EDLG |
|
|||
O venres día 15 de novembro, un grupo de alumnos e alumnas do noso instituto acompañou a Iago Varela, membro do EDLG e gañador dun accésit na VII Edición do Certame "As imaxes do patrimonio" organizado por Ponte... nas ondas! Parabéns polo traballo Iago!
Continúa lendo no noso blog MILLAFALADOIRO
Porque no Milladoiro:
|
|||
O día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e Executivas profesionais e Empresariais (FFDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, conta coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. A IX Edición celébrase este ano 2024 o 14 de outubro baixo o lema "A periferia da periferia: Mulleres que miraron ao mundo rural". Co obxectivo de visibilizar a obra de escritoras, tanto galegas como doutras nacionalidades, leváronse a cabo na biblioteca do IES do Milladoiro varias lecturas en diferentes linguas a cargo do profesorado e do alumnado de diferentes niveis. Le os pormenores no noso blogue.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
|
|||
Comezamos no EDLG o noso programa de voluntariado lingüístico, as nosas voluntarias e voluntarios xuntaranse os primeiros recreos dos xoves para falar en galego co alumnado que chegou hai pouco tempo á nosa comunidade. Le os pormenores no noso blogue.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
|
|||
O pasado 17 de outubro tivemos no IES unha charla-obradoiro sobre a presenza do galego en redes que nos ofreceu Borxa, o creador da comunidade "Orgullo galego". Desfrutou desta actividade o alumnado de 3º da ESO. Se queredes máis información podedes ler a nosa publicación no blogue do EDLG.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
|
|||
O mércores, 2 de outubro o alumnado de 2º bacharelato de artes escénicas, participou nunha charla musical co gran cantor brasileiro Fred Martins. Mantiveron con el unha interesantísima conversa sobre a importancia de manter a identidade dos pobos a pesar de ser colonizados, como foi o caso do Brasil.
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!. |
|||
O xoves 26 de setembro, no noso centro tivemos a sorte de recibir a un dos mellores programadores de músicas do mundo de Europa, Carlos Seixas (director do FMM de Sines). O alumnado de 2º de bacharelato de Artes Escénicas mantivo unha conversa dialóxica na que aprendeu como a cultura é capaz de mudar a imaxe dun pobo Continúa lendo no blog de actividades do IES do Milladoiro
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!
|
|||
O domingo, 29 de setembro o alumnado 2º bacharelato de Artes Escénicas e xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, colaborou activamente co Festival Maré. Un evento que celebra a música e a creatividade a través da interculturalidade. Un selo de identidade que tamén está moi presente no noso centro educativo. No blog de actividades extraescolares e complementarias podes ler máis información da actividade e ver as entrevistas que o noso alumnado fixo a Carlos Blanco, Uxía, Faia e Ugia para presentarlles o noso proxecto de centro: Somos Diferentes… Somos Referentes!!!. Unha alegoría á riqueza intercultural que ten o noso benquerido Milladoiro.
|
|||
O pasado 21 de xuño entregáronse os premios do I Certame artístico Cousas que organizou o IES Félix Muriel de Rianxo e alí acudiu a alumna do noso centro, Zoe Fernández Piñeiro, para recoller o seu galardón. Un mes antes, cando se fallaron os premios, xa anunciamos aquí a nova. Deixámosvos agora a obra artística de Zoe que, ao igual que as Cousas de Castelao, ten debuxo e mais texto.
Reproducimos o texto para que se poida ler ben:
Aínda recordo aqueles paseos por aquel camiño que me levaba Observábanse montañas, e montañas, aquilo, non parecía ter Zoe Fernández Piñeiro (1º ESO) |
|||
Deixámosvos os últimos vídeos que fixeron alumnas do EDLG de 1º ESO dentro do proxecto Ao son da paixase. Explican moi clariño dúas plantas que temos no noso patio e seguro que houbo moita xente que non reparou nelas:
|
|||
O pasado 19 de xuño o alumnado do EDLG, acompañado por tres membros do profesorado, achegouse ata Rianxo para unha xornada de convivio e aprendizaxe. Estiveron no IES Félix Muriel visitando o centro: local do Equipo de normalización, aula de polos creativos, patio, cafetaría... e a súa radio, onde Alba, Sara e Paula gravaron as súas impresións da visita.
