Música

Profesorado do departamento e programacións 2024-25

Departamento: Música

  • Maseda Deán, Manuel
  • Paredes Durán, Xoana Maria (XD)

 

Programacións

ECOPERCUSSIÓN

Este venres 15N o alumnado de 2ºESO gozou do obradoiro de percusión con material de refugallo "Ecopercussión". Con esta actividade, a cargo do percusionista Eduardo, o alumnado aprendeu técnica percusiva, un montón de ritmos novos e que o silencio e o respecto ao director son imprescindibles para que a interpretación grupal funcione. E todo isto de xeito lúdico e divertido, comprobando ao mesmo tempo que se pode facer música con calquera obxecto que soe.

Porque no Milladoiro:
 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.

 

Charla musical con Fred Martins

O mércores, 2 de outubro o alumnado de 2º bacharelato de artes escénicas, participou nunha charla musical co gran cantor brasileiro Fred Martins. Mantiveron con el unha interesantísima conversa sobre a importancia de manter a identidade dos pobos a pesar de ser colonizados, como foi o caso do Brasil.

 

 

Continúa lendo no blog de actividades do IES do Milladoiro

 

Porque no Milladoiro:

 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.

Encontro con Carlos Seixas

O xoves 26 de setembro, no noso centro tivemos a sorte de recibir a un dos mellores programadores de músicas do mundo de Europa, Carlos Seixas (director do FMM de Sines).

O alumnado de 2º de bacharelato de Artes Escénicas mantivo unha conversa dialóxica na que aprendeu como a cultura é capaz de mudar a imaxe dun pobo

    

 
Continúa lendo no blog de actividades do IES do Milladoiro  

 

Porque no Milladoiro:

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!

Festival Maré

O domingo, 29 de setembro o alumnado 2º bacharelato de Artes Escénicas e xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, colaborou activamente co Festival Maré. Un evento que celebra a música e a creatividade a través da interculturalidade. Un selo de identidade que tamén está moi presente no noso centro educativo.

No blog de actividades extraescolares e complementarias podes ler máis información da actividade e  ver as entrevistas que o noso alumnado fixo a Carlos Blanco, Uxía, Faia e Ugia para presentarlles o noso proxecto de centro: Somos Diferentes… Somos Referentes!!!. Unha alegoría á riqueza intercultural que ten o noso benquerido Milladoiro.

 

 

A-PORTAS OU A-PARTAS

curtametraxe escrita, realizada e producida polas alumnas de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO do noso instituto.

Euterpe, terceiro posto na Gala Final Quero Cantar 2023

Noraboa a Euterpe polo seu sensacional éxito na Gala Final "Quero Cantar" que se desenvolveu hoxe, 23 de abril de 2023, no Teatro Colón da Coruña. ontendo o terceiro posto no certame.

 

Faladoiro con Juan Manuel Montilla (El Langui)

Hoxe o alumnado de valores de terceiro da ESO do noso IES tivo a sorte de escoitar, sentir e interiorizar toda a enerxía que desprendeu Juan Manuel Montilla (Langui). Un faladoiro emotivo e directo para achegarnos á convivencia positiva desde unha perspectiva moi persoal.
 
 
 
 
As vivencias narradas por este artista multidisciplinar fixeron que o noso alumnado ficara moi feliz e reflexivo ao rematar a súa exposición. Que non nos digan que non podemos
Obrigado mestre
 
 
 

Preparación do grupo Euterpe para a Gala "Quero Cantar"

Hoxe fixemos sesión  promocional do grupo Euterpe. O video realizado será empregado para a presentación da súa actuación na Gala Final deo certame "Quero Cantar". Será  o próximo domingo, 23 de abril, ás 17:30 h no Teatro Colón da Coruña

Parabens para toda a rapazada pola seu esforzo e creatividade. E elmbrade que coma di a canción: "Con zocos córrese máis"

 

 

Unha música no insti

"Unha música no insti" é o último proxecto da artista multidisciplinar Laura Romero Pereira
 
Temos a sorte de contar no IES do Milladoiro coa súa primeira proposta de murais interactivos con información sobre referentes na música galega. É un proxecto artístico presencial e virtual pensado para xente moza, que consiste na creación de diferentes murais de pequeno formato espallados en diferentes IES e CPIs da provincia da Coruña. O obxectivo é familiarizar ás novas xeracións coas mulleres referentes da nosa música. 
 
No noso caso, o mural conta con artistas como Guadi Galego, Ameixeiras e Caamaño, Elba Souto e Aida Tarrío (Tanxugueiras). 

