Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases |
A embaixada da República Dominicana ante o Reino de España convoca á XII edición dos "Premios al mérito escolar", destinados a recoñecer o espírito de superación e comportamento cívico do alumnado de nacionalidade ou orixe dominicana, entre 10 e 18 anos. O prazo de recepción de candidaturas finaliza o 30 de maio e os candidatos poden ser propostos por familiares, centros educativos ou quen coñeza os méritos do alumno/a. |
|||
Por Resolución do 10 de marzo de 2022 da Secretaría de Estado de Educación convocáronse as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para os estudantes que cursan estudos postobrigatorios. O artigo 48 da citada Resolución fixa o 12 de maio de 2022 ás 24,00 horas (hora peninsular) como último día do prazo de presentación de solicitudes. Ao producírse unha incidencia técnica que dificultou o funcionamento ordinario da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a recepción das solicitudes e, conforme ao disposto no apartado 4 do artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e dentro do prazo non vencido, resólvese:
|
|||
BOLSAS 2022 O PRAZO REMATA O 12 DE MAIO DÚBIDAS RECOLLIDA POLA ÁREA DE ATENCIÓN AO CIDADÁN 1) Podo ter dereito a unha bolsa de estudos se teño o título de bacharelato e quero estudar un GRAO PROFESIONAL DE MUSICA?
Resposta: Non. Ainda que pode solicitala igual. 2) ¿Quen é o solicitante os pais ou o alumno?
Resposta: A/ O solicitante/a sempre é o alumno/a. Se figuran os pais como solicitantes carrexará a denegación da bolsa.
3) No número de conta do banco ten que figurar o/a alumno/a como titular ou cotitular? Resposta: SI
4) ¿Que é un alumno independente?
Resposta: E aquel que non depende economicamente dos seus pais, que conta con recursos propios suficientes e cona titularidade/arrendamento da súa vivenda habitual Se vives cos teus pais ou dependes economicamente deles deberar marcar sempre que non e gravar aos membros da túa unidade familiar na folla 2.
5) ¿Qué datos académicos se teñen en conta?
Resposta: Os do útlimo curso realizado
6) Unha vez presentada a solicitude a través do sistema on-line ¿Podo modificar os datos?
Resposta: NON. Debes cubrir unha nova solicitude. A anterior queda automaticamente anulada.
7) ¿Teño que presentala solicitude na UNIDADE TRAMITADORA?
Resposta: NON , unicamente que teñas que presentar documentación complementar
8) ¿Unidade familiar? Resposta: Debe poñer tódolos membros que compoñan a unidade familiar ao 31 de decembro de 2021 Se eres dependente económicamente: pais, irmáns menores de 25 anos ou maiores discapacitados- e avós sempre e cando vivan na unidade familiar Se es independente figurarás tí só e, no seu caso, a túa cónxuxe parella unida por análoga relación e os fillos ou fillas 9) Cando poderei modifica-los estudos?
Resposta:Unha vez notificada, a través da sede electrónica, a resolución da baremación económica abrirase un prazo para pdoer moficalos estudos asi como para cubrir os datos de residencia (no caso de que vivira durante o curso fora da residencia familiar) , así como calquera outra cousa que o MEC considere convinte.
10) Se o prazo remata o 12 de maio e solicito a BOLSA posteriormente ¿que sucederá?
Resposta:A bolsa será denegada por solicitude fora de prazo
11) ¿Cómo enviar a documentación complementaria que me requiren? A través dos Rexistros Administrativos:
Por correo postal
A través da chave 365 (sempre e cando este autorizado/a) https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365
Se quere solicitar cita previa para entregar documentació nos rexistros da Xunta pode facelo a través da seguinte ligazón:
ESTUDOS QUE ABRANGUE A BOLSA
|
|||
De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia: 1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19. 2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19. 3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade. 4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19) 5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo. 6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos. 7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas
1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. |
|||
(Información obtida da seguinte ligazón) 1. PRESENTACIÓN DA TÚA SOLICITUDE A PARTIR DO 30 DE MARZO ATA O 12 DE MAIO DE 2022. FAINO CANTO ANTES! Aínda que non saibas que vas estudar nin que notas sacarás este curso, debes achegar algúns datos provisionais. Máis adiante poderás modificalos. Quizais che pidan, ademais, achegar algún documento: por iso, prepara o borrador con tempo suficiente.