Deixámosvos un vídeo con algunhas imaxes do que foi a xornada: roteiro polo paseo marítimo, visitas ao IES, Museo do Mar e Casa Manuel Antonio e mais un pequeno paseo polo casco histórico
|
|||
Este luns 13 de maio os integrantes dos diferentes clubs de lectura do instituto tivemos a sorte de recibir no centro a Xulia Pisón, que nos falou da súa historia persoal e como escribiu e debuxou as tres partes de Microalgas. Púxonos a debuxar a nós tamén e creamos os nosos propios personaxes e historias dunhas poucas viñetas. Foi unha sesión moi interesante. Grazas a todas e todos por participar.
|
|||||
Dado que hai unhas semanas estivo no noso centro Carlos Callón, para presentar o seu Libro negro da lingua galega, colocamos na entrada do IES unha exposición con algúns cartaces con feitos significativos que recolle esta obra súa. Como cadrou moi perto das Letras Galegas, aproveitamos para provocar a reflexión da comunidade educativa facendo que, ao tempo que se informaba sobre Luísa Villalta, tamén procurase neses cartaces respostas á pregunta que formulamos desde o EDLG: Por que celebramos un Día das Letras Galegas?
A rapazada do EDLG DE 1º e 2º ESO elaborou os cartaces e mais colocou a exposición
Un grupo de alumnas de 1º ESO encargouse de destacar, no Espazo da Igualdade, o pouco número de mulleres homenaxeadas ata o momento.
|
|||
Durante a Semana pasada, do 13 ao 16 de maio estivemos a homenaxear a Luísa Villalta no centro. Ademais de enchermos a planta 1 e 2 con información sobre a autora, para dar a coñecer osaspectos máis significativos da súa vida e obra, o xoves 16 estivemos a ler a súa poesía durante os dous recreos. Houbo quen só leu 1 ou 2 versos, outras persoas estrofas ou poemas enteiros. Alumnado, profesorado e persoal non docente compartimos o momento poético poñéndolle voz lírica dunha autora que tamén escribiu teatro e narrativa. Unha pequena mostra podedes vela neste vídeo que recolle fotografías e algunhas voces.
|
|||
Este curso fomos convidados pola profesora da USC Marta Estévez Grossi a desenvolver con eles o proxecto "Trocando linguas". E en dous grupos, un de 3º ESO e outro de 4º ESO. Desde o mes de febreiro ata maio, coordinados por esta profesora un día á semana, estivemos a desenvolver unha serie de actividades que fixeron que o alumnado se convertese en investigador sobre a diversidade lingüística da súa familia, do seu centro e do seu concello.
Nunha xornada que se desenvolveu no salón de actos da facultade de filoloxía de Santiago o pasado 2 de maio, o alumnado do noso IES, xunto co alumnado participante dos outros dous centros pertencentes ao proxecto (IES Manuel Murguía de Arteixo e IES Perdouro de Burela) presentaron os resultados e mais participaron en actividades conxuntas.
