Igualdade |
CORDINADORA: Larisa Rozados Lorenzo MEMBROS PROFESORADO
ALUMNADO
|
|||
Lara Rozados, coordinadora de Igualdade e membro do EDLG, entrevistara en febreiro a Fátima Barros aproveitando a súa visita ao centro polo Día da Muller e da nena na ciencia, onde lle falou á rapazada de diferentes niveis. |
|||
O alumnado de 3º ESO estivo na Casa da Cultura para coñecer o Festival Feminista de Arte Urbana e Contextual, Delas fest, desenvolvido por 7H Cooperativa Cultural. Trátase do primeiro festival de arte urbano con perspectiva de xénero de Europa, no que se inclúen distintas accións como obradoiros. encontros, realización de murais... Unha interesante actividade que de deu a coñecer á repazada do noso centro |
|||
"Hoxe 11 de Febreiro é o Día da Muller e a Nena na Ciencia e queremos agradecer a implicación do alumnado do noso centro na actividade sobre científicas realizada onte durante os recreos e organizada polo Club de Ciencia.
Recordarvos que o mércores no primeiro recreo, no salón de actos, unhas científicas moi importantes farán a entrega dos tres primeiros premios, ainda que todas e todos que participastes teredes un agasallo.
Desfrutade do día!!!"
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
"17/5. Día contra LGTBI fobia" é o nome da exposición que o Comité de Igualdade levou a cabo co gallo do Día Internacional contra a homofobia, a transfobia e a bifobia. Na entrada do centro amosaron, en diferentes paneis, exemplos célebres entre o colectivo trans, que é un dos máis afectados pola actitude de intolerancia e polas accións violentas de grupos extremistas. |
|||
|
|||
Como xa é tradicional no noso centro, o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro amosoulle a toda a comunidade educativa as actividades para desenvolver co gallo do Día Internacional da Muller.
|
|||
Amosamos un dos faladoiros científicos máis interesantes que fixo o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro, co gallo do Día Internacional da muller e da nena na Ciencia. Nel falouse de tres mulleres matemáticas afroamericanas: Katherine Johnson (que calculou as traxectorias do primeiro proxecto espacial dos Estados Unidos), Dorothy Vaughan (matemática que traballou na NASA) e Mary Jackson (enxeñeira espacial). As tres son as protagonistas dunha película baseada nestas grandes mulleres, Figuras ocultas.
|
|||
O luns, 14 de febreiro, o Comité de igualdade do IES do Milladoiro organizou dúas actividades diferentes nos recreos. No primeiro, e para conmemorar o Día dos namorados, realizou unha actividade na que se pedía ás alumnas e alumnos do centro (amais de a profesores e profesoras) que reflexionasen sobre o importante que é valorarse a un mesmo, o amor propio, e acabar cos mitos do amor romántico tóxico.
No segundo recreo, as alumnas que forman parte do Comité de Igualdade continuaron cos faladoiros científicos, iniciados o venres. Tres alumnas do centro (María, Sara e Dora) metéronse na pel de tres mulleres de diferente época, relacionadas co campo da Medicina. |
|||
O Comite de Igualdade do IES do Milladoiro continúa a desenvolver, esta semana, as actividades vinculadas ao Día Internacional da muller e a nena na Ciencia. No seguinte vídeo podedes ver un anaco do faladoiro científico feito o luns, 14 de febreiro.
|
|||
Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro desenvolveu un faladoiro científico no salón de actos. No seguinte vídeo podedes ver un anaco. |
|||
Dende o IES do Milladoiro queremos agradecer a colaboración prestada polas familias polos xoguetes e libros recollidos na actividade organizada polo Comité de Igualdade do noso centro, que serán doados á asociación AVESANTI. MOITAS GRAZAS! |
|||
Feminicidio é o nome da "perfomance" coa que o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro quixo conmemorar o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A actividade desenvolveuse nos dous recreos e serviu para amosar, unha vez máis, o rexeitamento de toda a comunidade educativa do noso centro fronte a unha lacra que segue a ser unha crúa e dura realidade. |
|||
O venres 19 o alumnado de 1º de bacharelato tivo o pracer de asistir á representación dun teatro-foro patrocinado pola Concellería de Igualdade do concello de Ames. A obra (¿Esto es amor?) foi representada pola compañía zaragozana “Psiare” e resultou ser todo un éxito, xa que a participación foi máxima por tratarse de temas moi próximos aos nosos/as adolescentes, como son a detección e prevención de sinais de violencia de xénero, ou novas masculinidades. O obxectivo principal era entender que non debemos ser observadores/as pasivos/as, senón mobilizarse a través da actuación e visualización. |
|||
Co gallo do 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, o Comité de Igualdade organizou durante os recreos do día 10 de marzo unha danza reivindicativa. A actividade serviu para pór de manifesto as inquedanzas do noso alumnado, así como a necesidade de camiñar todos e todas xuntos/as cara a unha sociedade máis igualitaria. |
|||
Neste vídeo recóllense as imaxes do Photocall feito o pasado mércores para conmemorar o Día de Rosalía. A actividade, organizada polo EDLG en colaboración co Comité de Igualdade, titulouse "Rosalía tamén tivo teito de cristal" e estivo centrada no papel da autora como defensora dos dereitos da muller.
