NOVAS INSTRUCCIÓNS. EDUCACIÓN FÍSICA ( 3º A-B-C, 4º A-B-C E 1º DE BACH A-B). Ola a todos; desexando que esteades ben, despois de esperar as directrices por parte da consellería e tendo en conta que a materia de educación física e eminentemente práctica e vivencial o departamento decide establecer os seguintes criterios de cara a avaliación do terceiro trimestre e final: · En primeiro lugar, anímovos a que sigades facendo algo de exercicio dentro das posibilidades de cada un. Axudaranos a levar mellor o confinamento. · Para a nota final, teranse en conta a nota da primeira e segunda avaliación. Farase a media de ámbalas dúas. · O alumnado con algunha avaliación suspensa deberá poñerse en contacto comigo a través do correo, ed.fisica.milladoiro@gmail.com,onde lle indicarei individualmente o que ten que facer para recuperar, en función do que houbera suspendido e facendo as adaptacións posibles nestas circunstancias. · O alumnado que aínda superadas as dúas avaliacións, queira optar a subir nota, tamén deberá poñerse en contacto comigo para darlle indicacións de como facelo. · Os alumnos de bacharelato que queiran subir nota, deben enviar a sesión establecida para o terceiro trimestre (ed.fisica.milladoiro@gmail.com). Ademais, individualmente explicar a través dun vídeo dita sesión especificando, material, organización, distribución dos espazos, estiramentos, obxectivo da sesión e as correspondentes actividades gravándoas se e posible. · En tódolos correos, por favor, indicade o nome, apelidos e curso.
MOITO ANIMO. DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA |
|||