Biblioteca

Enlaces

     

BIBLIOTECA

CLUB DE LECTURA DE PORTUGUÉS

 Nun mundo cada vez máis dixital con vantaxes innegables, pero que tamén nos afasta dos vellos hábitos, o contacto coa biblioteca, co papel, co cheiro dos libros é algo que hai que fomentar ás novas xeracións. A urxencia da lectura e todos os beneficios inherentes a ela (desenvolvemento cognitivo, formación de xuízos críticos, aumento do vocabulario, mellora da capacidade de escritura) son a base deste “Club de lectura”.

Continúa lendo no blog de actividades complementarias e extraescolares.

 

Porque no Milladoiro:
 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS.

A biblioteca do IES do Milladoiro sumouse unha vez máis á conmemoración do Día das Bibliotecas, que desde 1997 se celebra o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola “Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil” á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 O lema deste ano,"Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.

 

Porque no Milladoiro:

 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.

DÍA DAS ESCRITORAS

O día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e Executivas profesionais e Empresariais (FFDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, conta coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

A IX Edición celébrase este ano 2024 o 14 de outubro baixo o lema "A periferia da periferia: Mulleres que miraron ao mundo rural".

Co obxectivo de visibilizar a obra de escritoras, tanto galegas como doutras nacionalidades, leváronse a cabo na biblioteca do IES do Milladoiro varias lecturas en diferentes linguas a cargo do profesorado e do alumnado de diferentes niveis.

Le os pormenores no noso blogue.

 

Porque no Milladoiro:

 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.

 

Premios da Biblioteca na Semana do Libro

Entre as actividades convocadas na Semana do libro foi entregado un premio concedido pola biblioteca do centro ás alumnas Andrea Bravo e Cristina Botana, así como ao alumno Martín Fandiño.

30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

PAZ LINGÜÍSTICA

"Lela" de Castelao. Interpretación: María Iglesias (piano) e Dora Iglesias (frauta)

Actividades do Día da Non Violencia e a Paz

 

Actividades do Día Internacional da Non Violencia e a PAZ. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Biblioteca. Departamento de Música

1º recreo
Proxección e lectura de viñetas en homenaxe a Castelao.
Lectura dun manifesto pola paz.
Exposición de recortables realizados polos axudantes de biblioteca.

2º recreo
Interpretación de Lela de Castelao  a cargo de María Iglesias (voz e piano) e Dora Iglesias (frauta)
Cancións pola paz.

Información sobre plataforma de lectura E-LBE 2

 

O equipo de biblioteca quere informar sobre a plataforma de lectura gratuita E-LBE-2.

No mes de xaneiro  levouse ao cabo un enriquecemento do catálogo con novos fondos en diversos formatos (Epub, audiolibros, podcasts...) e diferentes linguas.

Durante o segundo trimestre, comeza unha nova serie de webinars de formación básica para os usuarios, aberta ao profesorado e ao alumnado. Sería interesante acudir, cando menos, a  algunha das sesións segundo os seus horarios lectivos.

Estas breves formacións on-line poden resultar moi útiles para comezar a utilizar este recurso de lectura co que conta a nosa biblioteca escolar.

Para inscribirse:

https://cdn.odilo.es/mailings/k12/IM_calendario_calendario_ene_feb_mar_2023_Xunta_20230103_v2.pdf

Próxima formación: Mércores 1 de febreiro ás 17 horas

 

Achegamos toda a información  na seguinte ligazón:

Itinerario formativo E-LBE-2, 2º trimestre.

 

Entrega dos premios do concurso de relatos de terror

 
Este pasado venres entregáronse un primeiro premio e un accésit do concurso de relatos de terror que organizamos polo Samaín.
 
O xurado reuniuse  o 29 de novembro do 2022 e acordou por unanimidade entregar o 1° Premio da modalidade A a Paula Ramos Vilar, de 1° da ESO D, pola obra Vaticinios. Así mesmo, o xurado decidiu outorgar un accésit, na mesma modalidade, a Gael Rodríguez López, por Un Nadal diferente.
No acto de entrega de premios que se celebrou na biblioteca, a premiada e mais o galardoado co accésit resumíronlles aos asistentes os seus textos, e logo recibiron de mans do director do centro cadanseu vale para gastar na librería, así como cadanseu caderno.

Programación da Biblioteca para o curso 2022/2023

Día das Bibliotecas Escolares 2022

Para festexar o Día das Bibliotecas Escolares o luns 24 de outubro o Director do IES do Milladoiro fixo entrega dos diplomas que recoñecen o labor do voluntariado do pasado curso na Biblioteca Escolar dentro do marco das convocatorias de Bibliotecas Solidarias e de Radio na biblio. Asistiron tamén algúns dos novos axudantes que se preparan para apoiar co seu traballo a nosa biblioteca durante este curso.

Na entrega de diplomas contamos coas interpretacións musicais dun alumno de 1º Bacharelato (Alejandro Buela)  ao piano e a colaboración do departamento de Música.

Biblioteca. Guía de verán

 

 

Theodor Kallifatides

O club de lectura do IES do Milladoiro foi a Betanzos, ao encontro co ilustre escritor grego Theodor Kallifatides, candidato ao Premio Nobel, que asinou un exemplar do libro Madres e hijos para a biblioteca do centro.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O luns 25 de outubro celebrouse na biblioteca do noso centro o Día das bibliotecasDurante o 2º recreo o Director fixo entrega dos diplomas de voluntariado aos axudantes que colaboraron no programa "Radio na biblio" durante o pasado curso. Foron presentados os novos axudantes e houbo actuacións musicais organizadas polo departamento de Música.

