EDLG |
Rematamos as actividades de homenaxe a Rosalía cunha proposta que fixo a Asociación de Escritores da Lingua Galega: unha Mani-FEST-acción simbólica para mostrar como moitas das inxustizas sociais que reivindicaba Rosalía no século XIX continúan vixentes hoxe. |
|||
Durante a semana do 18 ao 22 de febreiro o alumnado e o profesorado do IES leron a Rosalía na biblioteca. |
|||
O pasado xoves, 21 de febreiro, tivo lugar no IES o concurso de recitado. O xurado, composto por dúas profesoras, Maruxa (Lingua Galega) e Mariló (Matemáticas), xunto con tres membros do alumnado (Sara Barreiro de 3º ESO e Lois Santiago e Laura Santos de 1º Bach.) decidiu outorgar os premios a: 1º Premio: Yago Cepeda (1º ESO C) 2º Premio: Andrea Abuín (2º ESO A) 3º Premio: Alejandro Seoane (1º ESO C) |
|||
|
|||
O alumnado de 1º ESO que é membro do EDLG estivo traballando arredor do Día da Lingua inicial e participou na elaboración deste vídeo onde aclaran certas cuestións que vén ben que lembremos. |
|||
Baixo o lema "Rosalía tamén é nosa" O EDLG do noso centro, en colaboración co departamento de Lingua Galega, organiza diversas actividades para conmemorar o 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro. |
|||
O venres 8 de febreiro, na Casa da Cultura do Milladoiro, o alumnado de 1º de Bacharelato pertencente ao Club de debate participou nunha xornada de formación co alumnado doutros institutos da área de Santiago. |
|||
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega estrea blog cun vídeo sobre a paz lingüística realizado por eles. Podemos velo AQUÍ |
|||
Durante o segundo trimestre homenaxearemos no centro a dous persoeiros fundamentais para a nosa cultura a través de dúas efemérides: o aniversario do nacemento de Castelao (30 de xaneiro) e o de Rosalía (24 de febreiro). Entre outras accións, o EDLG proporcionou a cada aula do centro unha planta de pensamentos con dous "pensamentos" (citas) de Castelao, previamente seleccionadas polo alumnado do grupo. A partir de febreiro esas verbas de Castelao serán substituídas por versos de Rosalía. |
|||
O EDLG e o departamento de Xeografía e Historia do noso centro elaboraron unha proposta didáctica para traballar a figura de Castelao e a exposición Castelao maxistral que vén de ser publicada por iniciativa de Nova Escola Galega. Ponse así a disposición de toda a comunidade educativa. Enlace: Castelao maxistral. Propostas de traballo. |
|||
Naceu Rosalía uns anos antes pero un mes despois, daquela homenaxeamos a Castelao primeiro e logo á poeta que viviu un tempo no noso concello, pero organizamos unha actividade que nos permite enlazar as dúas efemérides. Escollemos de forma simbólica unha planta chamada pensamento para que servise de soporte aos “pensamentos” (citas) de Castelao que, previamente, o alumnado dos diferentes grupos seleccionou para ter, a partir do día 30 de xaneiro (data na que naceu o rianxeiro) na súa aula. A mediados do mes de febreiro van pasar a ocupar a planta algúns versos de Rosalía, que estarán ata pasado o día que se conmemora o seu nacemento (24 de febreiro).