Pola tarde, Aroha Brandón, Ana Caamaño, Uxía Reyes e Alba Vidal foron as encargadas de ler parte do manifesto que escribiu Anne Figueirido para a AELG e que se leu nun acto sinxelo diante da casa de Barbazán en Bertamiráns, onde Joseba Muruzabal pintou "as Rosalías"
|
|||
Deixamos aquí o vídeo que reflicte a homenaxe que as alumnas do noso IES lle quixeron render a algunhas das científicas máis importantes do panorama internacional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. A través de diálogos de gran viveza e orixinalidade o público asistente puido achegarse de xeito lúdico aos logros dunha serie de mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química e o Comité de Igualdade e serviu para pór en valor o papel fundamental das mulleres no eido científico, pero tamén reivindicar a igualdade de xénero e lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e das nenas no mundo da ciencia e da tecnoloxía. |
|||
Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e, no noso IES, levamos toda a semana visibilizando o papel fundamental das mulleres na historia da ciencia. Está a resultar una actividade enriquecedora e que, día tras día, logra completar aforo.
A actividade complementouse cunha entrevista no programa de radio Entrevistas con Diego.
Queremos expresar o noso agradecemento ás nosas alumnas por darlle vida a estas grandes científicas. Mañá poderemos gozar da última tertulia. En breve publicarase unha montaxe con todas as tertulias. Así mesmo, o noso centro participou activamente no vídeo conmemorativo elaborado polo noso concello. |
|||
|
|||
"No día a dia reproducimos estereotipos machistas sen nos decatar porque vivimos nunha sociedade patriarcal; as familias, os medios de comunicación e tamén o sistema educativo contribúen a perpetualos. A incoherencia entre o que pensamos e o que facemos (curriculum oculto) delata o peso da socialización do que non somos conscientes, unha influencia tan sutil que resulta moi eficaz. Polo tanto hai que estar alerta, e para desvelar a desigualdade teremos que por os lentes violeta". Con estas palabras de Chis Oliveira e Amada Traba arrancan Paula García e Carlota Vicente o terceiro podcast do seu programa "Igualdade e Saúde", centrado na coeducación.
|
|||
Xa temos a segunda entrega do programa Igualdade e Saúde. Dirixido por Carlota Vicente e Paula García. Nesta ocasión trataron o tema das mulleres na física. A entrevista fixéronlla a Encina Calvo, profesora no grao de Enxeñaría química da USC. Estade atentas e atentos que xa vai saír en breve o podcast seguinte deste programa. |
|||
Hoxe, 25 de novembro, o IES do Milladoiro únese á loita contra a violencia de xénero. Para conmemorar esta data o Comité de igualdade, formado por dúas profesoras e trinta e catro alumnos e alumnas, fixo partícipe a toda a comunidade educativa repartindo máscaras moradas, cor representativa deste movemento. Amais, visibilizaron no "Espazo de Igualdade" as 41 vítimas de violencia de xénero no que levamos do ano 2020.
Grazas a todas e todos as/os que colaboraron nesta iniciativa, incluído o Concello, que contribuíu neste día agasallando ó Comité con camisetas reivindicativas e proporcionando axendas ao alumnado de 2º de ESO. Así mesmo, grazas á colaboración do CIM (Centro de Información á Muller) mañá, día 26, o alumnado de 2º ESO E e 3º ESO E participará no obradoiro A violencia de xénero a través das pantallas, co que se prentende facer unha abordaxe dalgunhas das condutas vencelladas á violencia de xénero que se produce nas distintas redes sociais. Deixámosvos aquí unha entrevista que Claudia Bretaña e Laura Pájaro , membros do Comité de Igualdade, concederon a Radio MillaFalaDoiro. Agardamos que cada ano se una máis xente a esta loita! |
|||
Hoxe, 25 de novembro, Paula García e Carlota Vicente estrean programa na Radio MillaFalaDoiro, a radio do IES do Milladoiro. Chámanlle Igualdade e Saúde e van tratar de todos os temas arredor da Igualdade de Xénero. Neste primeiro programa entrevistaron a Luisa Feijoo, Concelleira de Benestar Social de Ames.
|
|||
O vindeiro 23 de abril celébrase a oitava edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC, dirixido entre outros a estudantes dos últimos niveis de Secundaria, grupos de idade nos que parece importante potenciar a visibilización das TIC desde un enfoque inclusivo, facendo fincapé no papel das tecnólogas, investigadoras e empresarias galegas. Desde o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), tendo en conta a situación vivida actualmente e derivada do Covid-19, propoñen a realización dunha actividade online (unha multiconferencia web). O día 23, entre as 11h e as 12:30 aproximadamente, terá lugar un coloquio virtual entre a rapazada e catro investigadoras e profesionais das tecnoloxías. O coloquio estará aberto á participación en directo do estudantado, mais para poder participar precísase dunha inscrición previa que ha de realizarse co envío dun correo electrónico. Neste enlace pode accederse a toda a información ao respecto: como inscribirse, como conectarse, información sobre as catro mulleres que interveñen, etc. |
|||
O xoves, 5 de marzo, os membros do Comité de igualdade participaron nun acto conmemorativo do 8M no que se encontraron co alumnado do IES de Ames e con persoeiros do noso concello. O acto, no que se recordou a historia de Carmen Amado (vítima da violencia de xénero), leuse un manifesto, recitáronse poemas e rematou coa plantación de dúas árbores no paseo de Carmen Amado.
O venres, 6 de marzo o Comité de igualdade preparou un photocall no andar intermedio e puidéronse sacar fotografías con mensaxes reivindicativas. O acto conmemorativo foi ambientado con pezas musicais centradas na igualdade.
Nestas últimas semanas o noso alumnado estivo a traballar rescatando a historia de mulleres que foron invisibilizadas nos nosos libros de texto. Algunhas das sinopses biográficas están colocadas nas paredes do noso IES. |
|||
O Comité de Igualdade convocou de novo hoxe, 3 de marzo, os membros da nosa comunidade educativa para gardar un minuto de silencio como símbolo de repulsa ante o último asasinato por violencia machista. |
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »