Orientación |
Departamento: Orientación
Programacións
|
|||
Durante este mes de novembro desenvolvéronse as charlas do Plan Director, co obxecto de mellorar a convivencia e a seguridade nos centros educativos e na contorna, polo que non quixemos pasar a oportunidade de ofrecerlle ao noso alumnado as ferramentas precisas para contribuír ao logro dunha cidadanía responsable e crítica nunha sociedade democrática.
O alumnado de 2º e 4º ESO puido recibir información sobre as novas adicións relacionadas coa internet, o móbil e os videoxogos xunto cos riscos que conlevan facer un uso inaxeitados dos mesmos.
Porque no Milladoiro:
|
|||
O venres contamos no noso centro cos talleres de ANEDIA, a Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabetes de Galicia.
Trasladóusenos información de especial relevancia sobre a diabetes e como identificar sinais de alarma co fin de dar unha resposta que poidan previr situacións de risco vital nas persoas que padecen esta enfermidade. 2º bacharelato B, 3º ESO B, 2º ESO D e o profesorado do IES do Milladoiro aprendimos que é a diabetes e como actuar ante unha hipoglucemia e unha hiperglucemia.
Porque no Milladoiro:
|
|||
O Departamento de Orientación e a Coordinadora de Convivencia e Benestar do IES do Milladoiro desenvolveron na segunda semana do mes de novembro unhas actividades de sensibilización sobre o trastorno de espectro autista (TEA) a través da asociación ASPANAES, que levou ao noso centro a unha dos súas usuarias, Mónica Otero Calvo, que ademais, como membro do CAIA (Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia) representa, dentro de esta entidade, unha labor de posta en coñecemento dos problemas e demandas da mocidade que ten trastornos do neurodesenvolvemento. Mónica fixo unha intervención na que amosou as súas características e situacións que, como persoa afectada polo trastorno do espectro autista, viviu na súa experencia escolar e social: percepción sensorial distinta, dificultades para comprender o que se quere de ela, interpretar as situacións sociais,comprender os dobles sentidos, desenvolver condutas que poden semellar aos demais como inapropiadas ou desenvolvidas fora de contexto… Mónica insistiú en que ao contrario do que moitas veces se pensa, as persoas que teñen TEA si desexan ter amizades, pero este propósito vese dificultado pola dificultade de comprender as intencións das outras persoas, o que moitas veces pode dar lugar a situacións de illamento. A nivel educativo Mónica destacou problemas que afectan a este tipo de alumnado como a falta de concentración, a sobresaturación de información e o sufrimento causado pola falta de comprensión das situacións sociais e o maior risco de verse afectados por situacións de acoso escolar. A parte final da exposición foi a de unha petición de axuda ás persoas con TEA, amosando tolerancia, comprensión ante estas dificultades e contribuindo así a unha escola inclusiva, que fai realidade e aporta pleno significado ao noso lema “SOMOS DIFERENTES, SOMOS REFERENTES!” |
|||
O venres 11 de outubro, o alumnado de 4º ESO desfrutou do Edugal, 13º Salón de Educación e Formación de Galicia, consistente nunha exposición de oferta educativa e de formación que tivo lugar en Pontevedra.
Ao par desta exposición, o noso alumnado tivo a posibilidade de asisitir a diferentes charlas sobre a "Formación Profesional" e "Intelixencia artificial". Continúa lendo no blog de actividades do IES do Milladoiro.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!. |
|||
O alumnado de 2º BAC contou esta semana cunhas sesións para aprender a xestionar e autorregular as emocións posto que somos conscientes da necesidade de acompañar e coidar nesta etapa tan importante.
Podes seguir lendo no blog das actividades do IES do Milladoiro
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
|
|||
O 9 de maio desenvolveuse no salón de actos do IES do Milladoiro unha xornada-coloquio de orientación vocacional, organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 1º Bacharelato., contando con colaboración de nais e pais de alumnado, De maneira xenerosa, participaron distintos profesionais que compartiron a súa perspectiva do mundo laboral e a proxección de carreira persoal en diferentes ámbitos A actividade desenvolveuse baixo un programa no que se desenvolveron as seguintes actividades:
Convidados mesa redonda:
A moderación e dinamización do coloquio correu a cargo de Enma Araujo, periodista de "La Voz de Galicia"
Estas xornadas foron obxecto de atención por parte dos medios de comunicación. Amosamos, a continuación, ligazón ao artigo de "La Voz de Galicia", adicada ás mesmas:
|
|||
INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN |
|||
O 2 de maio desenvolveuse no salón de actos do IES do Milladoiro unha xornada-coloquio de orientación vocacional, organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 4º ESO., contando con colaboración de nais e pais de alumnado, De maneira xenerosa, participaron distintos profesionais que compartiron a súa perspectiva do mundo laboral e a proxección de carreira persoal en diferentes ámbitos
A actividade desenvolveuse baixo un programa no que se desenvolveron as seguintes actividades:
Convidados mesa redonda:
|
|||
Todos/as aqueles/as que teñan a bolsa denegada, non estean nas listaxes (clicando no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html ) ou non estean dacordo coa contía teñen aberta a posibilidade de interpoñer un recurso de reposición. PRAZO DE PRESENTACION RECURSO REPOSICION BOLSAS 22/23 CONVOCATORIA XERAL:
ONDE PRESENTAR RECURSO DIRIXIDO A SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO?