Todo o proceso de preparado dos textos nas plantas desenvolveuno o alumnado voluntario do Equipo de dinamización que está na foto superior, durante os recreos. |
|||
Durante o trimestre pasado puxemos en funcionamento o programa de voluntariado lingüístico "Recreos coa lingua" no que alumnado galegofalante, ou bilingüe cun bo dominio do galego oral, vaille axudar ao alumnado que chega de fóra de Galicia a aprender a nosa lingua, ademais de aspectos da nosa cultura. Aínda que este programa se deseñou nun principio para o alumnado acabado de chegar ao centro e á nosa comunidade, acordouse que aquel que acode ao programa de inmersión lingüística en varias sesións lectivas á semana tamén acolla a rapazada que leva anos vivindo aquí, ou mesmo naceu no Milladoiro, pero non ten un dominio da lingua galega oral acorde co seu nivel. O pasado 20 de decembro fixemos a presentación oficial do programa no estreado "punto de encontro", lugar onde as persoas voluntarias e mais as que queren aprender se van xuntar no recreo que previamente acordaron unha vez cada semana. Cada participante ten un carné no que se vai poñer un carimbo cada recreo que participe na actividade. |
|||
O pasado venres 21 de decembro entregáronse os premios da oitava edición do Concurso radiofónico de teatro lido. O acto celebrouse na Casa da cultura do Milladoiro e estivo guiado por Isabel Risco e Marián Bañobre, que lles fixeron pasar unha hora moi divertida a todas as persoas asistentes. O grupo MAC, formado por María Alamayona, Candela Ayuso e Antía Romero, recibiu un dos tres premios, o premio do público, pola súa obra “Sentimos o que sentimos”. Os outros dous foron para dous grupos do IES de Bertamiráns: Lalaland obtivo o galardón de Mellor guión e Ísjaka o de Mellor interpretación. A dotación de cada un dos premios foi de 200 euros. |
|||
A partir do 27 de novembro poderemos escoitar en Radio Ames (107.2 FM) as diversas pezas de teatro lido creadas polo alumnado de ESO dos institutos de Ames. Serán emitidas de luns a venres, de 13:30 a 14: 30 e de 22:00 a 23:00. Do 27 de novembro ao 4 de decembro podemos votar as nosas pezas favoritas no correo radioteatro@concellodeames.gal ou no teléfono 981 890 452. Listaxe de grupos participantes do IES do Milladoiro: Aquí Bases do concurso: Aquí |
|||
O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) deseñou a actividade “Poesía contra a violencia” dentro do marco das actividades do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra as mulleres. |
|||
O venres 2 de novembro recibimos no centro a visita do alumnado de cinco anos da escola EEI do Milladoiro. Cada parelliña de infantil foi acollida por unha parella TEI (Titoría entre iguais) do noso centro, formada por alumnado titor de 3º de ESO e alumnado titorizado de 1º de ESO. |
|||
|
|||
Que é o EDLG? O EDLG é o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, órgano que debe existir en todos os centros de ensino desde o ano 1991. A lexislación actual (Decreto para o plurilingüismo 79/2010, artigo 15) regula a súa composición e funcionamento. Obxectivos do EDLG O EDLG ten como misión organizar actividades para fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa. No IES do Milladoiro deseñamos unha programación con obxectivos a nivel de centro, alumnado, profesorado e familias. Destacamos: - Fomentar o uso progresivo da lingua galega na comunidade educativa - Dignificar o galego e eliminar prexuízos cara a el - Garantir o mantemento do galego para a comunidade galegofalante - Ofrecer espazos de aprendizaxe e uso para a comunidade non galegofalante Quen conforma o EDLG? Todo EDLG debe estar formado por profesorado, alumnado e persoal non docente. No IES do Milladoiro, no momento da súa constitución, conta coas seguintes persoas (que poden ir incrementándose conforme avanza o curso): Profesorado: Sofía Ardariz (Francés) Maruxa Fernández (Lingua galega) Valentina Formoso (Lingua galega)- Coordinadora Beatriz Otero (Lingua castelá) Alumnado: Iago Blanco- 1º ESO C Marta Méndez- 1º ESO C Andrea García. 1º ESO C Paula Quinteiro- 1º ESO C Iria Ferreiro Castro- 1º ESO B Damián del Río- 1º ESO D Sofía Paola Chang Gómez- 1º ESO B Manuel Caamaño- 3º ESO D Carolina Montoto- 3º ESO D Persoal non docente: Jesús Dono Quintela Nota: Calquera persoa que se queira sumar ao EDLG só ten que comunicarllo a calquera das profesoras que integran o Equipo. Espazo EDLG: O lugar de reunión e traballo co alumnado vai ser a Aula de desdobres 2 (P. 0)
