Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases |
|
|||
Consulta no enlace a CONVOCATORIA 2024-25 da Fundación Amancio Ortega.
|
|||
|
|||
|
|||
O alumno Alejandro Buela Pampín acudiu o venres, 22 de xuño, ao acto de entraga de diplomas dos mellores expedientes académicos, organizado este ano pola Univerdidade da Coruña, xunto ás Universidades de Santiago de Compostela e Vigo (MEGABAU 2024) e que tivo ligar no Coliseum da cidade herculina. Dende o IES do Milladoiro, damos a nosa noraboa a Alejandro polo recoñecemento ao seu gran traballo e esforzo, durante este curso e toda a súa etapa de Bacharelato. O recoñecemtno ao traballo de Alejandro foi tamén recollido nos medios de comunicación e en concreto por "el Correo Gallego" o pasado mércores. 18 de xuño. |
|||||
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA EN BACHARELATO
DESCARGA DE IMPRESOS
|
|||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||
O equipo "Xente que fala", do IES do Milladoiro, composto neste curso por Diego Madarnás, Andrea Caramés, Javier Conde, Sara Antón, Mario Campos e Óscar Pin, participaron na final do Club de debate, á que chegaron tras quedar xa primeiros na fase comarcal celebrada en Teo un mes e pico antes.
Tras debater a favor e en contra sobre o tema "A mocidade renuncia ao galego?" acadaron o primeiro posto.
No seguinte vídeo pódese ver unha pequena reportaxe do que foi a xornada, desde a chegada á Casa da cultura de Bertamiráns, onde revisaron as súas últimas notas, as actividades na praza de Chavián para desestresaren antes do comezo da actividade, as dúas duras sesións de debate (unha de mañá e outra de tarde), para finalizar con uns xogos, mentres o xurado deliberaba e sumaba a puntuación de todos os debates.
Rematou a sesión coa entrega de premios, despois de falaren as persoas representantes de cada concello e trala lectura das puntuacións finais por parte da presidenta do xurado.
MÁIS INFORMACIÓN: |
|||
PRAZO: ATA O 21 DE XUÑO, MÉRCORES (INCLUIDO) DESTINATARIOS Fondo solidario de libros de texto
Axudas para adquirir libros de texto
Axudas para adquirir material escolar
ASIGNACIÓN DE LIBROS
CONTÍA DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %
Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia.
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:
CONTÍA DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
MÁIS INFORMACIÓN
|
|||||||||||||||||||
LUNS, 15 DE MAIO. 8:50 H. ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA DE 2º DE BACHARELATO.
Durante os días 15 de maio, luns e 16 de maio, martes, o alumnado ou os seus nais, pais ou titores poderán solicitar, de profesorado , cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o proceso de aprendizaxe dos alumnos, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. Para exercer este dereito poderase aproveitar os tramos horarios do luns, 15 e martes, 16 de maio que coincidan ca impartición da materia. Se esto non é posible, prégase que solicite en conserxería cita previa co profesorado, tan pronto sexa posible.
RECLAMACIÓN, NO CENTRO, DIRIXIDAS Á DIRECCIÓN (PRESENTACIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO):
RECLAMACIÓN POR ESCRITO ANTE XEFATURA PROVINCIAL (SE PERSISTE O DESACORDO) NA SECRETARÍA DO CENTRO:
ACTUACIÓNS POSTERIORES
NORMATIVA A TER EN CONTA
Para calquera dúbida consultar en secretaría, xefatura de estudos ou dirección |
|||
O venres, 12 de maio, tivo lugar unha emotiva cerimonia de graduación da promoción 2017-2023 do IES do Milladoiro. Alumnado, docentes e familias asistiron a un acto marcado polas emocións e o humor, e por entrañables discursos. Especialmente destacable foi a invitación, a proposta do alumnado, do antigo director do instituto, Víctor Santidrián Arias e de docentes de cursos anteriores como David Amboage ou Nadia Toledo. O alumnado agradeceu tamén todo o esforzo e traballo do profesorado do presente curso e a axuda da vicedirectora, Sonia Magariños Riveira, na emotiva actividade que se desnvolveu na Finca da Rocha. Foi todo o alumnado, en xeral, o que contribuíu ao éxito dunha cerimomia que, máis ca unha despedida, constituíu un "ata logo" a un alumnado que sempre formará parte do espírito do noso centro. |
|||
