A alma e o sangue dun centro educativo son todos os seus alumnos e alumnas. Un deles, no IES do Milladoiro, é Anxo Gómez Piñeiro, de 2º da ESO. Ademais do noso IES, Anxo tamén é alumno do Conservatorio Histórico de Santiago. Alí, da man de profesores como Yulia Petrushevskaya, o noso alumno logrou ser "un prodixio do violín", unha gran promesa que obtivo galardóns tanto en certames internacionais celebrados na nosa comunidade como fóra dela. Calificado na prensa como a reencarnación de Nícola Paganini, Anxo volveu saír nos medios de comunicación esta semana pola súa actuación no Conservatorio Histórico de Santiago. Dende o IES do Milladoiro queremos recoñecer o gran talento e mérito de Anxo que, neste curso, intentará amosarnos e adentrarnos no mundo da música, da man dunha nova actividade, "crónicas de Euterpe", que se poderá ver no ámbito da nosa páxina web. |
|||