|
|||
Presentámosvos o logo do EDLG. Vaivos axudar a identificar as nosas comunicacións e actividades. |
|||
Que é o EDLG? O EDLG é o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, órgano que debe existir en todos os centros de ensino desde o ano 1991. A lexislación actual (Decreto para o plurilingüismo 79/2010, artigo 15) regula a súa composición e funcionamento. Obxectivos do EDLG O EDLG ten como misión organizar actividades para fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa. No IES do Milladoiro deseñamos unha programación con obxectivos a nivel de centro, alumnado, profesorado e familias. Destacamos: - Fomentar o uso progresivo da lingua galega na comunidade educativa - Dignificar o galego e eliminar prexuízos cara a el - Garantir o mantemento do galego para a comunidade galegofalante - Ofrecer espazos de aprendizaxe e uso para a comunidade non galegofalante Quen conforma o EDLG? Todo EDLG debe estar formado por profesorado, alumnado e persoal non docente. No IES do Milladoiro, no momento da súa constitución, conta coas seguintes persoas (que poden ir incrementándose conforme avanza o curso): Profesorado: Ardariz, Sofía (Francés) Fernández, Maruxa (Lingua galega) Formoso, Valentina (Lingua galega)- Coordinadora Otero, Beatriz (Lingua castelá) Alumnado: Iago Blanco- 1º ESO C Marta Méndez- 1º ESO C Andrea García. 1º ESO C Paula Quinteiro- 1º ESO C Iria Ferreiro Castro- 1º ESO B Damián del Río- 1º ESO D Sofía Paola Chang Gómez- 1º ESO B Manuel Caamaño- 3º ESO D Carolina Montoto- 3º ESO D
Persoal non docente: Jesús Dono Quintela
Nota: Calquera persoa que se queira sumar ao EDLG só ten que comunicarllo a calquera das profesoras que integran o Equipo. Espazo EDLG: O lugar de reunión e traballo co alumnado vai ser a Aula de desdobres 2 (Planta 0)
|
|||
O pasado luns 7 de maio os/as alumnos/as de 2º de ESO participaron no CORRELINGUA, a carreira polo galego que se iniciou en Bueu o 2 de maio e rematará en Vigo o 16 do mesmo mes, pasando pola Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo, Mondoñedo, Tomiño, Ourense, Monforte de Lemos e Ferrol. |
|||
|
|||
O alumnado de 1º de ESO participa no proxecto ENREGUEIFATE que une os concellos de Ames, Carballo, Santiago e Teo. |
|||
|
|||
O luns 5 de febreiro comezaron as actividades de formación dos participantes no Club de debate do Concello de Ames. |
|||
Un dos grupos do IES do Milladoiro participante no VII Concurso Radiofónico de Teatro Lido vén de gañar o Premio do Público na gala organizada polo Concello de Ames o día 20 de decembro na Casa da Cultura de Bertamiráns. Lois Santiago, Hugo López e Isabella Marín, alumnos e alumna de 4º da ESO, recibiron o premio pola peza Lois e os Loisiños, e correspóndelles un agasallo en metálico ademais da satisfacción de ter o recoñecemento do público. |
|||
|
|||
O luns 30 de outubro o alumnado do noso centro interesado en participar neste concurso terá unha xornada de formación no pazo da Peregrina de Bertamiráns de 10:25 a 13:30. |
|||
O pasado venres 10 de marzo o noso centro participou, en Bertamiráns, na fase comarcal do Club de Debate, con 3 equipos, compostos por alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bach. Non logramos clasificarnos para a fase final, pero fomos o centro que máis equipos presentou, e competimos moi ben nunha actividade na que se investiron horas de preparación (baixo a coordinación do profesorado do EDLG) e que supuxo unha excelente práctica do que é preparar un tema traballando en equipo e o que implica presentarse ante un auditorio para defendelo. Superamos ben esa fase de nervios e quedamos co bo sabor do traballo ben feito. Parabéns ás nosas alumnas e aos nosos alumnos participantes. [Máis información] |
|||
Vídeo "Reto do manequín" sobre o inverno. Actividade do EDLG desenvolvida durante o Festival de Nadal 2016.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »