Educación Física

ESGRIMA

Os días 29/10 e o 6/11 o alumnado de 1º e 2º de ESO do IES do Milladoiro  tiveron a oportunidade de coñecer un deporte coma A Esgrima. O Adestrador, Xosé Piñeiro,  de Esgrima Compostela acercou este deporte con todo o material necesario para experimentar en persoa as normas básicas do duelo e a indumentaria necesaria para practicalo con toda a seguridade.
Esta actividade forma parte do programa "Coñece o meu club", da Xunta de Galicia, e coordinada entre o Departamento de EF do IES do MIlladoiro e o Club Esgrima Compostela.
Agradecemos a implicación e entusiasmo de Xosé Piñeiro por facer posible esta actividade.

 

Porque no Milladoiro:
 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.

 

 

 

Profesorado do departamento e programacións 2024-25

Departamento: Educación física e deportiva

  • Brea Santiago, Mª Dolores
  • Fernández Ramos, Ana
  • Ojea Alonso, Lorenzo Hernando (XD)

Programacións

VIAXE A ANDORRA. SAÍDA

SAÍDA: APARCADOIRO DO INSTITUTO, A PARTIR DAS 23:30 H

O autobús realizará a saída ás 00:00 h

Lémbrase ao alumnado que deben levar consigo (non na maleta) o permiso da Garda Civil e o DNI por se os piden na aduana.

Viaxe a Andorra. 2022

Con motivo da viaxe a Andorra que fará o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e que terá lugar entre os días 26 de marzo (sábado) e 2 de abril (sábado), publicamos a información, normas de viaxe e modelo de autorización, ao que se pode acceder nas seguintes ligazóns:

CARTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

NORMAS DA VIAXE E AUTORIZACIÓNS

 

INSTRUCCIÓNS EDUCACIÓN FÍSICA

NOVAS INSTRUCCIÓNS.

EDUCACIÓN FÍSICA ( 3º A-B-C, 4º A-B-C E 1º DE BACH A-B).

Ola a todos; desexando que esteades ben,  despois de esperar as directrices por parte da consellería e  tendo en conta que a materia de educación física e eminentemente práctica e vivencial o departamento decide establecer os seguintes criterios de cara a avaliación do terceiro trimestre e final:

·        En primeiro lugar, anímovos a que sigades facendo algo de exercicio dentro das posibilidades de cada un. Axudaranos a levar mellor o confinamento.

·        Para a nota final, teranse en conta a nota da primeira e segunda avaliación. Farase a media de ámbalas dúas.

·        O alumnado con algunha avaliación suspensa deberá poñerse en contacto comigo a través do correo, ed.fisica.milladoiro@gmail.com,onde lle indicarei individualmente o que ten que facer para recuperar,  en función do que houbera suspendido e facendo as adaptacións posibles nestas circunstancias.

·        O alumnado que aínda superadas as dúas avaliacións, queira optar a subir nota,  tamén deberá poñerse en contacto comigo para darlle indicacións de como facelo.

·        Os alumnos de bacharelato que queiran subir nota, deben enviar a sesión establecida para o terceiro trimestre (ed.fisica.milladoiro@gmail.com). Ademais,  individualmente explicar a través dun vídeo dita sesión especificando, material, organización, distribución dos espazos, estiramentos, obxectivo da sesión e as correspondentes actividades gravándoas se e posible.

·        En tódolos correos, por favor, indicade o nome, apelidos e curso.

 

 

 

 

MOITO ANIMO.

DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA

PLAN DE TRABALLO. EDUCACIÓN FÍSICA

Ola a todos.

Imos a intentar manter un ritmo de traballo  e para sentirnos mellor dentro das posibilidades de cada un,  faremos algo de exercicio.

Para TÓDOLOS NIVEIS:

1.- Mándovos uns enlaces que nos poden servir de axuda para facer exercicio na casa. Isto nos axudará a superar no terceiro trimestre a proba de resistencia.

