Biblioteca

ACTIVIDADE APERTURA BIBLIOTECA: "THE GRUFFALO"

Como inicio da actividade da Biblioteca do centro, o pasado 9 de outubro o alumando de 1º de E.S.O. participou na lectura da obra de literatura infantil "The Gruffalo", libro escrito pola autora británica, Julia Donaldson. A historia do rato e o seu paseo polo bosque foi contada por Laura Calvo e Carmen Lago, contacontos de GOLA "The Toy Library". 

 

 

ACTIVIDADE DE APERTURA DA BIBLIOTECA: CONTACONTOS EN INGLÉS "THE GRUFFALO"

O venres 9 de outubro os alumnos de 1º ESO asistirán na biblioteca ao CONTACONTOS EN INGLÉS “THE GRUFFALO”

  • 5ª HORA 1AB
  • 6º HORA 1CD

Biblioteca. Lecturas para o verán 2015

A Rede de Bibliotecas Escolares de Centros Públicos do Concello de Ames ven de preparar unha guía de lecturas para este verán. Seguro que atopas algún libro que sexa do teu interese.

               

ENCONTRO CO AUTOR RAMÓN CARIDE E A SÚA OBRA 'FLASH-BLACK 13'

O martes 26 de maio os alumnos de 3º ESO encontráronse na nosa biblioteca co autor da última obra que leron no seu club. O autor intercambiou impresións sobre algúns dos relatos cos lectores, falou das súas preferencias literarias e dos seus comezos como escritor, ademais de recomendarnos algúns cómics cos que contamos na nosa biblioteca.


Certame Literario Letras Galegas 2015

O Certame Literario Letras Galegas 2015 amplía o prazo de entrega dos traballos ata o venres 29 de maio.

Animádevos a participar!

O Equipo da Biblioteca

Debate electoral

O pasado martes, 19 de maio, celebrouse no Instituto un debate electoral coas sete forzas que se presentaron ás eleccións locais do día 24. No debate tomaron a palabra nunha primeira rolda o BNG (David Santomil), o PsdG-PSOE (José Miñones), o PP (Alberto Piñeiro), Ames Novo (Pilar Candocia), Contigo Pódese (Genma Otero), Pacto por Ames (Ramón Argibay) e Cidadáns (Javier López). De seguido abriuse unha quenda de intervención do alumnado presente, de 1º de Bacharelato, que falou sobre as vías de participación política, dos problemas do transporte, dos equipamentos para actividades deportivas e lúdicas, do noite-bus, etc.

Todas as forzas políticas reiteraron o seu compromiso de solicitar unha entrevista coa Consellería de Educación para solucionar o problema do equipamento do Instituto. Agradecemos a presenza do acto, organizado pola Biblioteca e mais o Departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, das persoas que representan as forzas políticas do Concello, así como a participación e intervencións do alumnado presente.

 

Bibioteca: As novas de Leo nº 4

Xornadas Gastronómicas Francesas


Día: 16 de abril

Hora: 11.30-12 horas

Lugar: Biblioteca e corredor

No marco da Semana da Francofonía o Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza unhas Xornadas gastronómicas ás que invitamos a participar a todo o centro.

Desenvolvemento da actividade:

1.- Os alumnos e alumnas deberán escoller unha receita en francés; as receitas serán facilitadas xunto coa súa correspondente tradución (para o alumnado ou profesorado que o precise)

2.- A receita será posta en práctica na casa o día anterior, é dicir, o 15 de abril, en grupos de dúas a tres persoas. Excepcionalmente os grupos poderán estar formados por máis persoas e admítese a participación individual.

3.- O día 16 de abril encargarémonos de colocar os pratos na biblioteca á primeira hora da mañá para seren expostos e valorados polo Xurado.

Teatro na Biblioteca

O próximo martes 14 de abril ás 13:15, a aula de teatro AVELAÍÑAS TEATRO do IES Antón Losada de A Estrada representará na nosa biblioteca a obra de teatro escolar GORENTOSADAS. A esta representación acudirá o alumnado de 2º e 3º ESO dos clubs de lectura.

Trátase dunha obra de interpretación coral que combinando linguaxe corporal e verbal busca unha intensa e caleidoscópica reflexión sobre temas e valores como a CULTURA DA PAZ, O RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE, A SOLIDARIEDADE, a integración das persoas con necesidades educativas específicas, a violencia, o poder dos medios de comunicación, os contidos da publicidade, o papel da muller na sociedade actual…

  

Actividades Biblioteca

  • No marco do día da paz que se celebra o 30 de xaneiro a Biblioteca organizou unha exposición de caligramas realizados polo alumnado de 1º de ESO coa colaboración dos departamentos de Lingua española e Plástica.
  • O martes 3 de febreiro o alumnado de francés de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato acudirán á representación teatral: Le fantôme de l´opéra no colexio A Salle de Santiago.
  • O martes 3 de febreiro a última hora da tarde a Biblioteca organiza unha charla sobre a historia de cómic na que participará todo o alumnado dos clubes de lectura de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

As Novas de Leo. nº 3

I Concurso de micropoemas de amor

A Biblioteca do IES do Milladoiro convoca o 1º concurso de micropoemas de amor. Anímate a escribir o teu propio poema de amor na lingua que prefiras. Pregunta aos teus profesores de linguas se tes dubidas sobre o que vas a presentar.

Bases do concurso

Visita a Biblioteca Pública Ánxel Casal

Este mércores os alumnos de e 3º ESO do clube de lectura visitaron Santiago para coñecer mellor as variadas posibilidades culturais que lles ofrece a biblioteca pública Ánxel Casal e para formar parte dunha visita guiada do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). 