Enlace a máis información

MENSAXE DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ÁS FAMILIAS SOBRE O CURSO 2021/2022

 

 

Estimados pais e nais:

O orzamento extraordinario do PLAMBE para o curso 2021-2022 é de 1550 €, que se investirá na súa maior parte no reforzo de lecturas obrigatorias e voluntarias.

Este curso participamos en varias convocatorias: Clubs de lectura, Bibliotecas solidarias (axudantes de biblioteca), Radio na biblio, PLAMBE, etc.

Continuamos a colaboración coas bibliotecas da contorna para editar dúas guías de lecturas recomendadas de Nadal e de verán, que publicamos no blog http://iesmilladoirobiblioteca.blogspot.com/. Estamos en contacto coa biblioteca Ánxel Casal de Santiago e coa Biblioteca Municipal do Milladoiro e aproveitamos para recomendar que o alumnado faga o carné desta biblioteca porque así poderá acceder á plataforma GaliciaLe: https://www.galiciale.gal/



Funcionamento da biblioteca

O alumnado do centro terá acceso á utilización dos fondos de lectura, que se atopan na biblioteca.Levamos a cabo unha formación de usuarios para 1º de ESO.

O préstamo está xa en marcha e funcionará tanto de xeito on-line como tamén presencial. Poderase levar en empréstito ata 3 recursos (libros, CD ou DVD), que deberán ser devoltos nun prazo de 15 días. É moi importante o respecto dos prazos de devolución, así como o coidado dos libros para evitar a súa deterioración ou extravío.

Recordamos que aceptamos doazóns de lecturas, obrigatorias ou recomendadas, que xa non precisen e solicitamos a súa colaboración para recuperar todos os libros non devoltos á biblioteca. No caso de que o libro non apareza, debe ser comprado e restituído á biblioteca.

Animamos á participación nos clubs de lectura para o cal temos aínda aberta a inscrición. O alumnado interesado pode anotarse na biblioteca.

Novas recomendacións de lectura na Guía de Nadal

Xa está a disposición de toda a comunidade escolar a Guía de Nadal que elaboramos as bibliotecas dos centros de ensino públicos do concello. 

Programación da biblioteca para o curso 2020-2021

Guía de verán 2020. Bibliotecas escolares

As  bibliotecas  dos  centros  públicos  de  Ames  retomaron  o  contacto ao longo  do mes de  maio para preparar  a  Guía  de  lecturas recomendadas  para o verán 2020, guía  que  agora  pon  á  disposición  das  familias    a  través  deste  enlace.

Homenaxeamos a Rosalía.

O  día  28  de  febreiro  e  o  2  de  marzo o  EDLG  en colaboracion  coa  Biblioteca  organizan  nos  recreos  sesións  de lectura  dos  poemas  en  galego  de  Rosalía  de  Castro. Poderá  ler  non  só  o  alumnado,  senón  tamén  o profesorado  e  o persoal  non  docente. O  día  3  durante  o  primeiro  recreo  haberá  un  concurso  de  recitado.

En   O  Millafaladoiro  pode  accederse  a  toda  a  información  sobre  a  actividade. 

Animádevos  a  participar!

Rede de bibliotecas escolares

 

Como todos os anos as bibliotecas públicas de Ames reuníronse para intercambiar experiencias sobre  proxectos, promover a lectura e programar actividades conxuntas como lecturas compartidas, elaboración das Guías de Nadal e Verán, así como o  Boletín anual da contorna.

 

No   seguinte  enlace  pódese  acceder  á  Guía  de  lecturas  recomendadas para este  Nadal.

Programación da Biblioteca para o curso 2019-2020

Se desexas coñecer  a programación da bilbioteca do IES do Milladoiro para este curso 2019-20, preme a continuación:

PROGRAMACIÓN DA BIBLIOTECA 

Entrega de premios da VI Xornada Gastronómica Francesa

O luns 13 de maio tivo lugar na Biblioteca do centro a entrega de premios aos gañadores da VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo.

Visita a Ventín

O venres 12 de abril,  xusto antes de comezar as vacacións de Semana Santa, o alumnado dos  clubs de lectura de 1º, 2º e 3º de ESO visitou o seu antigo colexio.

Nova reunión das Bibliotecas da contorna de Ames

O pasado martes 30 de abril tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro unha reunión de Bibliotecas da contorna para intercambiar experiencias e proxectos, como a elaboración dunha Guía de lecturas recomendadas de verán 2019 e o III boletín da contorna, que recolle algunha das actividades salientables nas bibliotecas ao longo deste curso.

Visita de Carmen Pomar, Conselleira de Educación

O mércores 24 de abril a conselleira acudiu ao noso centro para interesarse polo funcionamento da biblioteca e dos clubs de lectura, que gabou moito. Participou nos actos organizados con motivo da semana do libro e agasallounos cun lote de libros xuvenís para a biblioteca.

Encontros con autores: Cándido Pazó

Aproveitamos o plan do MEC de fomento da lectura para invitar á nosa biblioteca a Cándido Pazó, actor, guionista, director teatral, narrador oral e autor, entre outras obras,  d'A piragua, obra que está a ler o alumnado de 2º de Bacharelato.

Rosalía tamén é nosa

Baixo o lema "Rosalía tamén é nosa" O EDLG do noso centro, en colaboración co departamento de Lingua Galega,  organiza diversas actividades para conmemorar o 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro.

Guía de recursos para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero.

Como continuación dos compromisos adquiridos ao desenvolver o Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, achegamos unha Guía de recursos

Obradoiro: OPS! Falamos portugués.

O alumnado de 4º ESO participou o 7 de febreiro no obradoiro "OPS! Falamos portugués. O portugués simples", unha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura.

Distribuir contido