Unha vez completada a solicitude, darache a opción de presentala. Ten en conta que:
IMPORTANTE: debes presentar a solicitude en prazo, xa que fóra do devandito prazo non se admitirán. 2. COMPROBACIÓN DE DATOS E REQUISITOS A Unidade de Bolsas que che corresponda comprobará se reúnes os requisitos e se os datos son os correctos. É posible que che pidan algún documento máis. Despois, o Ministerio de Educación consultará á Administración Tributaria os datos económicos para a concesión da bolsa. Por iso, cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude pode estar:
3. INFORMACIÓN DE SE REÚNES OS REQUISITOS ECONÓMICOS Dende o Ministerio enviarán unha notificación ao teu cartafol “As miñas notificacións”: avisarán por correo electrónico. Na notificación informarán de se reúnes ou non os requisitos económicos. Daranche instrucións para continuar o proceso, e un prazo para que poidas entrar novamente na túa solicitude para modificar algúns datos. IMPORTANTE: Recoméndase consultar unha vez por semana o teu cartafol de “As miñas notificacións” na sede electrónica e o correo electrónico que indicaches na solicitude.
Se reúnes os requisitos económicos para obter bolsa deberás cumprir outros requisitos, de tipo xeral e académico. Podes consultar cales son na páxina web do Ministerio, ou na propia convocatoria. Se non reúnes os requisitos económicos e consideras que houbo algún erro, informarante do prazo que tes para presentar alegacións.
4. MODIFICACIÓN DE DATOS ACADÉMICOS OU FORMULACIÓN DE ALEGACIÓNS Se queres modificar datos académicos da túa solicitude ou facer alegacións, na notificación informarante do prazo (adoita ser en setembro). IMPORTANTE: debes revisar a información de tipo académico que anotaches na túa solicitude: se variou, terás que corrixila nese prazo. Se non reúnes os requisitos económicos, podes alegar neste prazo. Para facelo, debes entrar na solicitude, nun apartado específico para iso. Se alegas, e ademais os teus datos académicos cambiaron, lembra que tamén debes actualizar nese mesmo prazo os datos académicos. 5. COMPROBACIÓN DOS REQUISITOS ACADÉMICOS Se reúnes os requisitos económicos, comprobarán a túa información académica. Se cumpres todos os requisitos, asignaranche as contías de bolsa que che correspondan. Cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude estará no estado:
6. RESOLUCIÓN DA TÚA SOLICITUDE Comunicarán se che corresponde bolsa ou non, mediante unha notificación no teu cartafol “As miñas notificacións” da sede electrónica do Ministerio. Se non estás de acordo, poderás reclamar presentando alegacións dentro do prazo de 10 días. Se queres saber máis sobre iso, podes ir á páxina Como facer unha reclamación. 7. RECEPCIÓN DO IMPORTE DA BECA Unha vez que recibas a notificación, aboarán na túa conta a cantidade que che corresponda. A bolsa ten unha parte fixa e outra variable, polo que é posible que recibas varios pagos. Ademais, a contía variable tamén pode dividirse en dous pagos. Ten en conta que o importe tardará polo menos unhas semanas en aboarse na túa conta desde que recibes a notificación. 8 PUBLICACIÓN DEFINITIVA DA LISTA DE BOLSEIROS E BOLSEIRAS E CANTIDADE ASIGNADA A resolución definitiva da túa bolsa non se comunicará de forma individual. Simplemente, se publicará na páxina web do Ministerio unha listaxe definitiva de bolseiros no que aparecerá a contía de bolsa que se che comunicou anteriormente. No caso de que non aparezas na listaxe, a túa bolsa considérase denegada: xa cho notificarían anteriormente. Ten en conta que unha vez publicada a resolución:
MÁIS INFORMACIÓN |
|||||||||
Publicada a listaxe provisional de alumnado: admisión para o curso 2022/2023. A consulta pode facerse no taboleiro do centro. |
|||
Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/2023 Ábrese o prazo o 30 de marzo e finaliza o 12 de maio de 2022
MÁIS INFORMACIÓN Bolsas FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
|
|||
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
LIGAZÓNS A MÁIS INFORMACIÓN
ORDE DO 17 DE DECEMBRO DE 2021
REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para accederen a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
DATAS E LUGARES DE INSCRICIÓN A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
A documentación complementaria presentarase xunto coa solicitude As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
COMPROBACIÓN DE DATOS Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos no DNI ou NIE da persoa solicitante, e ademáis os seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:, relativos á aplicación a circunstancia que acredita e que son os seguintes:
No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte: a) Parte sociolingüística:
B) Parte matemática:
c) Parte científico-técnica:
Proba de acceso ao grao medio, exencións
EXENCIÓN TOTAL DA PROBA Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:
En calquera destas circunstancias, poderase participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.
