Tecnoloxía |
Departamento: Tecnoloxía
Programacións
|
|||
O martes 22 pola mañá, o alumnado de 3º da ESO da materia de Educación DIxital e de 2º bacharelato de Tecnoloxía e Enxeñaría, participou nunha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia acompañado das profesoras Inés Valiño e María Sánchez. Continúa lendo no blog de actividades complementarias e extraescolares.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
|
|||
O martes 15 pola mañá, o alumnado de 2º e 1º bacharelato de Tecnoloxía e Enxeñaría e de 2º bac de Debuxo Técnico, Física e TIC participou nunha charla informativa de Enxeñaría Aeroespacial da man de Fernando Veiga López.
Continúa lendo no blog de actividades do IES do Milladoiro
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
|
|||
Na ESO, dende o 6 ata o 22 de xuño do 2022 o Departamento de Tecnoloxía chegou ao acordo de deseñar para estes días dous tipos de actividades: • unhas actividades de reforzo para o alumnado que non alcanzaron a nota mínima necesaria para aprobar a materia; é dicir, que non alcanzaron as competencias mínimas propostas na programación. • Outras actividades de ampliación para aquel alumnado que si acadaron as competencias. Ao final da realización das actividades de reforzo se fará unha proba para comprobar que dito alumnado adquiriu as competencias non acadadas anteriormente. A nota final do alumnado pendente, nas avaliacións que ten suspensas, terá en conta tanto as actividades realizadas na aula durante nese período (20% da nota) como a nota sacada na proba obxectiva que se realizará ao final de ditas actividades (80% da nota). Con respecto ao alumnado que xa ten aprobada a materia, nestes días se realizarán actividades de ampliación que poden subir a nota ata un máximo de 0,5 puntos sobre a nota final xa obtida. No Bacharelato, como hai proba extraordinaria en xuño a programación non se modifica. |
|||
As materias que dependen deste departamento: Tecnoloxía, TIC, Iniciación á Programación, Tecnoloxía Industrial II e Electrotecnia seguirán funcionando a través dos cursos da aula virtual, como ata agora, durante a suspensión temporal da actividade lectiva. Ante calquera dúbida, o alumnado debe utilizar o sistema de mensaxería das aulas virtuais. Deben ver tamén os foros creados para o seguimento das clases durante esta suspensión temporal da actividade lectiva. |
|||
Ao abeiro do movemento 11febrero.org, nacido para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, hoxe, 7 de febreiro, visitou o noso centro Cristina Rey Fungueiro, enxeñeira informática. Mantivo un encontro co alumnado de 4º de ESO e de bacharelato que cursa as materias de TIC, Tecnoloxía e Introdución á programación. Nel deu conta da súa experiencia profesional no mundo da tecnoloxía facendo fincapé na importancia de que as mulleres se acheguen a este ámbito laboral e na necesidade de erradicar calquera tipo de estereotipo. Ao mesmo tempo puxo en valor a importante tarefa desenvolvida por mulleres que traballaron no ámbito da tecnoloxía pero que son moi descoñecidas. A actividade foi programada polo dpto. de Tecnoloxía.
|
|||
O pasado xoves, día 7, o alumnado de 4º de ESO visitou o parque eólico experimental de Sotavento. A actividade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Bioloxía- Xeoloxía, Física-Química e Tecnoloxía. |
|||
O luns 14 de xaneiro o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar a especialista en oratoria, comunicación e tecnoloxía Mar Castro, dentro do programa Cibercooperantes do MEE, nunha charla titulada NETiqueta. |
|||
|
|||
|
|||