PARA DESCARGAR IMPRESO DO RECURSO CLICAR NO SEGUINTE ENLACE: https://www.becasalestudio.com/wp-content/uploads/2014/06/ModeloRecursoReposicionBecas2021.pdf NO GOOGLE: ESCRIBINDO: Recurso de reposicion becas mec e clicando na entrada: RECURSO DE REPOSICIÓN
|
|||||||||||||||||||
AS BOLSAS XERAIS PARA O CURSO 2023/2024 PÓDENSE SOLICITAR DO 27 DE MARZO AO 17 DE MAIO DE 2023 Poderán ser beneficiarios das distintas contías os alumnos e alumnas que no ano académico 2023/2024 cursen:
ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS (FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS)
ESTUDOS UNIVERSITARIOS (GRADO, MÁSTER)
|
|||
Convocatoria de bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado de algunha das seguintes situacións:
Pódense pedir para os seguintes niveis non universitarios:
INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
|
|||
|
|||
No IES do Milladoiro celebramos o venres, 8 de abril, o Día Internacional do Pobo Xitano cunha celebración musical que veu precedida pola exposición de carteis conmemorativos e a lectura dun manifesto, que podedes escoitar e ver no seguinte vídeo: |
|||
O 8 de abril celébrase o día internacional do Pobo Xitano. É unha data importante para nós porque o 8 de abril de 1971 recoñeceuse por primeira vez a nosa identidade como pobo. Si, hai tan só 50 anos que a nosa lingua, historia e cultura xitanas se respectan oficialmente. Desde entón temos bandeira e mesmo himno. Os xitanos españois somos de etnia romaní, procedente do Noroeste da India, desde onde os nosos antepasados emigraron ata establecerse en España hai máis de 600 anos. O que nos mantén unidos é en primeiro lugar o noso peculiar idioma romaní, que se transmitiu oralmente de xeración en xeración xunto cun conxunto de tradicións e costumes presididas pola alegría de vivir que nos caracteriza e diferenza. Adoitamos estar sempre xuntos, formando unha gran familia na que compartimos case todo. Non perdemos a oportunidade de gozar da vida bailando e cantando. Sabías que somos a minoría étnica máis numerosa e discriminada de Europa e a máis antiga de España?, e a máis rexeitada polo resto da poboación por mor dos estereotipos que tenden a asociarnos con actividades delituosas. O 90% somos xente normal, igual que vós. Só se coñecen determinados aspectos superficiais da nosa vida cotiá esaxerados que xeran rexeitamento e discriminación. Pero, moito máis alá dos tópicos, tamén hai xitanos avogados ou políticos. Queremos que coñezades a situación para que nos axudedes a cambiala. Non nos incluades nese 10% de delincuentes porque non todos somos iguais, nós somos xitanos de ben. Pénsao, a ninguén se lle ocorrería xulgarte por algún delincuente que poida haber na túa familia ou que viva no teu barrio. Pois isto mesmo pedimos nós. O noso pobo leva séculos sendo vítima de racismo, discriminado e marxinado ata o punto de que a palabra “xitano” utilízase para descualificar a alguén pola súa orixe ou pola cor da súa pel. Incluso o dicionario da Real Academia Española define o termo xitano como "trapacero". Vivímolo na nosa pel a diario e en todos os ámbitos. Van sendo horas de desterrar estas ideas e terminoloxía que tanto nos fai sufrir. Imaxínaste como nos sentimos cando nos dixeron “ti acabarás de delincuente ou como moito vendendo no mercadiño". Pedimos a vosa colaboración para que isto comece a cambiar. E, finalmente, para acabar con alegría queremos que nos acompañedes cantando e bailando.