EXENCIÓN PARCIAL Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten, mediante o documento xustificativo, algunha das seguintes circunstancias: 1. Exención da parte sociolingüística:
2. Exención da parte matemática e da parte científico-técnica:
3. Exención da parte científico-técnica:
En caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación.
En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.
En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a.
RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 23 de marzo. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.
RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 19 de abril.
RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE EXENCIÓN E DE PROBA ADAPTADA A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 23 de marzo. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.
Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.
A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 19 de abril. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.
REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2022 no horario que se indica a seguir:
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
RELACIÓNS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE CUALIFICACIÓNS A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 6 de xuño. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 7 ata o día 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 21 de xuño.
EMISIÓN DE CERTIFICACIÓNS Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 22 de xuño.
En caso de superación total da proba, a certificación que o acredite dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A certificación recollerá, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.
|
|||
|
|||||||||||||||||||||||||
No taboeiro da Secretaría do instituto xa se pode consultar a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2022/2023. 1º ESO. |
|||
Datas oficiais de exames para as materias que se teñan pendentes dalgún dos cursos anteriores: |
|||
Con motivo da viaxe a Andorra que fará o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e que terá lugar entre os días 26 de marzo (sábado) e 2 de abril (sábado), publicamos a información, normas de viaxe e modelo de autorización, ao que se pode acceder nas seguintes ligazóns: NORMAS DA VIAXE E AUTORIZACIÓNS
|
|||
Na canle de youtube do noso alumno Anxo Gómez Piñeiro acábase de subir unha das suas maxistrais interpretacións. Trátase da "Fantasie brillante sur la Marche et la Romance d'Otello de Rossini, OP 11", composta polo violinista checo do século XIX, Heinrich Wihelm Ernst, un dos grandes violinistas da contemporaneidade e que xa dende neno deu mostras do seu talento. Dende aquí felicitamos a Anxo por esta novo grande exemplo da súa xenialidade no campo da música |
|||
O alumnado de Bacharelato que presente necesidades específicas de apoio educativo (as necesidades deben estar informadas clínica ou psicopedagóxicamente) poderá solicitar a realización das ABAU de maneira adaptada. Estas medidas poderán consistir na adaptación dos tempos, a elaboración de modelos especiais de exame e a posta a disposición do estudante dos medios materiais e humanos, das asistencias e apoios e das axudas técnicas que precise para a realización das avaliacións e probas que establezan as Universidades, así como a garantía de accesibilidade á información e a comunicación dos procedementos e ao recinto ou espazo físico onde estes se desenvolvan. A determinación das ditas medidas farase sobre a base das adaptacións curriculares que se lle aplicaron ao estudante na etapa educativa no instituto. As solicitudes (anexo I) deberán facerse unicamente a través do centro no que o estudante realizase os estudos de Bacharelato. Deberá estar asinada polo director, a secretaria e a orientadora do centro. Xunto coa solicitude hai que presentar unha autorización (anexo II) para solicitar as adaptacións e un certificado de secretaría sobre as adaptacións levadas a cabo durante o curso (anexo III). De ser o caso, tamén debe achegarse certificado que acredite o grao de discapacidade.