O venres, 12 de maio desenvolveuse na Cidade da Cultura de Galicia á entrega oficial dos premios extraordinarios correspondentes aos últimos cursos tralo periodo de interrupción destes actos causado pola COVID 19. O acto estivo encabezado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. Dentro dos premiados estaba Alba Díez Mariño, premio extraordinario de ESO no curso 2020 /2021. Entregaronse tamén os premios adicados ao esforzo persoal e os das etapas de Bacharelato, ensinanzas artísticas e ciclos formativos de grado superior |
|||
INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN |
|||
AS BOLSAS XERAIS PARA O CURSO 2023/2024 PÓDENSE SOLICITAR DO 27 DE MARZO AO 17 DE MAIO DE 2023 Poderán ser beneficiarios das distintas contías os alumnos e alumnas que no ano académico 2023/2024 cursen:
ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS (FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS)
ESTUDOS UNIVERSITARIOS (GRADO, MÁSTER)
|
|||
Aberto o prazo, ata o 20 de marzo, para admisión no curso 2023/2024 Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación: 1 Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
2 Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
3 Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual e presentalo no centro
MANUAL DE USUARIO DE ADMISIONALUMNADO
NORMARTIVA Decreto 13/2022, do 3 de febreiro MÁIS INFORMACIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO |
|||
O 28 de decembro de 2022 Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, realizou un concerto benéfico no auditorio do Milladoiro, acompañado no piano por Brais González, en apoio da asociación Art for Dent (asociación galega da enfermidade de Dent). Noraboa a Anxo polo concerto e tamén pola súa contribución e exemplar apoio a esta asociación de familias. Podedes ver o conceto protagonizado por Anxo no seguinte video:
|
|||
O galardón obtido polo alumno do noso centro, Anxo Gómez Piñeiro, no undécimo concurso "Cidade de Vigo", de violín, viola, violonchelo e contrabaixo, convocado pola AGIC (Asociación galega de instrumentos de corda) foi obxecto de mecnión en distintos medios de comunicación domo o Correo Galego. Podédelo ver na seguinte ligazón: |
|||
Dende o IES do Milladoiro felicitamos ao noso alumno, Anxo Gómez Piñeiro, polo seu éxito e posto obtido no XI Concurso de Corda, Cidade de Vigo |
|||
Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, unha vez máis volveu estar presente nos medios de comunciación co gallo da súa recepción pola corporación de Ames e o seu alcalde, Blas García Piñeiro, na casa consistorial o pasado 28 de outubro. Dende o IES do Milladoiro alegrámonos por este novo recoñecemento á virtuosidade co violín de Anxo e deixamos aquí as ligazóns a diferentes medios de comunicación.
|
|||
Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, volve a ser noticia pola súa participación no concurso internacional "Violin Competition", levado a cabo en Bratislava. Anxo, que sesenvolve a súa práctica baixo as directrices de Yulia Petrushevsksya, tivo que pasar tres rondas, unha preeliminar a través duns vídeos online e duas presenciais, pasando á ronda final e acadando o premio de mención de honor. Na capital eslovaca, Anxo competiu na categoria de ata 21 anos sendo, con diferencia, oo participante de menor idade Dende o IES do Milladoiro felicitamos a Anxo por este novo éxito. Nas seguintes ligazóns podedes acceder as mencións que se recollen en distintos medios de comunicación
|
|||
Amplíase o prazo para presentar solicitude de participación nas probas de acreditación de linguas estranxeiras ata o 23 de setembro para os centros. Para facilitar a tramitación pedimos que ata o día 21 de setembro se acheguen as solicitudes ao centro .As solicitudes recibidas terán que entregar o seguinte compromiso, que se pode descargar na seguinte ligazón: COMPROMISO REALIZACIÓN PROBAS DE ACREDITACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
|
|||
Na Resolución do 10 de xuño de 2022 regúlase a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesironal e Universidade. Os destinatarios desta convocatoria son os centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. As probas están destinadas ao alumnado de bacharelato, ciclos de formación profesional e alumnado de 4º da ESO. Máis información; |
|||
O claustro do IES do Milladoiro acordou en reunión ordinaria, celebrada o 30 de xuño de 2022, ofertar a materia de "Francés: primeira lingua estranxeira" para o alumnado de 1º da ESO no vindeiro curso 2022/2023. O alumando de 1º ESO, xa matriculado, que desexe cambiar de primeira lingua estranxeira, pode acudir ao centro nas mañás do luns 4 de xullo, martes 5 de xullo ou mércores 6 de xullo, en horario de 9:00 a 13:30 horas.