A noticia na web do concello de Ames A noticia en El correo gallego Neste vídeo pódense ver as bases do proxecto e mais fotografías da xornada: |
|||
Este ano 2024 celebrouse o 50 aniversario da Revolução dos Cravos, que se produciu o 25 de abril de 1974. Para comemoralo tivemos, xa desde primeiros de abril, unha exposición, que nos cedeu a Associaçom José Afonso na Galiza, na que se ven cartaces de diferentes comemoracións desta efeméride. A rapazada tamén fixo caraveis de papel e mais deseñou os seus propios cartaces co que construímos un decorado para a actuación do Coro das emocións que, xunto co alumnado de portugués, e todas as persoas voluntarias que quixeron achegarse, cantamos a canción "Grándola, vila morena", interpretada por primeira vez en Compostela, antes de que soase na radio portuguesa como sinal da revolución. |
|||
O concello de Ames ofreceunos, dentro dos actos para homenaxear a Rosalía de Castro, unha andaina teatralizada por un espazo (a Costa do Mar de ovellas) no que transcorre un dos seus poemas máis famosos (A velliña que está xorda). Esta actividade, programada para o mes de febreiro, non se puido realizar daquela debido á chuvia que deixou o camiño intransitable, polo que se desenvolveu este pasado martes 7 de maio. Alumnado de 3º ESO A e B, que quixo asistir, foi en autobús ata a ponte de Augapesada, onde se encontraron con Rosalía de Castro e logo, desde alí, subiron a Costa do Mar de ovellas, acompañados polos actores e músicos do grupo "Os Quinquilláns" que foron facendo unha representación das partes principais do poema.
|
|||
Lara Fernández Portela, alumna de 1º ESO, co texto "Xirando nunha nora cheíña de xeometría" referido á fotografía deste obxecto, foi a gañadora do premio "Matemáticas na vida" convocado polo EDLG. Entregoulle o premio Mariló Padín, profesora de matemáticas e membro do EDLG.
Canta xeometría hai nunha nora! |
|||
|
|||
Este pasado luns, 6 de maio, comezamos cos actos para homenaxear a Luísa Villalta, escritora á que se lle dedican as Letras Galegas este ano. A primeira actividade foi unha performance teatral sobe a autora coa que o actor e músico Serafín Marcos entretivo o alumnado de 1º ESO
|
|||
Os MillaFalantes, nesta ocasión, estiveron a investigar un pouco sobre Luisa Villalta, autora á que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas. Un primeiro podcast que nos achegan Alba García, Sara Martínez, Paula Lourido e Erik Cadavid que se centra na relación entre a literatura e a música. |
|||
Dentro dos materiais elaborados para a exposición "Ao son da oralidade" que se organizou no Museo do Pobo Galego no primeiro trimestre deste curso había unha parte dedicada á toponimia. Desde a Sección de toponimia da Real Academia Galega convidáronnos a gravar uns vídeos presentándoa e así o fixemos. Deixámosvos aquí os vídeos e xa sabedes que podedes ver algúns dos materiais da exposición e participar nalgúns dos xogos na planta intermedia, en fronte á biblioteca:
|
|||
O pasado 4 de abril, o profesor e escritor Carlos Callón estivo no noso centro para falar co alumnado de 4º ESO sobre sociolingüística e historia recente da lingua. Centrouse principalmente en toda a historia de agravios que ten documentada na publicación da súa autoría "O libro negro da lingua galega" e arredor da que este alumnado xa tiña traballado nas aulas.
|
|||
Foi o pasado día 3 de abril. O alumnado do EDLG, tanto o do colectivo Euterpe como un pequeno grupo da radio, participou na Gala do Enreguéifate 2024. Os primeiros actuaron coa Orquestra da Regueifa, composta polo noso alumnado xunto con outro dos IES Marco de Camballón de Vila de Cruces e do IES Antonio Fraguas de Santiago. Como as prazas eran moi limitadas só puido acudir unha pequenísima representación de alumnado da radio que se repartiu entre facer entrevistas unhas e recoller información e datos para reportaxe outras. Tamén estivo actuando no escenario o rapeiro Vila C, estudante de 1º Bac do noso centro. Aquí quedan as pílulas radiofónicas e mais un pequeno resumo audiovisual da xornada.
|
|||
O grupo de alumnado de 3º ESO pertencente ao EDLG participou este curso no Club de debate como Xurado Xuvenil. Convidáronos á fase previa a Santa Comba e alí estiveron moi atentos e atentas aos oito debates que se desenvolveron, catro pola mañá e outros catro pola tarde. Tomaron todas as notas, cubriron todas as rúbricas e finalmente as representantes deron o seu veredito. Podedes escoitalo, xunto cas imaxes da xornada, no seguinte vídeo:
|
|||
O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no centro pero tamén participamos nas actividades do Concello de Ames, tanto na gala que celebraron o propio día á tardiña na Casa de Cultura de Bertamiráns, coma coa acción "Luxo no lixo". Á gala achegámonos cun programa especial sobre Rosalía no que Diego Madarnás fixo en directo o seu programa de "Entrevistas con Diego" cuns "expertos" en Rosalía (Yago, Mateo, Claudia e Héctor)
Por un lado, colocamos ao lado das papeleiras do interior do centro os adhesivos que o concello imprimiu dentro da campaña "Luxo no lixo" (coa que se reivindica a poesía -un luxo- en calquera espazo, mesmo ao lado do lixo). Así podemos ler versos da poeta sempre que vaiamos tirar algo ao lixo, ou o que é o mesmo, ir tirar algo ao lixo para poder ter o luxo de ler poesía.
Tamén fixemos ese día unha lectura voluntaria de poemas nos recreos, en colaboración coa biblioteca. A rapazada do EDLG de 3º decorou e preparou un espazo de lectura:
|
|||
Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, o Club de Ciencia organiza un xogo de preguntas sobre as mulleres científicas das que previamente elaboraron uns cartaces informativos. Bótalle un ollo aos cartaces colocados nos corredores do instituto e participa no kahoot de mulleres científicas. Debes inscribirte na biblioteca nos recreos do venres 9 de febreiro. O concurso celebrarase o venres 16 de febreiro. Consulta as bases e anímate a participar |
|||
O pasado venres, 26 de xaneiro, no pavillón polideportivo do Milladoiro participamos na feira de InnovAmes, unha xornada que organizou o Concello de Ames para empresas de innovación, a onde acudiron tamén as universidades e mais varios centros de ensino do concello, entre os que nos atopamos. O tema desta terceira edición foi a intelixencia artificial e ofrecéronnos un interesante obradoiro sobre o chat GPT, pero só tiña capacidade para 25 persoas polo que máis da metade do noso alumnado que foi á feira tivo que quedar fóra.
O Club de ciencias e mais o EDLG participamos colocando os nosos experimentos e a nosa radio nun stand polo que foron pasando durante toda a mañá as persoas que se achegaron ao evento. Aproveitamos para entrevistar a profesorado doutros centros, representantes de empresas e autoridades, desde o alcalde ás concelleiras de promoción económica ou educación.
Durante a xornada, todo o alumnado participaba nunha xincana que gañou a rapazada do noso IES.
|
|||
O pasado mércores 17 de xaneiro achegámonos ata Rois, convidados polo SNL do concello de Ames, para participar na xornada de formación do Club de Debate, aínda que este ano non imos competir. O alumnado do IES do Milladoiro compartiu a xornada con alumnado de institutos de Carballo, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra. A actividade pretende favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera). Traballáronse contidos relacionados coas habilidades comunicativas e fixéronse prácticas de debate. Tamén houbo outra xornada de formación o día anterior, nesta ocasión en Pontevedra, a onde acudiu o alumnado do IES de Bertamiráns. |
|||
Esta semana que pasou desmontamos a exposición "Ao son da oralidade: da pedra á palabra" que tivemos -en parcería co IES de Vila de Cruces- no Museo do Pobo Galego por ser gañadora do Premio Antonio Fraguas. Antes de que se clausurase, o alumnado do EDGLG do IES, responsable de boa parte dos contidos da mesma, foi visitala. Alí foi recibido pola directora do museo e, por non deixar de traballar, aínda fixeron algunha entrevista máis. Deixámosvos algunhas fotos e vídeos da xornada:
|
|||