IMPORTANTE: o prazo finaliza o 4 de febreiro PARA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR NO CENTRO
MÁIS INFORMACIÓN PROCEDEMENTO NA ABAU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CORRECCIÓN DOS EXAMES DO ALUMNADO CON DISLEXIA
|
|||
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 iniciáronse os trámites do procedemento de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos. |
|||
Está publicada a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022. Prazos de presentación de solicitudes:
LIGAZÓN A MÁIS INFORMACIÓN |
|||
Queremos traer á nosa páxina web unha actividade dun dos nosos alumnos. Trátase do concerto realizado o 27 de decembro por Anxo Gómez Piñeiro, de 2º da ESO, a beneficio da asociación ASANOG (Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia) no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Posteriormente, o noso alumno, o día de Reis, colaborou coa mesma asociación no peche dun Belén exposto na Casa da Cultura de Cuntis pola asociación Río Gallo. Trátase duns feitos que foron recollidos nos medios de comunicación. Dende o IES do Milladoiro felicitamos a Anxo por esta actividade solidaria, a través dunha arte como a Música e cun instrumento como o violín, que domina dunha maneira maxistral. |
|||
Para a elaboración do Plan dixital para o IES do MIlladoiro, ademáis de unha anterior enquisa, é necesario que o alumnado de Bacharelato participe noutra coa ferramenta SELFIE, desenvolvida pola Comisión Europea xunto cun grupo de expertos e profesionais no ámbito da educación. Esta ferramenta avalía o modo en que se utilizan sa tecnoloxías dixitais para aprender e ensinar no centro e pèrmite obter unha instantánea do punto en que se atopa o centro en relación ao uso das tecnoloxís dixitais, tendo en conta as oopinións do alumnado, profesorado e equipo directivo, motivo polo cal é necesario responder con responsabilidade a dito cuestionario. Todas as respostas facilitadas a través de SELFIE son anónimas e ningún membro do este alumnado, profesorado ou menbro do equipo directivo que responda as preguntas e afirmacións poderá ser identificado personalmente. Para aceder ao cuestionario, preme na seguinte ligazón: https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/self-assessment?s=vDej8PZ&lang=es Grazas polo voso tempo.
|
|||
No IES do Milladoiro conmemorouse a celebración do Día da Música (na onomástica de Santa Icía) coa celebración dun concerto na biblioteca, que todos puidemos desfrutar o pasado luns, 22 de novembro, grazas 'a participación de: Dora Iglesias Bermúdez. 1º ESO A Anxo Gómez Piñeiro. 2º ESO E Diego Jiménez Jiménez. 4º ESO A Simón Jiménez León. 4º ESO A Alejandro Buela Pampín. 4º ESO B |
|||
ALUMNADO
NAIS E PAIS
PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS
PROFESORADO
|
|||
A alma e o sangue dun centro educativo son todos os seus alumnos e alumnas. Un deles, no IES do Milladoiro, é Anxo Gómez Piñeiro, de 2º da ESO. Ademais do noso IES, Anxo tamén é alumno do Conservatorio Histórico de Santiago. Alí, da man de profesores como Yulia Petrushevskaya, o noso alumno logrou ser "un prodixio do violín", unha gran promesa que obtivo galardóns tanto en certames internacionais celebrados na nosa comunidade como fóra dela. Calificado na prensa como a reencarnación de Nícola Paganini, Anxo volveu saír nos medios de comunicación esta semana pola súa actuación no Conservatorio Histórico de Santiago. Dende o IES do Milladoiro queremos recoñecer o gran talento e mérito de Anxo que, neste curso, intentará amosarnos e adentrarnos no mundo da música, da man dunha nova actividade, "crónicas de Euterpe", que se poderá ver no ámbito da nosa páxina web. |
|||
Hoxe xoves, o IES do Milladoiro realizou un pequeno acto na biblioteca do centro para congratular á nosa alumna Alba Diez Mariño, de 1º de Bacharelato A, por obter uns dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2020/2021 e convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A vicedirectora, Ana Isabel Sande, en representación do equipo directivo, fixo entrega dun diploma e un pequeno agasallo . Felicitamos a Alba por este premio e por toda a sua traxectoria académica e de apoio e defensa do alumnado a través do seu posto de representante no Consello Escolar. |
