Club de Ciencias |
|
|||
O club de ciencia, xunto cos clubs de lectura do centro, despedimos este curso cunha saída por Santiago de Compostela. Visitamos as exposicións "Da semente á árbore", "Outras historias posibles" e "Tesouros reais" na Cidade da Cultura e camiñamos ata o casco vello da cidade facendo un tramo da ruta do Sar. Paseamos por rúas e prazas e entramos nalgunhas librarías da zona. Rematamos a xornada na biblioteca Ánxel Casal tomando nota dalgúns títulos para posibles lecturas de verán. Esperámosvos o próximo curso con moitas novidades do club de ciencia. Bo verán. |
|||
Este 5 de xuño presentamos os nosos traballos a un público moi esixente, o alumnado de 1º da ESO do noso instituto e o alumnado de 6º de primaria de Ventín que o vindeiro curso estarán no noso instituto. Os proxectos foron do máis variado: estudamos a formación dos cálculos renais, comparamos a efectividade da aspirina e o ibuprofeno, experimentamos con tintes naturais e cianotipia, aprendimos a usar liques e macroinvertebrados como indicadores da calidade da aire e a agua, fixemos destilacións de romeu, comprobamos o poder antibiótico do allo en cultivos bacterianos e detectamos a ovulación coa cristalización de estróxenos en saliva. Parabéns polo fantástico traballo deste curso.
|
|||
Este martes 5 de marzo, o alumnado que mellor resolveu o kahoot sobre mulleres científicas elaborado polo club de ciencia, disfrutou dunha sesión de peli e flocos de millo. Nestas fotos podedes ver algúns dos carteis elaborados, como foi a xornada na que xogamos ao kahoot e a sesión de cine coa película escollida: Marte.
|
|||
Este 30 de novembro pechamos o Mes da Ciencia en Galego ofrecéndolle ao alumnado de 1º da ESO unha demostración dos traballos realizados durante este trimestre polo alumnado do Club de Ciencia. A temática deste curso xira en torno á saúde e os diferentes grupos de traballo investigaron sobre cultivos bacterianos; detección de catalasa en tecidos e de amidón e vitamina C en diversos alimentos; os efectos do tabaco, das bebidas enerxéticas e da radiación sobre a saúde; a utilización de pigmentos naturais como indicadores de pH; a posoloxía dos medicamentos; o proceso de dixestión ou a identificación de grupos sanguíneos.
Moitas grazas a todas e todos. |
|||
O Club de Ciencia do IES do Milladoiro finalizou a súa actividade no presente curso por todo o alto, ca preparación dunha fiera científica para recibir ao alumnado de 6º de primaria do CEIP de Ventín. É o colofón a un gran ano no que o Club, grazas ao esforzo de alumnado e profesorado, nunha referencia indiscultible no noso centro. MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!
|
|||
O noso centro, a través do seu Club de Ciencia, estivo presente no concurso "Reimagina la Ciencia en Galicia 2023". Alí, presentaron o video "ensaios clínicos" os alumnos Mario Campos, Iago Varela, Carolina Rey, Oscar Pin, Hugo Mateos, Iria Buján e Diego Madarnás, conseguindo ser finalistas. O martes, 20 de xuño, a partir das 10:00 h, será a Gala Final e entrega de premios e poderá seguirse online a través da seguinte LIGAZÓN
|
|||
O alumnado do Club de Ciencia visitou o venres a feira de innovación e tecnoloxía MAKER FAIRE Galicia 2023
Asistiron a obradoiros de intelixencia artificial, proxectos con Arduino, creación de videoxogos e xogos de inxenio.
Unha xornada lúdica na que comprobaron que a ciencia, ademáis de ser o futuro, é divertida.
|
|||
"Onte, o Club de Ciencia, fixo entrega dos premios da actividade realizada o venres para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Para esta entrega tivemos unhas invitadas moi especiais, Laura Rozas e Claudia Bretaña, exalumnas do centro que actuaron como Marie Curie e Marie Lavoisier e fixeron un experimento ante todas e todos os asistentes ao acto. Moitas grazas a todo o alumnado participante e parabéns aos gañadores: Yago Bouzas, Xoel Reinaldo e Sergio Abucide. E moitas grazas a Laura e Claudia por continuar con tanta implicación co centro, coa ciencia e reivindicando o papel da Muller en tódolos ámbitos "
|
|||
"Hoxe 11 de Febreiro é o Día da Muller e a Nena na Ciencia e queremos agradecer a implicación do alumnado do noso centro na actividade sobre científicas realizada onte durante os recreos e organizada polo Club de Ciencia.
Recordarvos que o mércores no primeiro recreo, no salón de actos, unhas científicas moi importantes farán a entrega dos tres primeiros premios, ainda que todas e todos que participastes teredes un agasallo.
Desfrutade do día!!!"
|
|||
|
|||
|
|||
CLUB DE CIENCIA Árbore de Nadal con material de laboratorio Mensaxes navideñas con elementos da Táboa Periódica Fecendo un caleidociclo Formación dunha árbore de Nadal por reacción REDOX do cobre con nitrato de prata |
|||
|
|||
O vindeiro 29 de novembro (martes), o Club de Ciencia do IES do Milladoiro conmemora o mes da Ciencia en galego cuns obradoiros experimentais, nos que os seus integrantes (rapaces e rapazas de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato) explicarán aos máis pequenos do instituto (alumnado de 1º ESO e 2º ESO) curiosidades da ciencia da mellor maneira para entendela, EXPERIMENTANDO!!! |
|||
O club de ciencias presentou o traballo realizado no curso escolar 2021-2022, no que participou alumnado de 1º e 2º de bacharelato. No seguinte vídeo pódense ver as distintas experiencias que levaron a cabo. Os experimentos realizados no presente curso foron:
“A ciencia é unha forma de pensar, moito máis que un corpo de coñecementos”, Carl Sagan |
|||