·        https://www.runnersworld.com/es/training/a31655712/ejercicios-casa-chema-martinez-entrenamiento-casa/

·        https://www.youtube.com/watch?v=EvhtTOzWxHM&feature=youtu.be

·        https://www.youtube.com/watch?v=Zcr7PAZNEy0&feature=youtu.be

·        https://www.youtube.com/watch?v=eWjd8C2SB0Y&feature=youtu.be

·        https://www.youtube.com/watch?v=3ggir4HiG6U&feature=youtu.be

 

2.- Investigación e recompilación de actividades, retos motrices que se poidan facer co propio peso e actividades  na casa como por exemplo, zigzag entre obstáculos (latas de refrescos), cunha pelota  pequena ou ben exercicios con raquetas de praia , exercicios de puntería etc. Importante a imaxinación.

3º DE ESO. A-B-C

Quedounos pendente o traballo en grupo de “Acrosport”. Nestes días debemos seleccionar figuras que faremos a volta en grupo de cara a elaboración do vídeo con todas e que por falta de tempo non se fixo.

 

4º DE ESO.

Ide buscando e practicando  pasos de “Aerobic” para elaborar a coreografía grupal correspondente o contido do terceiro trimestre.

 

1º BACHARELATO.

Para o alumnado de primeiro de bacharelato, non esquezades a sesión que lle corresponde a cada parella para o terceiro trimestre seguindo a mesmas normas que xa tiñamos no segundo, (obxectivo, modelo de sesión, tres partes ben detalladas etc.)

Se tendes dubidas podedes contactar comigo no seguinte correo.

ed.fisica.milladoiro@gmail.com

E o mais importante de todo, coidádevos. Esperamos que  isto remate pronto.

PLAN DE TRABALLO

PLAN DE TRABALLO

Escalada en rocódromo

O  pasado  19 de novembro  o  alumnado  de  2º  de  ESO dos grupos  C, D e E puideron  practicar  a  escalada  en rocódromo. A  actividade  foi  levada  a  cabo polo departamento de  Educación  Física.

                                         

Escalada en rocódromo

O  martes  12  o  alumnado de  2º  ESO A  e  2º  ESO B puido  practicar  a  escalada  en  rocódromo. A  actividade  foi  organizada polo  departamento  de  Educación  Física. Os  restantes  grupos  de  2º  levarán  a cabo a   actividade  o  día 19  de  novembro.

 

                                        

Saída ao Grove: remo en canoa

O martes 28 de maio o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato gozou do sol e das praias do Grove nunha xornada de iniciación ao remo en canoa

Roteiro polo Grove

O 14 de maio o alumnado de 1º ESO realizou unha actividade de sendeirismo polo Grove organizada polo departamento de Ed. Física.

O alumnado de 3º ESO practicou rafting polo ría Ulla

Rafting polo Ulla 2019

Andorra 2019

Andorra 2019

Viaxe a Andorra de 1º de Bacharelato

O sábado 16 de febreiro regresou de Andorra o grupo de 1º de Bacharelato que participou na saída organizada polo departamento de Educación Física. Grazas aos profes Antonio, Sonia e Javier por darlle ao alumnado esta oportunidade de gozar da neve.

Excursión a Andorra

A saída será o día 9 de febreiro ás 22.00 desde o aparcadoiro fronte á Casa da Cultura do Milladoiro. Recordamos a necesidade de que o alumnado leve a documentación esixida (autorización da Garda Civil, DNI e tarxeta sanitaria) e de que esta sexa facilmente localizable (non debe ir na maleta).

Curso 2017/18. Muller e deporte.

Con motivo da conmemoración do Día intenacional da muller, dende o departamento de educación física, gustaríanos aporta algúns datos e documentos para reflexionar sobre as diferencias de práctica de actividade física e deportiva entre as mulleres e os homes.

El 86% de las adolescentes españolas no realiza la actividad física recomendada por la OMS

 

Por que? Como podemos cambiar?

Curso 2017/18. 2º ESO. Regulamento de voleibol.

Estivemos a traballar o voleibol durante o segundo trimestre deste curso co alumnado de 2º ESO, agora toca coñecer cales son as regras para xogar a este deporte.

Tendes que revisar este pequeno resumo e se tendes dúbidas podedes consultar no regulamento oficial que tamén se adxunta.

Moito ánimo e moita sorte!

Saída ao rocódromo

O alumnado de 2º de ESO tivo a oportunidade de participar nunha actividade de escalada en rocódromo organizada polo departamento de Educación Física.

Rocódromo

Curso 2017/18. 1ºESO. Teoría 2ª avaliación.

Nos seguinte enlaces tendes os contidos para a teoría da 2ª avaliación. 

Quecemento. 

Condición física.

Ósos.

Estudiade moito!!

Fotos da saída a Andorra

Saída a Andorra-1

Galería fotográfica:  parte II, parte III e parte IV.

EXCURSIÓN A ANDORRA

A saída adiántase ás 22.00. Lugar: aparcadoiro fronte ao IES do Milladoiro.

Excursión a Andorra - Reunión informativa

Convocamos ás familias do alumnado que participará na excursión a Andorra a unha reunión informativa o martes 16 de xaneiro de 2018 ás 18:15 no salón de actos do noso centro.

Nela daremos as últimas recomendacións. Recordamos:

  • Todas as comidas están incluídas, agás as das viaxes de ida e de volta en autobús. É recomendable, polo menos á ida, levar uns bocadillos da casa.
  • Documentación. Non é obrigatorio o pasaporte. TODOS OS ALUMNOS (incluídos os que teñan pasaporte) deben levar o seu DNI e o permiso ou autorización para a viaxe que hai que solicitar na Garda Civil.   Estas son as últimas indicacións dadas en xaneiro pola Garda Civil ao profesor responsable da excursión, aínda que anteriormente lle dixeran que co pasaporte abondaba. Lamentamos as molestias.
  • Para solicitar o permiso de autorización para a viaxe, o pai,  a nai ou o  titor legal do alumno ou alumna debe acudir ao cuartel da Garda Civil co seu DNI, o do alumno en cuestión e o libro de familia. Nos casos de separación ou divorcio deben acudir os dous proxenitores. No impreso non é necesario poñer o nome e o DNI do profesor acompañante, abonda con indicar "Profesor responsable do IES do Milladoiro". É necesario ir obtendo este permiso, sen el non poderán viaxar.
  • A axencia de viaxes ten contratado un seguro médico. Ademais,  Andorra ten asinado un convenio con España  en materia de Sanidade, se alguén quere levar tamén esta cobertura debe solicitala na Seguridade Social  indicando que se trata dunha viaxe a Andorra. ( impreso E-AND 11)

Excursión a Andorra - Reunión informativa

Convocamos ás familias do alumnado que participará na excursión a Andorra a unha reunión informativa o martes 16 de xaneiro de 2018 ás 18:15 no salón de actos do noso centro.

Nela daremos as últimas recomendacións. Recordamos:

CURSO 2017/18: Condición Física e Saúde. 3º ESO.

Como traballo final o alumnado de 3º de ESO terá que analizar os exercicios que realizamos nas sesións de educación física. Seguide o guión entregado pola profesora para analizar os exercicios, despois de facer a lectura do artigo que atopades no seguinte enlace:

Exercicios contraindicados en educación física.

Lembrade que o prazo para a entrega do traballo remata o 24 de novembro.

Excursión a Andorra de 4º de ESO e 1º de Bacharelato

Convocamos a unha reunión informativa o martes 24 de outubro ás 18.15 no salón de actos do centro.

RUTA CAMARIÑAS-AROU

O martes 23 de maio o alumnado de 4º ESO e 1º Bach percorreu nunha andaina organizada polo departamento de Educación Física unha das partes máis emblemáticas da Costa da Morte que lles permitiu achegarse ás localidades de Camariñas e Arou.

ROTEIRO POLO MONTE PINDO

O xoves 27 de abril o alumnado de 3º ESO participou nunha andaina polo monte Pindo orgnizada polo Departamento de Educación Física. Velaquí as imaxes desta saída:

ANDAINA DO ALUMNADO DE 1º ESO POLO GROVE

O pasado 9 de maio, o alumnado de 1º ESO participou nun roteiro organizado polo Departamento de Educación Física pola zona de O Grove. Velaquí as imaxes que nos deixou esta actividade:

RUTA DA PEDRA E DA AUGA

O pasado xoves 4 de maio, o alumnado de 2º ESO participou nunha andaina pola Ruta da pedra e a auga en Armenteira e Ribadumia organizada polo departamento de Educación Física. Velaquí as súas imaxes:

Distribuir contido