|
|||
No marco do programa Quéda-t, tivo lugar a sinatura do convenio de colaboración ca Fundación Secretariado Xitano, que leva tempo vinculada con nós, a través da súa presenza na rede do IES do Milladoiro. Co convenio entre o noso centro e esta asociación, preténdese desenvolver o "programa Promociona", que intenta obter taxas máis altas de éxito escolar na ESO, promover a continuidade de estudos postobrigatorios e reducir o abandono escolar temperán. Para iso desenvolveranse actuacións co alumnado, familias, centro escolar e outros axentes, a través do traballo do orientador educativo do programa, Pablo Méndez Trigo. Dende o centro esperamos que esta iniciativa supoña un paso máis no desenvolvemento de iniciativas e actividades da Asociación Secretariado Xitano no Milladoiro. |
|||
BOLSAS E AXUDAS: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
BOLSAS E AXUDAS: FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOSENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL |
|||
Hoxe, 22 de febreiro, o alumnado de 1º de bacharelato B tivo a oportunidade de asistir a unha videoconferencia a cargo da profesora da Facultade de Psicoloxía Dolores Rodríguez Salgado. A relatora, ademais de facer fincapé no obxecto de estudo da Neuropsicoloxía, explicoulle ao alumnado as distintas saídas profesionais relacionadas con esta disciplina clínica. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación en relación ao programa A Ponte levado a cabo pola USC. |
|||
Aberta a convocatoria de bolsas e axudas para alumnado con nescesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020-2021. O prazo de solicitude rematará o 30 de setembro. A través deste enlace pode accederse a toda a información ao respecto. Para calquera aclaración ou consulta non dubide en contactar co centro educativo. |
|||
No Anexo podedes consultar a oferta actualizada de graos nas tres universidades de Galicia: UVIGO, USC, UDC. Anexo: oferta de graos universitarios en Galicia curso 2020-2021
|
|||
Dende a Rede Galega de Dinamización da FP Dual queren chegar ao alumnado que aínda quedan prazas libres para os novos ciclos que se ofertan na modalidade de FP Dual o próximo curso. Por isto, achégase no Anexo o resumo da oferta prevista na provincia de A Coruña. No mes de Setembro, volvería abrirse un novo proceso de selección se quedasen prazas dispoñibles. |
|||
Para todos aqueles que esteades interesados en facer un ciclo formativo para o seguinte curso, no Anexo atoparedes o calendario de admisión a ciclos formativos para o curso 2020/21. Ademais na seguinte ligazón tedes toda a información xeral de admisión a ciclos http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral . |
|||
La Voz de Galicia publicou a guía de estudos superiores "Que quero estudar?".
Trátase dunha guía moi completa na que se informa de toda a oferta de estudos universitarios, estudos de FP e outras ensinanzas, organizados nas catro ramas de coñecemento: Artes, Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias.
Na guía (que está no anexo) podedes atopar unha descrición básica de cada un dos estudos superiores, os centros donde se ofertan, as condicicóns de acceso, as notas de corte e as saídas profesionais. Tamén inclúe información sobre becas e residencias.
Tamén podedes atopar a información empregando este buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/, a través do que navegarás empregando diferentes criterios de búsqueda.
|
|||
Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo. A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Nos anexos atópanse tanto a resolución como o novo calendario das probas de acceso. |
|||
IGAXES (ONG para o futuro da infancia e a xuventude en risco) elaborou un documento, que se atopa no anexo, donde se analiza o impacto que a crise sanitaria ten na infancia e a xuventude máis vulnerables en Galicia e que pode ser de interese e reflexión para todos/as. |
|||
O Equipo de Orientación Específico da Coruña proporciona, no documento anexo, unha serie de enlaces de interese xeral para o coidado do Benestar Emocional do alumnado. Ademais, tamén ofrece unha serie de recomendacións con ligazóns a algunhas asociacións que atenden a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. |
|||
O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO tedes nos anexos varios documentos con información que vos pode resultar de interese de cara ao curso que ven: - Orientación 1º (2º e 3º da ESO respectivamente) 2019-20: con información sobre a promoción de curso, estructura do sistema educativo, elección de materias, etc. - Caderno de orientación académica para cada curso (1º,2º e 3º da ESO) moi completo de Mónica Diz.
Espero que esteades todos ben e moito ánimo. |
|||
O alumnado de 4º da ESO tendes á vosa disposición nos anexos varios documentos que seguro pos poden resultar de interese de cara ao voso futuro académico-profesional: - Orientación 4º ESO 19-20: con información sobre a titulación, estructura do sistema educativo, o bacharelato, webs de interese, etc. - Un caderno de orientación académica para alumnado de 4º da ESO moi completo, de Mónica Diz. - Táboa de ponderacións para ABAU. - Modalidades preferentes de bacharelato para o acceso a ciclos superiores. - Recursos abertos para o autocoñecemento e a autorientación.
Espero que esteades todos ben e moito ánimo! |
|||
O alumnado de 1º de bacharelato ten a súa disposición nos anexos varios documentos que lle poden ser de interese: - Orientación 1º bac: con información sobre a promoción de curso, estructura do sistema educativo, elección de materias, páxinas web de interese. - Modalidades de bacharelato preferentes e materias vinculadas para o acceso a ciclos de grao superior. - Táboa de ponderación para ABAU. - Recursos abertos para o autocoñecemento e autoorietnación.
Espero que esteades todos ben e moito ánimo. |
|||
O alumnado de Bacharelato (especialmente o de 2º), ten a súa disposión nos anexos, dous documentos que lle poden ser de gran utilidade: - Opcións_bacharelato_2º: donde se recollen diferentes páxinas webs sobre estudos universitarios, a FP e sobre outras ensinanzas non universitarias. - Recursos abertos autoorientación: donde se recollen diversos recursos abertos para desarrollar o autocoñecemento. Espero que esteades a pasar estas semanas o mellor posible. |
|||