|||
O martes, 17 de novembro o alumnado de 2º e 3º de ESO asistiu á proxección das curtas do proxecto "a tribo", nas que interviron dúas alumnas do noso centro: Aroha Brandon e Lorena Seoane. A tribo é un proxecto de Agareso e Igaxes, que durante 12 meses realiza un traballo integral de fortalecemento das capacidades da mocidade e a superación de estereotipos, nas situacións de risco de exclusión. Trátase dunha aposta máis polas mozas e mozos da nosa contorna, de dúas aosciacións vinculadas con nós dende os nicios da Rede do IES do Milladoiro e da que podedes ver unha presentación no seguinte vídeo:
|
|||
O martes, 16 de novembro produciuse unha nova reunión da Xunta Electotal. Ademais de revisar as alegacions ao censo e facelo definitivo, así como realizar o sorteo dos compoñentes das mesas electorias de persoal de administración e servizos, alumnado e nais e pais, a Xunta Electoral procedeu a proclamación das candidaturas que son as seguintes:
Sector do alumnado Gabriel Anxo Blanco Castaño Hugo Bercero Rivas Alejandro Buela Pampín Eva María Caulonga Mosquera José Manuel De Castro Vélez Yeimy Lorena Cruz Sáenz Lucas Doce Piñeiro María Clara Feliz Lopes Andrea García Gallego Emily Martínez Jiménez Marta Méndez Cachafeiro Lía Ríos Rubio Nerea Rúa Contreras Lucía Sanmartín Rodríguez
Sector do profesorado Rafael Baliñas Pérez Ana María Carballo Balboa. María Elena Docanto Laviña Isabel Iglesias Martínez Sonia Magariños Riveira Antonio Puentes Chao Carlos Varela Casal
Sector do P.A.S María Victoria Ferreiro Ferreiro
Sector dos pais/nais/titores/as legais: María Luisa Bermúdez Peralba Rosa María Bravo López Carmen Calviño Miramontes Rebeca Piñeiro López
Contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo de dous días seguintes.
|
|||
Unha mostra de esforzo e superación témola nun alumno de 2º ESO B, Hugo Bercero Rivas, membro do Club Ágora Boqueixón patinaxe artística, que recentemente tivo unha destacada actuación nunha das modalidades do campionato de España de patinaxe artística, celebrado hai poucas semanas na localidade xerundense de Figueres.
Dende o IES do Milladoiro felicitamos a Hugo e animámolo a conqueir novas metas que seguro, logrará grazas e ese espíritu de esforzo e superación que leva consigo. |
|||
Acábase de publicar a Orde do 21 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado en centros docentes públicos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ALUMNADO DESTINATARIO Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar Alumnado non beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero
ENTREGA DE SOLICITUDES O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O prazo máximo para tramitar o procedemento será de tres (3) meses contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia; transcorrido este, a solicitude poderá entenderse desestimada por silencio administrativo negativo. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no instituto e débese presentar:
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22. Tampouco será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22. Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero. MÁIS INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621 A TER EN CONTA
|
|||||||||
Recibimos esta semana de novembro coa nova da concesión dun dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2021/2022, á alumna de 1º de Bacharelato Alba Diez Mariño, actual representante do alumnado no Consello Escolar do noso centro. É o digno recoñecemento ao esforzo e ao traballo dunha compañeira que enche de orgullo a toda a comunidade educativa.
|
|||
FONDO DE LIBROS DE TEXTOPUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS E INFORMACIÓN SOBRE OS VALES DE MATERIAL ESCOLAR LIBROS DE TEXTO |
|||
BOLSAS E AXUDAS: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
BOLSAS E AXUDAS: FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOSENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »