Xornada Coloquio de Orientación Vocacional. dirixida ao alumnado de 4º ESO

O 2  de maio desenvolveuse no salón de actos do IES do Milladoiro unha xornada-coloquio de orientación vocacional, organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 4º ESO., contando con colaboración de nais e pais de alumnado, De maneira xenerosa, participaron  distintos profesionais que  compartiron  a súa perspectiva do mundo laboral e a proxección de carreira persoal en diferentes ámbitos

 

A actividade desenvolveuse baixo un programa no que se desenvolveron as seguintes actividades:

  • 16:30h. Breve charla sobre itinerarios conducentes a estudos universitarios. desenvolvida por Pablo Taboada Antelo, doutor en Física da  USC. e que xirou  sobre a formación na universidade e oferta formativa da USC. Vinculacións estudos
  •  17:00h. Mesa coloquio: na que participaron convidados con formación en distintas áreas de coñecemento, e que falaron desde a súa experiencia persoal sobre os estudos que os levaron ás profesións que exercen; a relación coas expectativas que tiñan; se foi a súa primeira opción ou unha alternativa; formas diversas de chegar a postos como o seu ou outros relacionados co seu traballo. De maneira que poida ser inspirador e orientador para o alumnado na súa próxima toma de decisións e comezo de proxecto de carreira persoal.
  •  17:30 h. Conversa co alumnado. Momento no que os alumnos e alumnas fixeron as súas preguntas e compartiron  inquedanzas cos convidados

 

Convidados mesa redonda:

  • Francisco Vilar: traballa na empresa NTT Managed en soporte de aplicacións empresariais Microsoft e estudou FP-Informática de Xestión. (Pai de dous alumnos do centro). INFORMÁTICA
  •  Ana Portals Caamaño: cociñeira e propietaria do restaurante Solleiros. HOSTELERÍA.- Traxectoria profesional neste sector e formación
  •  Javier Rivas Varela: estudou na Escola Mestre Mateo e traballou no eido das artes plásticas. Logo decidiu orientar a súa profesión cara ao mundo da tatuaxe, ten un negocio no Milladoiro. ARTES PLÁSTICAS
  •  Rosa Pais Lago: Licenciada, estudou Ciencias Económicas e dirixe Empresa e negocio de Xestión en Bertamiráns. ECONOMÍA - empresa
  •  Susana García Ducros. Filóloga, ten unha empresa de tradución propia. TRADUCIÓN. HUMANIDADES
  •  A moderación e dinamización do coloquio correu a cargo de Emma Araújo, xornalista de La Voz de Galicia