto e logo partiron a visitar a Torre da Homenaxe, facer un roteiro literario sobre os autores Lois Pereiro e Manuel María así

como visitar a Ponte Romana e os exteriores do convento das Clarisas. Despois do almorzo no centro escolar, desprazáronse ata o Mirador do Duque, onde rematou a

xornada.

   

A actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física, Orientación, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia e lingua Galega.

 A Dirección do Río Cabe agradece a todo o profesorado participante a súa implicación na actividade e en especial, a boa predisposición do IES Monte Castelo para a

realización deste intercambio, que se completará coa visita a Burela do noso alumnado o próximo 30 de maio.