 

Obrigado compañeiras por tanto talento e creatividade!!!

30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

PAZ LINGÜÍSTICA

"Lela" de Castelao. Interpretación: María Iglesias (piano) e Dora Iglesias (frauta)

Actividades do Día da Non Violencia e a Paz

 

Actividades do Día Internacional da Non Violencia e a PAZ. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Biblioteca. Departamento de Música

1º recreo
Proxección e lectura de viñetas en homenaxe a Castelao.
Lectura dun manifesto pola paz.
Exposición de recortables realizados polos axudantes de biblioteca.

2º recreo
Interpretación de Lela de Castelao  a cargo de María Iglesias (voz e piano) e Dora Iglesias (frauta)
Cancións pola paz.

Sede na Nova Galiza (O poeta que baila, Florencio Delgado Gurriarán)

Regueifesta e o IES do Milladoiro na illa de Sardeña

Dentro do Proxecto Regueifesta, no que participa o noso centro xunto  ao CFR de Vimianzo, o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces  e o CEIP Labarta Pose da Coruña, da man dun proxecto de Erasmus +, e que se centra na recuperación e impulso da Regueifa, desenvolveuse unha visita á illa de Sardeña, para contactar con distintas asociacións culturais da zona ou intérpretes como Bernardo Zizi, unha das grandes figuras da improvisación oral en verso de Europa.

A actividade non pasou inadvertida para os diferentes medios de comunicación do país. Velaquí tedes algúns exemplos da súa recpercusión nas seguintes ligazóns:

LA VOZ DE GALICIA

EL CORREO GALLEGO

FARO DE VIGO

NH DIARIO

Gravación en estudio, co alumnado do Colectivo Euterpe, do tema "Hai sede na nova Galiza"

Esta semana tivemos a grande oportunidade de poder gravar na "Ponte Estudos" con Tomás e Alén como técnicos. Aprendemos moito e coñecemos a xente moi interesante, como Xurxo Souto, Antía Ameixeiras, Lola de Ribeira, Richi, Ricardo Gurriarán...

 

 

 

Foi un día cheo de emocións, no que o noso alumnado gravou voces, trompeta, percusións, baixo eléctrico, bailou...

 

 

En breve poderemos estrear o vídeo-clip para que todas e todos vexades o froito de tanto traballo, esforzo e compromiso polo labor en grupo.

Eco-percusión

O noso alumnado de 2º da ESO gozou o venres, 18 de novembro, dunha sesión de percusión con tambores reciclados: ecoloxía e música con ritmo, achegándonos ao mundo da batukada con Sara.

Moitas grazas pola enerxía que nos cargaches para a fin de semana.

N.E.V.E.R.M.O.R.E

Na canle de youtube do EDLG do IES do Milladoiro podedes acceder a dous videos relacionados ca actividade que fixo o alumnado da materira de Artes Escénicas e Daza, trala visión da obra teatral "N.E.V.E.R.M.O.R.E" no Auditorio de Galicia o 10 de novembro, representada por Xacobe Martínez Antelo, Patricia de Lorenzo, Mónica García e Xurxo Pinheiro.

O primeiro vídeo é unha explicación sobre a técnica Foley e o segundo, unha entrevista a Xacobe Martínez Abtelo. A entrevista forma parte do proxecto educativo "ao son da dobraxe". 

 

 

Recoñecemento como excelente do proxecto "O poeta que baila"

 

O proxecto, "O poeta que baila" no que participaron, conxuntamente, o IES do Milladoiro e o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, obtivo a consideración de "excelente", no marco da Resolución dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística 2021-2022 O proxecto trata do vínculo existente entre a obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán e a música galega e latina, encargándose o alumnado do noso centro de analizar a vinculación das obras de Delgado Gurriarán con sons americanos como o da rumba, o veracruzano ou o tango.

Noraboa a todos os participantes do noso centro neste proxecto que con este recoñecemento, ven a culminar o gran traballo feito polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coordinado con outros departamentos como o de Música

Día europeo da Música no IES do Milladoiro

Hoxe celebramos no IES do Milladoiro o Día europeo da Música do mellor xeito que se podía facer: coas actuacións do noso alumnado, que converteron o acto nunha xornada festiva e orixinal grazas ás actuacións de María (piano), Simón (guitarra), Dora e Elena (frauta), Anxo (violín) e Breogán e Martiño Fajundes (pandeireta e gaita).