|
|||
Coa presenza do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, desenvolveuse no IES Antón Fraguas o Encontro Educativo en Aberto, organizado pola Fundación Secretariado Xitano. No encontro, levouse a cabo unha reflexión sobre as dificultades e avances que a comunidade xitana está protagonizando no ámbito educativo. Houbo tamén un recoñecemento para o alumnado que está a participar no Programa Promociona acudindo, en representación do noso centro, Aitana Fernández Fernández, Triana Jiménez Fernández e Alba Jiménez Fernández. Durante o Encontro amosouse a curtametraxe O reto de mañá, na que se aborda o tema da constancia e o esforzo para superar os obstáculos e as dificultades. A parte máis emotiva do encontro chegou co recoñecemento ao alumnado que titulou este curso. Representando ao noso centro estaban dous alumnos de 4º ESO A, Diego Jiménez Jiménez e Simón Jiménez León, que recibiron de mans do alcalde de Santiago de Compostela o seu recoñecemento como graduados en Educación Secundaria Obrigatoria.
Parabéns a Diego e a Simón pola súa titulación e o seu exemplo, grazas ao traballo e ao esforzo! |
|||
Dentro da relación dos 25 centros educativos de Galicia, públicos e privados, nos que o seu alumnado obtivo unha media superior a 7, e que se amosa en La Voz de Galicia, o IES do Milladoiro amósase como o o segundo centro educativo da área metropolitana de Santiago (e primeiro no relativo aos centros públicos da área metropoliana). Esta nova coincide co acto, xa tradicional, de recoñecemento aos mellores expedientes ABAU de Galicia, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, e que este ano tivo como escenario o Polideportivo Fontes do Sar. Das excelencias galegas do 2022, cinco pertencían ao noso centro: Manuel Caamaño Mayo, Juan Calvo Iglesias, Alba Conde Fernández, Yomara Ferreiro Lesta e Miguel Requeixo González. Parabéns ao alumnado e ao profesorado dos grupos de 2º de bacharelato do curso 2021/2022 do noso centro. |
|||
|
|||||||||||||||||||
As datas de recollida dos libros prestados pola ANPA do IES do Milladoiro, ANPAMILLA, serán as seguintes:
O horario, en todos os casos, será de 16:30 a 18:30 horas, no corredor do piso intermedio do centro, situado xunto ó local da ANPA. |
|||
O venres, 20 de maio, tivo lugar unha emotiva cerimonia de graduación da promoción 2016-2022 do IES do Milladoiro. Alumnado, docentes e familias asistiron a un acto marcado polas emocións e o humor, e por entrañables discursos. Non faltou a música da man dunha das nosas alumnas, Alba Conde, no que constituíu o broche final dun traballo e unha organización de membros da promoción, como Manuel Caamaño, Óscar Míguez, Adán Agulleiro, Alba García ou Sara Guitián. Foi todo o alumnado, en xeral, o que contribuíu ao éxito dunha cerimomia que, máis ca unha despedida, constituíu un "ata logo" a un alumnado que sempre formará parte do espírito do noso centro. |
|||
IMPORTANTE: PRAZO ATA O 22 DE XUÑO INCLUÍDO Está aberto o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2022/23. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO A asignación de libros de texto farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar. O alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais. Será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou para recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado de ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.
O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.
PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES Importante: o prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído). O alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia, pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.
FORMA DE ENTREGA DAS SOLICITUDES Ademais da presentación presencial no centro, poderá realizarse a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:
En ambos os casos o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para continuar coa tramitación. Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educatio matriculado en ESO que, a xuízo do centro docente non poida usar os libros de texto do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine.
DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR
ANEXO SOLICITUDE ANEXO II. COMPROBACIÓN DE DATOS DE MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR COPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU DOCUMENTO EQUIVALENTE, FIGURE O ALUMNO OU ALUMNA E DEMAIS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE DO ALUMNO OU ALUMNA OU CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.
DOCUMENTACIÓNXUSTIFICATIVA DA SITUACIACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO FAMILIAR, CANDO O AGRESOR FORME PARTE DA UNIDADE FAMILIAR
RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA
RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA
CERTIFICADO DE CONVIVENCIA, VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOS SOCIAIS OU DO ÓRGANO EQUIVALENTE DO CONCELLO ONDE RESIDA A FAMILIA, NO CASO DE QUE O PAIS E A NAI OU OS TITORES CAREZAN DE DNI E NIE Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa preaentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2020, agás no caso de violencia de xénero |
||||
Convocatoria de bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado de algunha das seguintes situacións:
Pódense pedir para os seguintes niveis non universitarios:
INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
|
|||