Xornada de Portas Abertas

O mércores 17 de decembro a Biblioteca do Instituto realizou unha xornada de portas abertas ás familias para que coñeceran de primeira man o estado de organización, algúns dos traballos realizados polo alumnado (poemas ilustrados de 1º da ESO) e a exposición sobre a Primeira Guerra Mundial.

Agradecémoslles a súa participación e desexamos a todas e a todas boas vacacións e un mellor 2015

Problemas Matemáticos

Martín Alonso Gamarra, alumno de 1º de ESO A, é o gañador do concurso sobre problemas matemáticos.

Parabéns Martín.

As Novas de Leo. nº 2

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

 

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Con motivo do "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos", o alumnado de 3º da ESO exporá, na cristaleira cercana a Biblioteca, o traballo de reflexión realizado nas titorías en colaboración coa ONG Médicos do Mundo "Outra mirada cara á inmigración".

Dentro das actividades destinadas a celebrar o día internacional dos dereitos humanos, os alumnos de 1º bacharelato B realizaron na biblioteca a lectura en francés dos artigos da declaración internacional dos dereitos humanos.

Inauguración da biblioteca do CEIP de Ventín

O xoves 4 de decembro os alumnos dos Clubes de Lectura participaron nas actividades de inauguración da biblioteca do CEIP de Ventín, desenvolvendo as seguintes actividades:

  • Os alumnos de 1º ESO realizaron recomendacións das súas obras preferidas e leron fragmentos dalgúns contos traballados con Félix, profesor de lingua castelá.

  • O alumnos de 2º ESO centráronse en ler breves relatos míticos coa profesora Cristina Díaz.

  • Os alumnos de 3º ESO leron un conto de Sherlock Holmes preparado coa profesora de francés Ana Sofía Ardariz. 

  • Os alumnos de 4º ESO B traballaron a lectura a varias voces dun libro de poemas-cancións en francés coa profesora Margarita Rodríguez.

  • Os alumnos de 4º ESO C realizaron a lectura de varios fragmentos de obras escollidas por eles e falaron da súa participación no club de lectura. 

Grazas ao CEIP de Ventín e, en especial a Elvira, pola súa invitación e acollida.

   

 

PREMIOS DO IV CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES "DESATA A LINGUA"

 

     

O ALUMNADO DO NOSO IES RESULTOU GAÑADOR DE DOUS DOS TRES PREMIOS DA IV EDICIÓN DO CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO  DO CONCELLO DE AMES: 

O premio ao mellor guión orixinal recibírono tres alumnos de 4º de ESO, e o premio á mellor interpretación recaeu en dúas alumnas de 2º de Bacharelato.

O PREMIO AO MELLOR GUIÓN ORIXINAL foi outorgado ao monólogo titulado: A regularidade, con guión de Jorge Expósito Patiño e Daniel Expósito Patiño e interpretado por Daniel Iglesias Duro.

O PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN  foi para o monólogo: Cousas da vida, con guión de Camila Caffarelli Popowicz e Rosalía Cid Tarrío, interpretado por Rosalía Cid Tarrío.

A Biblioteca convoca un concurso de problemas matemáticos

Descargar os problemas do concurso

 

BASES DO CONCURSO

Problemas matemáticos

A Biblioteca do IES do Milladoiro convoca un concurso matemático coa finalidade de promover a competencia matemática entre o seu alumnado.

Primeira. Participantes e categorías

Establécese unha sola categoría: alumnado de 1º da ESO, 2º da ESO, 3º da ESO, PDC e 4º da ESO


Segunda. Características do texto

Tema: Resolución de cinco problemas matemáticos

Formato: Word, arial 12 e dobre espazo

Idioma: Galego

Redación: Os problemas deberán estar debidamente razoados e redactados

Entrega dos traballos: Recepción das resolucións dos problemas terá lugar na Biblioteca o día 10 e 11 de decembro durante o recreo. Seguirase un sistema de plica para garantir o anonimato, é dicir, nun sobre gardarase a solución dos problemas e noutro introducirase a folla de identifición (nome, apelidos, curso, enderezo, teléfono...). Ambos sobres identificaranse co mesmo número.

Data límite de entrega: o día 11 de decembro

A Biblioteca edita o seu primeiro boletín de novidades: *As novas de Leo*

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O próximo martes 25 de novembro, haberá as seguintes actividades relacionadas co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

  • Visionado de CURTAMETRAXES
    • Lugar: Nas aulas con canón
    • Horario escolar
 
  • Lectura dun MANIFESTO
    • 11:30 Recreo
   
     
  • CONFERENCIA a cargo de Lola Ferreiro, profesora do IES Lamas de Abade
    • Alumnado: 1º Bach B (Historia)
    • Hora: 16:00
    • Lugar: aula de 1º Bach B
   
  • Proxección da PELÍCULA Sara de Silvia Quer
    • Alumnado: 4º ESO A, B, C
    • Hora: 16:30
    • Lugar: Salón de actos
 

Samaín. Historias de medo

 

O xoves, 30 de outubro, celebramos o Samaín no noso IES. O alumnado de primeiro de ESO participou coa lectura dramatizada de historias de medo. Historias, a maior parte delas, que formaban parte da vida cotiá do noso mundo rural e que permitían, entre outras cousas, mitigar a angustia ante a norte, transmitir normas básicas para a convivencia e reforzar as relación sociais.

Pola nosa biblioteca pulularon, á última hora da mañá, a Morte branca e a Morte negra, ánimas en pena que deixaran neste mundo algún asunto sen resolver, mortos aos que lles había que rachar o hábito, caveiras e esqueletos falantes, santas compañas e lobishomes.

Distribuir contido