O IES do Milladoiro, gañador no "Olloboi 2022"

O IES do Milladoiro foi gañador no Olloboi 2022, un festival de curtametraxes educativas, que se celebra en Boiro e que serve para visibilizar a creación galega nas aulas. O premio foi outorgado pola curta Terra da fraternidade, O Milladoiro que queremos.

O centro non puido estar presente na recollida do premio, aínda que a súa ausencia intentou ser suplida cunha regueifa enviada dende as Terras de Compostela ao Barbanza. Parabéns e grazas ao alumnado de 3º de ESO do IES do Milladoiro do curso 2020/2021  polo seu traballo.

Xiana, Simón e Erik

Baile tradi

Colectivo Tradi "Euterpe"

Recitado. Florencio Delgado Gurriarán

Día das letras galegas 2022

Homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán do Colectivo Euterpe

Regueibertso 2022

Corenta alumnas e alumnos dos institutos do Milladoiro e de Vila de Cruces están participaron no encontro"Regueibertso"en Igorre, Biscaia, de improvisación oral en verso.

Regueifeiros/as da Galiza, glosadors dos Países Cataláns e bertsolaris vascos adolescentes reúnense neste encontro de dúas xornadas educativas.

A Regueifesta é un proxecto de innovación educativa que desde 2015 impulsa a regueifa como ferramenta para a normalización lingüística, a educación musical, a educación en valores como o feminismo, a autoxestión ou a transformación social.

Esta é a cuarta vez que regueifeiras adolescentes visitan Igorre, nun proxecto que vén reunindo cada ano repentistas de Galiza, Cataluña e Euskadi nun destes tres países.

Durante estas xornadas, o alumnado improvisador participou e organizou actividades de valoración das linguas e culturas propias, desde a poesía oral e a música até o baile ou o deporte tradicional. O día 7 de abril tivo lugar o festival Regueibertso no auditorio de Igorre, onde o alumnado improvisou con artistas do País Vasco como Onintza Enbeita.

A Regueifesta comprende a improvisación oral como un recurso educativo fundamental para unha educación humanista, onde as emocións e os afectos son motor das relacións persoais e do empoderamento individual e colectivo, a autoestima e o sentido crítico. 

A prensa di:

O CORREO GALEGO



21 NOTICIAS



ÁBRETE DE ORELLAS



BERTSOA

Manifesto regueifeiro: Non ás guerras

Este 1 de abril, o alumnado do IES do Milladoiro, concentrouse para participar no manifesto-regueifeiro-expansivo "NON ÁS GUERRAS". Un berro colectivo de alegría ante tantas guerras, para que as armas disparen flores e versos libres

 

Vídeo do concerto-faladorio de flamenco

 

Velaquí tedes o vídeo do concerto-faladoiro de flamenco,que levaron a cabo  Josemi Carmona (guitarrista de Ketama), Rafita de Madrid (cantador flamenco) e Moisés Fernández (tocador de caixón) para o alumnado do noso centro.

Concerto-faladoiro de flamenco

O xoves 10 organizouse no Auditorio do Milladoiro un concerto-faladoiro, dende o Departamento de Música, coa colaboración do alumnado da Radio e do Equipo de Dinamización Lingüística.

Tivemos a gran sorte de contar coa visita de tres grandes artistas internacionais de flamenco: 
Josemi Carmona (guitarrista de Ketama), Rafita de Madrid (cantador flamenco) e Moisés Fernández (tocador de caixón). O alumnado participou activamente no evento, posto que presentou Rebeca (que tamén bailou ao final), tocou Simón a guitarra e Diego bailou e cantou. Erik foi o encargado da loxística da gravación e da entrevista para a radio. 

 
A maiores de realizar o concerto, estes músicos fixeron un faladoiro moi interesante, no que o alumnado participou cunha serie de preguntas. Tratáronse temas moi diversos e interesantes que axudan a empoderar o alumnado para que siga estudando e perseguindo os seus soños. Xenerosos artistas con grandes palabras de ánimo para o alumnado, que serven para mudar narrativas cara a camiños motivadores.

Foi un día que seguro que o alumnado non esquecerá na vida. 


 

Moitísimas grazas a Josemi, Rafita e Moisés por tanta xenerosidade e arte.

Grazas tamén a Rosa Bugallo por facilitar que viñeran os artistas ao centro, e ao Concello por ceder as instalacións e acompañarnos no evento.

O alumnado do EDLG do IES do Milladoiro nos actos do Día de Rosalía organizados polo concello de Ames

Distribuir contido